Un amigo mestre adoita contar unha historia protagonizada por un alumno ao que lle encomendaron facer un exercicio de expresión escrita sobre a vaca.
O rapaz despachou a tarefa dicindo que a vaca é un animal que ten catro lados. E numerábaos así: diante, detrás, esquerda e dereita.
Cando ía entregar tan exiguo traballo, o mestre mirouno e inquisitivamente preguntoulle: - Namáis?. O rapaz, con xesto decidido, retomou o labor riscando onde puxera "catro" e escribindo "seis". Completou o retocado engandindo na relación "o de riba e mailo de embaixo".
Está claro que o pupilo presenta unhas notables carencias de coñecemento sobre a vaca, pero amosa ter moi claro que o espazo é un escenario multidimensional que se pode observar sempre dende moi variadas perspectivas.
Está claro que o pupilo presenta unhas notables carencias de coñecemento sobre a vaca, pero amosa ter moi claro que o espazo é un escenario multidimensional que se pode observar sempre dende moi variadas perspectivas.
Foto: Pupila centrada nunha soa perspectiva.
10 comentarios:
A ese rapaz poderán suspendelo por dar poucos datos sobre as vacas, pero non porque os que da son falsos.
E sí, as cousas pódense ver desde varias perspectivas espaciais. Si engadimos a mirada subxectiva, as perspectivas xa aumentan ata o infinito.
Bicoss con perspectiva
Unha tarefa a deste rapaz
digna para recordos estudantís.
Querido Chousa os teus
escritos sempre nos sorprenden.
Biquiños
Pois ti atinaches coa perspectiva desa moza.
Sur oeste, non ?.
Agradézoche a risa, tan de mañá.
Dame que o rapaz erache vexetariano....
biquin
Amais de perspectivo, amosas uma sempre moito boa colocaçom. Saudos
Supoño que tes licencia de fotografo porque ser eres un peligro coa camara. Eu cando vexo alguen con unha acordome de ti e dame risa
Bicos
Xa... Para non variar. Demasiado poucos espazos que controlar. Non é tonto o raparigo. Veremos a ver que fai con tanto espazo cando sexa grande. Porque o espazo multiplícase coa idade. Sabíalo?
A toma fotográfica, moi orixinal!
A historia que contas, canta autenticidade!
Moito nos fas pensar...
e rir, tamén!!!
Graciñas
:-)
Ao rapaz non lle chamaba a atención que tivese cornos e rabo.
A perspectiva cámbiao todo.
Saúdos!
Publicar un comentario