domingo, 6 de outubro de 2013

Amor

Xa sabiades que hai amores que matan e hainos que avivecen. Cegos ou auténticas luminarias; intrínsecos, inapropiados, indecentes, pecaminosos, santificadores...
Sabiades que o amor podía ser tolo, cordo, intenso, sutil, exhibicionista, vergonzoso, doce, amargo, despiadado, compasivo, atroz, tenue, volcánico, temperado...; pero sabiades que tamén pode ser metálico?

Foto: Escavadoras namoradas

11 comentarios:

Pedras dixo...

...ou mecánico, coma caso da imaxe que nos amosas, jeje!!

paideleo dixo...

Pois non, sabía do amor plástico pero non do mecánico.
Mui boa interpretación da imaxe !.

Anónimo dixo...

O QUE A TI NON CHE SE OCURRA...

Dalicia dixo...

sabía do sabor a amor metálico, sí.

bss

Alís dixo...

O mecánico si que o coñecía (e non me gustou), pero metálico aínda non. Aínda que se me veñen á cabeza outros moitos tipos de amor que hai vinte ou trinte anos serían inimaxinabeis.

Bicos virtuais

Carlosm dixo...

Moi atento e agudo a canto no teu arredor aconteçe, olhando paixon onde muitos somente veriamos ferros arrejuntados. Saudos

Marisa dixo...

Medo me dán
os corazóns de ferro.

Bicos

J Cima D Vila dixo...

O amor é metálico, faime pensar que amor será ese... E estou coa copla na cabeza :D

matrioska_verde dixo...

hoxe quédome co volcánico, xa que e venres...

biquiños,

Paz Zeltia dixo...

oooh que ternurita, las dos excavadoritas...
(Chousa, que xa non é primavera!)

A.C. dixo...

Non che pasa un detalle por alto. Es moito
Un bico non metalico