domingo, 13 de outubro de 2013

Adwertencia

O afán capador de certos políticos cara as linguas minoritarias do Estado é tan notorio como ignominioso.
Avisan do seu paso co chifre do BOE e capan coa afiada coitela da Lei Orgánica; simulando desinfectar con abundante artillería demagóxica que se ampara en trilingüismos falaces.
Parece que sufren (tamén) de alopecia neuronal ao non decatarse que con dúas linguas no cerebro é posible falar perfectamente.
Iso sí; cando non hai maneira de articular palabra a xeito é tendo as dúas na boca.

Foto: Dándolle ás linguas

11 comentarios:

Pedras dixo...

Adwertidos estamos :-((

Coa decadencia de wertixe.., non nos imos diwertir, precisamente...

Alís dixo...

Tendo as dúas qué na boca?

Á única conclusión que chego cos distintos cambios na educación é que non interesa ter xente intelixente, nin preparada, nin capaz de pensar. Queren ter unha fábrica de borregos para poder facer e desfacer según lles pete. O peor é que os deixamos facer.

Bicos na lingua que queiras

Marisa dixo...

Seguirán erre que erre
coa coitela afiada.

Biquiños de outono.

Raposo dixo...

Neses intres as palabras sobran.
Moi bo articulado o post.

mariola dixo...

Alís o dixo perfectamente.
Queda clarísimo.
Unha verdadeira pena e o peor como ben di é que nos deixamos facer, como sempre.
A foto ben escollida.
un biquiño chousa.

Paz Zeltia dixo...

Es un peligro coa cámara...!
Mais a foto serviuche de bo armazón para a denuncia que fas.

Merce dixo...

adWERTqueeeeeeeee???

aainsss que mal soa eso... uuffff

si, si, si, un corpo a terra total, deliberado, por un bo rato e botando conta dos anos que me van enriba xa para facer estas cousas... aainnnsss!!!

Biquiñosssssssssss!!!

Carlosm dixo...

Nom tenho segurança de que os que se dan o beijo tenhan ganas de falarem. Saudos

paideleo dixo...

Están cortando por todas partes e máis onde hai minorías.
Teremos que usar as linguas minoritarias na intimidade e non de cara ó público como fai esa parelliña.

mariajesusparadela dixo...

O xoves a Ad-Wert-encia vai se nosa, ¿non sí?.

A.C. dixo...

De que lenguas falaras ti jajaja