Amor tamén existe entre as moleculiñas de hidróxeno, que fan tríos de humidades viaxeiras coas de osíxeno.
Contonéanse entrelazadas polo val, xogando a ser río; remansando para darse caricias polo calado en rectilíneo desprazamento. Profusión de abrazos, cada vez máis íntimos, na cercanía de meandros; para rematar coméndose a bicos interminables aínda ben non chegan á tosta co desexo encorado.
Métense man descaradamente ao abrigo do muiño, delatadas en xemidos que agroman pola buxa. Sabéndose descubertas corren entre as pedras con présas imposibles, para precipitarse en orgasmos brancos que as fai ferver na fervenza.
Foto: Fervenza do Toxa. Amor fervido.