(Chamábanlle Chousa porque tiña dous ou tres castiñeiros e outros tantos carballos. A min de neno parecíame moi grande, pero dudo moito que pase de dous ferrados.A esa extensión non se lle outorga o título de Chousa; pero e que esta, pola sua ubicación e polo que significaba de fronteira, e por mais cousas...meréceo). [Ano XIV]
mércores, 27 de xuño de 2012
Falaremos
Da gusto poder dar parabéns. Pero hai ocasións nas que un parabenízase con só mirar...Ogallá que estas virguerías tan ben feitas non fiquen unicamente niso: en virguerías.
martes, 12 de xuño de 2012
Respecto
Non vén nada mal atopar mensaxes que nos couten o irrespectuoso mal rollo, e que poñan freo a tanta xenreira perenne que poboa mentes e ánimos.
Acotar a dimensión das realidades para non fender máis leña da que precise o noso allar, semella un vieiro a reconsiderar. Que ultimamente cúspese
en demasía nas mesmas caras; e case todas as caras merecen algún
respecto.
Foto: Mensaxe da árbore. Lisboa
xoves, 7 de xuño de 2012
Tolemia
Na cascada de desvaríos, que entre todos fomos construindo, baleiramos de contido o esencial para encharcarnos no supérfluo. Fixemos do inciso teorema, do relativo absolutismo e as calmas trocámolas por premuras.
E asi, no medio de tanta infección de tolemias, ficamos alumando nos montes, mentres agora temos as aulas a escuras...
Foto: Iluminaria da tolemia.
venres, 1 de xuño de 2012
Mimo
Dar mimos vainos reportar a moi grata confusión de non saber con claridade se os damos ou os recibimos.
Cando o mero feito contemplativo se troca en pura ledicia, resulta sumamente complexo discernir se quen acaricia non é realmente o acariciado.
Foto: Acariñando mimos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)