Recollendo unha iniciativa que parte do bló de L&M (onde se pode ver en detalle o funcionamento deste meme do trasteo de productos galegos); e que me pasa Barreira dende a sua bitácora; no senso de que cada participante sorteará un produto propio da sua bisbarra, ou que simplemente queira promocionar.
Velaquí vai o meu:Producto que eu sortearei o 28 de febreiro será: un pan de Antas , que se poderá degustar con un queixiño da Ulloa (dunha queixería de Antas, loxicamente), e que tamén irá incluido no lote.
E mándolle este meme a: Mencía , que se me ocurren cousiñas de Valdeorras que probar; a Paideleo, a ver que se coce por Vilaguindastre e á Doutora Seymour, que nos ten relatado certos gustos culinarios que poden aportar un toque diferenciador e descoñecido.

Nota 1: Eu, que fuxía dos memes coma alma en pena, e agora dous no mesmo mes.
Nota 2: Os números para o sorteo adxudicaranse nos comments a este post a quenes manifesten o desexo de participar (e fagan eles tamén o sorteo dun producto propio da sua bisbarra)
Nota3: No bló de LM hai unha lista con todos os productos que van participando neste meme trasteador.