xoves, 17 de maio de 2018

Palabra

Fíame amodiño coa guturalidade morna da nosa fala, éncheme de matices patrios, faime xirar co fuso da normalización nunha espiral de acentos que acrecentan a miña valía. Téceme na ledicia do que son, sen fíos alleos, con agullas propias. Permite que me afague na túa boca mentras me bordas con puntadas de saliva doce e quente. Tínxeme nos teus labios encarnados xusto antes de me proxectar ao ar azul e auditivo; despois... acaríñame coas túas mans brancas e afinadas trocándome nun son arpado.
Súbeme de nivel; faime palabra galega. Vogalízame!

Foto:Ambiente arpado.
Letras Galegas 2018

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Tremendo, Chousa!! Da ganas de leelo unha e outra vez durante todo o día. Aqui un seguidor teu. Apertas

Ginebra dixo...

Una oda al idioma dulce que falas. Como el sonido de ese arpa. Perfecta conjunción. Bonitas palabras para ensalzar ese tesoro cultural que es la lenngua propia. Bicos, maestro!!!

Anónimo dixo...

Sr.Chousa,Mestre Chousa,no paraíso coas súas palabras!Subámola como se merece si, desde logo con vostede subida queda. Parabéns e aperta subida.

Anónimo dixo...

Un gustazo vir por aqui. Que ben tratas a lingua Chousa.

paideleo dixo...

A este paso vanche adicar un día das Letras no futuro.
Que tarde en chegar !.

Marisa dixo...

Que ben fías as letras
para converter nos beizos
a dozura das tuas palabras.

Apertas

Chousa da Alcandra dixo...

Mirádesme con moi bos ollos.
Solo son un carpinteiro con navalliña, que gosta de andar labrando garabullos...

Apertas e bicos.

mariola dixo...

Precioso, Chousa. Cada vez fías mais fino. Un pracer lerte, un pracer para a nosa lingua verbas tan exquisitas.

Alís dixo...


Tomo o comentario de Paideleo e celebro que para ti tódolos días son día das Letras! Qué envera me da esa capacidade túa de fiar palabras na nosa lingua!

E voume daqui coa sensualidade dese vogalízame.

Bicoss

Anónimo dixo...

Que bonito falas. Fas que acorde de meus abós. Gracias