Amodiño. Non é necesario o ruido para facer maxia. Para crear. Para construir.
Sen berrar, sen molestar. E moito menos obrigar. Pasiño a pasiño, respectando sempre as cadencias. Sen obxectivos, sen premuras. Todo no seu tempo, na súa hora, no seu momento.
Paciencia que canaliza o zume pola codia; retorcéndose para ser dereito e fiando rectilíneo para poderse retorcer.
Asi, e soamente así, pode alumar a cepa os embrións de hoxe que serán groliños de mañá. Para bebelos sen présa. Amodiño...
Foto: Acio. Parido pouco a pouco.