No ADN galego vai inserto un código que nos manda santificar as festas. Gastronómicas por suposto.
Temos un algo que nos leva a examinar a conciencia o almanaque festeiro para non faltar a ningunha que se nos tercie cercana. Pasamos de puntiñas a contrición polas ausencias a edicións anteriores e confesámonos ferventes do santoral enteiriño.
E cando imos participamos activamente achegándonos ata o altar para recibir a comunión. Con devoción por suposto.
Foto: Parroquiana do polbo do gran sabor.
(Feira do Viño de Chantada 2016)
4 comentarios:
Non me esquezo de Pepes e Pepas neste día, que -ineludiblemente- algún ben cercano que me cadra. Que lles teñann boa festa, que de seguro o merecen.
Tampouco dos pais me podo esquecer. Festa rachada para eles!
Pois festa para ti tamén polo que che toca de pai.
O que non me presta é o da música aboubante cando estás a comer tranquilamente.
Estou contigo. E así santificamos o noso padal. Moi bo.
bicos chousa.
feliciades atrasadas para Xosés e pais!
O peor das festas gastronómicas e a multitude: nin que non comeran en todo o ano, carallo.
Publicar un comentario