Pitopá e Pitopé querían mandar no galiñeiro con estratexias de canto semellantes. Á dereita do poleiro o vello Pitorrá e mailo pico novo Pitorrí afiaban os espolóns con maneiras elegantes.
Como o curral non deixou definidas as preferencias, estiveron catro meses de porfía medíndose as cristas para demostrar a de máis valía.
As pitas mentras tanto escarabellaban con desagrado vendo como perdían o tempo medíndose dende o pico ata o rabo.
Tras días e días cacarexando que a vida das pitas saberían arranxar, foise descubrindo que o único que querían delas era podelas galar.
Velaquí catro gañadores en decembro autoproclamados que chegaron á primavera sen plumas e totalmente derrotados.
Foto: Catro pitos.
5 comentarios:
Para xuño algún pito acabará desplumado de todo.
Triste final después de tanta escaramuza... estoy pensando en dejar de comer carne de ave, francamente...
Bicos
Se cadra é que eran capóns. ;)
Ao final, os vencidos somos nós :-(
Que os galos seguen a lanzar o seu kikiriquí en calquera outro curral.
Bicos
A foto dá arreguizos, pobres capóns, e que pouco me compadezo deles cando os teño no prato.
Deses outros capóns dos que falas, xa me compadezo menos! Coa ilusión coa que fora eu votar da última volta! :(
Publicar un comentario