domingo, 1 de setembro de 2013

Garabullo

Axeonllámonos diante dalgúns minerais, xa se matou polo brillo de certos metais, e ultimamente medra a dependencia por uns artiluxios electrónicos que teñen a estraña virtude de poñernos en contacto cos que están ausentes á vez que nos illan de quen temos máis perto. 
Chegados a este punto da seitura, conviña lembrar que compartir a admiración pola minerometalurxia e gozar coa tecnoloxía, non debe ser impedimento para lembrar que as primeiras virguerías do ser humano fixémolas cun garabullo.

Foto: Cancela psicodélica.

9 comentarios:

Alís dixo...

Por qué será que os avances de agora nos fan esquecer os anteriores? Debe ser que temos pouco espacio na memoria, que non nos da para máis o maxín ou que somos tontos.
O día que nos fallen todas estas novas tecnoloxías imos estar perdidos de verdade e lamentaremos saber o que sabían nosos abós.

Bicoss

Pedras dixo...

Certo! Onde estea unha madeira traballada á man...

A.C. dixo...

Refireste o lume imaxino. Miña avoa sempre decia que iba xuntar uns garabulliños pra encender o lume.
A cancela e ben sicodelica hooo. Parece un tirapedras xigante. Onde a encontraches?

Paz Zeltia dixo...

agora lembráchesme un anuncio que vin na tele un día destes. Era un rapaz que abría un regalo e sacou un pau, e púxose a berrar de alegría, "un palo, un palo"... (e lembrei eu cantos nenos temos xogado cun pau e que felices temos sido)

[Non sei se isto que dixen lle acai ao escrito, pero xa sabes que solto o primeiro que se me pasa pola cabeza.
Ao fin escribo o comentario a modo de saúdo, só para que saibas que sigo disfrutando da lectura do teu blog.]

Anónimo dixo...

Los humanos siempre adorando becerros de oro. Así de becerriños somos
Muy acertada la alusión a los móviles. Y bien original la cancilla que encontraste.

Anónimo dixo...

Xa ve: sempre nos gusta o máis novo, o máis brillante; esa é a moda, aínda que ás veces nos complique a vida máis do que nola resolve. Saúdos

matrioska_verde dixo...

é verdade que hai que ter ben presente as nosas raíces, eso de "de onde vimos, a onde vamos"

biquiños,

Carlosm dixo...

A Madeira sentese loubada na expresom mais humilde e singela como e un simple garabulho. Moit mais se quen lhe rende honra prézase de canteiro. Moito interesante a artistica cancella que unicamente torna a quem nom quixer entrar. Saudos

paideleo dixo...

Anda a xente perdidiña co móbil.