Verificado que non me chamo Salvador nin son de Figueres. Constatado que entre as moitas carencias que me sobran está o meu escaso xeito cos pinceis; podo considerar que foi a fortuna (tan ousada coma min) a que me levou por alí no momento oportuno para inmortalizar a figura na fiestra da Arousa. Multiplicada por catro!
Foto: Xogando a ser Dalí
8 comentarios:
É vostede un ARTISTA, Sr. Chousa!! Dá gusto poñerlle os ollos.
Biquiños desde a Fiestra.
Ai, ai, como che veñan os homes desas "Galas" vanche deixar a cara feita un Picasso !.
sempre listo co teu obxectivo a punto!
(tamén eu moi sentida porque a esperanza de Dilaida fose vana)
E non precisa nin marco, señor Chousa!
Que gusto sempre asomarse a esta fiestra!!!
E que a xanela tamén está multiplicada.
Boa man cos pinceis non terás, pero bo ollo para as fotos sí que tes.
Bicoss pintados
Por facer uso de termos marinheiros eu digo que a image e uma boa captura. Propia de marinheiro agil nestas artes. Saudos
Deberas pedirlles un posado de cara despois desa foto que lles roubaches. De seguro que non cho negaban
Desde luego fue la Fortuna la que te llevó hasta allí.
La foto está en el "momento decisivo", y Dalí estaría de acuerdo.
Siempre recordaré su sentido del humor, señor Chousa
Publicar un comentario