domingo, 4 de febreiro de 2018

Protuberancia

Toda a forza do desexo que loita contra a gravidade;
embalsado no ar, sostido nun abrazo imposible
con aleivoso perigo de desprendemento,
 a berros musita un pensamento,
a cada paso facéndose moito máis visible,
morrendo por dar un bico, véndoselle a ansiedade...

Atura canto pode finxindo prestancia,
ata que a pinga se torna río
e esquecendo todo rastro de señorío
desemboca, ávida, nos beizos da elegancia.
/Adoita acontecer cando o desexo se volve protuberancia

Foto: Pinga. Embalse no ar.

4 comentarios:

paideleo dixo...

...a pinga se torna río...
Embalse no ar...
O teu si que é poesía e non o meu falaricar de "afogafanecas".
Un saúdo, campión.

Anónimo dixo...

O deseo un embalse no aire, representado por esa gotiña. Que pasada Chousa!!!😊

Ginebra dixo...

Y curiosamente en esa protuberancia se dibuja la rama de un árbol , como si de un espejo se tratara. Un efecto que, tal vez, sin buscarlo, dota a la foto de un aire especial.
El texto, muy sugerente-
Besos, amigo Chousa

Uol Free dixo...

Non sabería dicirche, Chousa, se ten máis forza a imaxe ou as palabras. De fermosura andan á par.
Déixasme sen palabras e pampa por habilidades tales.
Unha aperta, fotopoeta!