domingo, 4 de febreiro de 2018

Protuberancia

Toda a forza do desexo que loita contra a gravidade;
embalsado no ar, sostido nun abrazo imposible
con aleivoso perigo de desprendemento,
 a berros musita un pensamento,
a cada paso facéndose moito máis visible,
morrendo por dar un bico, véndoselle a ansiedade...

Atura canto pode finxindo prestancia,
ata que a pinga se torna río
e esquecendo todo rastro de señorío
desemboca, ávida, nos beizos da elegancia.
/Adoita acontecer cando o desexo se volve protuberancia

Foto: Pinga. Embalse no ar.

4 comentarios:

  1. ...a pinga se torna río...
    Embalse no ar...
    O teu si que é poesía e non o meu falaricar de "afogafanecas".
    Un saúdo, campión.

    ResponderEliminar
  2. O deseo un embalse no aire, representado por esa gotiña. Que pasada Chousa!!!😊

    ResponderEliminar
  3. Y curiosamente en esa protuberancia se dibuja la rama de un árbol , como si de un espejo se tratara. Un efecto que, tal vez, sin buscarlo, dota a la foto de un aire especial.
    El texto, muy sugerente-
    Besos, amigo Chousa

    ResponderEliminar
  4. Non sabería dicirche, Chousa, se ten máis forza a imaxe ou as palabras. De fermosura andan á par.
    Déixasme sen palabras e pampa por habilidades tales.
    Unha aperta, fotopoeta!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: