Á natureza había que lle dar o Nobel de estética, o Oscar á mellor posta en escea e o Pulitzer á comunicación; por nos agasallar estampas fermosísimas que sorprenden o ollo, relaxan o ánimo e activan o pensamento.
(Na Galiza, ademais, cómpre concederlle a título perpetuo o Mestre Mateo polas magníficas vistas que -sempre sempre- falan galego)
(Na Galiza, ademais, cómpre concederlle a título perpetuo o Mestre Mateo polas magníficas vistas que -sempre sempre- falan galego)
Elevando o toxo á categoría de ornamento, ao torto a esvelta dereitura, á friaxe en amigable calidez e facendo da néboa excelsa iluminación.
Dando leccións de administración de recursos, con garabulliños axeitadamente distribuídos, focos lumínicos con mestría dispostos e suaves matices verdes combinados con pinceladas de felepas brancas. Facendo do cotiá un museo inmenso que, de balde, nos convida a visitar.
Foto: Carballo, néboa e felepas. Arte
O que escribes debería ser o himno oficial da neve.
ResponderEliminarPor estas terras "tropicais" do sur non hai neve.
Unha aperta e un chocolate quente !.
Canta razón tes. E pagamoslle maltratandoa.
ResponderEliminar(Que foto mais chula)
La captura refleja muy bien toda esa belleza de la que hablas y sí, estoy de acuerdo con las palabras de los dos comentarios anteriores. Besos
ResponderEliminarSen dúbida soubeches captar a esencia con esa fermosa imaxe.
ResponderEliminarO poema tamén nerece un premio, non cres?