luns, 1 de xaneiro de 2018

Resaca

Deixemos de lle esixir cousas ao ano recén nado; non é el o que nos ten que cambiar: somos nós os que debemos mudar para que 2018 sexa diferente.
Cómpre ter clariño que mentras non sexamos capaces de nos baleirar de todo aquilo que nos amola, difícilmente poderemos enchernos de todo o que agarda para nos facer felices.
Aínda cos estertores do Danubio Azul (*), mentras dixerimos estas reflexións, e como primeiro paso para o anterior; era ben ir arrastrando os nosos corpos ata a pía da auga fresca para mitigar un pouquiño esta tremenda resaca.

Foto: Marruxo brindando. (Pazo de Tor).

(*) No momento de publicar estas liñas aínda non atopei imaxes da Sinfónica de Viena de hoxe.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Sr. Chousa élle ben certo o que vostede di.Fagamos propósito de baleirar e de encher!Sexa vostede moi feliz. Bicos resacosos.

Uol Free dixo...

Canta razón tes, Chousa. Ando eu pensando en facer mudanzas. E mesmo estaba a enredar e darlle voltas a esa mesma idea na chola e no Word.
Resaca non teño. Pero acabo de ver un gato branco e dourado sentado á miña porta. Será un sinal? 🤔

Ginebra dixo...

Los cambios comienzan en nosotros mismos, estoy de acuerdo, y nosotros podemos cambiar las cosas si antes nos hemos cambiado (al menos lo que no nos gusta de nuestro interior).
Una foto muy simpática, le pillaste in fraganti, ese es "el momento decisivo":). Bueno, espero que esa resaca haya desaparecido ya... jajajajajja, estas fechas son propicias a los "pasotes", en fin, yo te deseo muchas más resacas, para empezar, y momentos agradables y felices, para continuar...
Besos

Marisa dixo...

Estou contigo,
mitade da felicidade
está dentro de nos
e a outra mitade
hai que buscala.

Que os reis veñan cargados
de saude e despois de tódolo
que desexes.

Apertas.

mariola dixo...

Totalmente dacordo. Primeiro baleirarnos do que non vale para logo enchernos de cousas boas, e mentres tanto beber de novas augas que nos aportan frescura. Bo comezo de ano, chousa.
Un gatiño fermoso. Desde que teño un sinto debilidade por estes animais que só nos proporcionan boas vibracións.
biquiños enerxéticos.