sábado, 28 de decembro de 2019

Galegando

Nun comunicado da última hora desta mañá, Gadisa acaba de anunciar que ata a hora de peche de todos os seus hipermercados e franquicias, as persoas que fagan unha compra superior a 3 euros, vistan vaqueiros, e que se dirixan ao persoal da tenda en galego RAG; recibirán un agasallo na caixa -a elixir- entre un lote de produtos lácteos ou un kit de afeitado (margarinas nun caso e brochas no outro).
No caso de falar en galego internacional, o agasallo consistirá nunha bolsa (reciclable) con dúas talladas de bacallau. Neste caso non hai opción de elección.
Avaliarán a pronuncia e maila riqueza léxica un trío de empregados da cadea, presidido pola dirección da tenda, unha persoa de caixa e outra de reposición de liñas, actuando como secretario -con rincho pero sen voto- o cabalo do supervisor.
Con esta iniciativa, a distribuidora de alimentación paga a bula de poder seguir etiquetando todas as liñas en castelán e facer así coma quen que é galeguista.

Foto: Candidata a premio analizando produtos.

3 comentarios:

Alís dixo...


Hai moita ironía nesta inocentada, tamén moito de denuncia. Iso gústame

Como lerte

Bicosss

Alís dixo...


Penso que deixei un comentario nesta entrada. Se cadra só o pensei...

Paso agora para desexarche un moi feliz 2020 e que nos sigas regalando os teus textos (¿podo pedir máis asiduidade?)

Bicosssss

A do outro lado da xanela dixo...

É que variedade temos que falar para que nos dean unhas Estrella Galicia?