domingo, 9 de maio de 2010

Moedas

O Ibex sufriu unha severa corrección por mor de faladorías sobre a fraxilidade económica do país. Coméntase polos comaróns financieiros que o euro anda de capa caída dende que se destapou a caixa dos tronos grega. Disque hai temor de contaxio por outras silveiras que pagan coa mesma amora.
E á libra seica lle sentou coma un tiro que non se saiba con claridade quen vai gobernar naquel praderío. Con estes deslindes debería telo niquelado o dólar. Pois tampouco. Din que un rapaz escribiu mal unha letra na pizarra e puxo en xaque todos os predios do tableiro de Wall Street.
Con todo, eu veño traer unha mensaxe de calma ós mercados. Pasei por Funsín, na parroquia de Árbol, e vin que o "Rubio" estaba calmo. Non o percibín preocupado. Lambía na "Morena" sen darlle relevancia nin á volatilidade bursátil nin á debilidade financieira . De como recibía os lametóns ela non fai falla dicir nada. Xa se ve: escarranchada.

Foto: Dólar lambendo na Libra. O Euro devece. O Yen pace.

30 comentarios:

paidovento dixo...

Quizais deberamos seguir o exemplo do rubio e a vivir!, que son dous días.

A nena do paraugas dixo...

Digamos que tanto o Rubio coma a Morena teñen outras miras, ao mellor non tan monetariamente ambiciosas, pero si máis excitantes para o corpo e o espírito.
Tamén cómpre que nesta voráxine cambiante haxa quen prefira ignorar as fluctuacións das moedas e dedique parte do tempo a dar lambetadas no lombo de quen as recibe con gusto.
Habería, ao mellor, que aprender máis desa parella tan singular: lamberse é moi gratificante.

E sigue chovendo.
Bicos empapados.

HADEX dixo...

Aissss que felices se ven....(oes ese boi mete medo, eh???)....Desgrazadamente, ou non, eu pérdome nese tipo de noticias económicas: só chego a que as cousas van ben ou mal...pero iso do IBEX, Dow Jones.....sóame a chino polo menos. Eu prefiro mirar para as vaquiñas e ver como a pesar de todo, a vida segue ....


Bicosssss

mariajesusparadela dixo...

Pois élle verdade que o rubio anda calmo.
Retranca aparte, ¡qué fermoso touro! ¡da gloria velo!
Da gusto ver isa natureza coma antes, sen estabular, ainda que volvan á corte de noite. Hai cousas que deberían ser respetadas para sempre, e non so polo romanticismo, senón tamén pola calidade da carne.

Carlosm dixo...

Nom me resulta estranho que o Rubio estea calmo. Tem moitos brotes verdes arredor e un harem que ben se ve como o adoran , coa escepcion do yen, que sempre foi por livre.
Asi calquera non anda calmo e co peito enchido.
E ti metecheste no prado co Rubio? Ou tiraches de teleobjetivo dende a tua fiestra coma na posta de sol?.
Saudos.Carlosm

Marisa dixo...

Moi inxenioso,creo
que a felicidade
do "Rubio" e a "Morena"
non se parece en nada
ó Dólar lambendo
na Libra.

Biquiños

Alís dixo...

jajajaja, escarranchada, di...

E digo eu, tendo unha "Morena" (ou Moreno) no que lamber, qué "Rubio" (ou rubia) se preocupa polo Ibex, Downing Street ou o peso do euro.

Gracias por este sorriso

Bicos (e lambetóns?)

Paz Zeltia dixo...

economía dirixida, economía mixta... para mín palabras coma Ibex pertencen a unha xerga que se escapa da miña comprensión. E como dicir infinito (infindo?), cósmico, atómico, molecular...

a mín o que me fascina (e estou a dilucidar) é cómo interpretar a mirada da morena cara o rubio, [e viceversa). fíxate ben, non é doado, non...

non coñezo a ninguén capaz de levar cara o bucólico algo coma as finanzas

Merce dixo...

jajajaja e que un preocupase de moitas cousas, mais hai que velas de outro xeito. Encantanme as tuas interpretacions, as tuas semellanzas os teus xogos, e, fasme sorrir :)

E, ademais, canta razon levas.

Bicos

P.D. cando queiras apuntamos a unhas nocturnas :)

Ginebra dixo...

Pues si Rubio y Morena están tranquilos y felices, ya puede girar el mundo, ¿no?:)))
Lo que me pareció patético y surrealista fue que un rapaz fuese capaz de armar la que armó en Wall Street, lo que hace que que me reafirme en mi idea de que este Sistema económico que tenemos hace aguas y no puede sustentarse como tal durante mucho más tiempo.
Besos con lametóns:)))

Harmonía dixo...

Enxeñosa e divertida conexión de realidades. Menos mal que aínda queda seres que poden seguir o ritmo da natureza sen preocuparse polos vaivéns financieiros.

Pau dixo...

A min xa me da a risa escoitar a estos tios que se din economistas. Uns días todo vai mal, o seguinte xa parece que todo vai mellor, outro día din que vai a haber unha desaceleración do 1 por cento e as duas semanas corrixen e din que sera do 0,5. Así tamén son eu un economista e podo montar unha axencia de calificación.

susana moo dixo...

medo me das chousiña si é que o dolar ten o corpo castrón dese boi mangallón ... mellor que lamba, mellor que lamba tranquiliño!

(la montó?, después del trabajito lingual, la montó?

Dilaida dixo...

Nótase que o rubio sabe facer as cousas ben, para certas cousas hai que ir con calma, tranquilo e sen présas.

Eva G. Rei dixo...

Unha lambetada a tempo é unha victoria... e onde estea a rubia do país, que se quiten as frisonas...
Moi boa a explicación retranqueira; iso si, quedouche un pouco excesivo o de "escarranchada". É mellor insinuar...
Unha aperta.

xenevra dixo...

O problema da maioría destes que se adican a interpretar o mundo dos cartos é que non son funcionarios, non toman café, e atrófiánselles as neuronas todiñas. Pola contra, na nosa terra a preocupación toda xa ves cal é: que non chova e poder estar a gusto pacendo na herba (e se é en compañía, mellor). Se a riqueza toda témola de diante, pero non queremos vela. Será que iso do Waul estrit nos soa como máis seguro?? non o creo. ;))

Maribel-bel dixo...

Non hai economía sumerxida en Funsín, onde conviven dólar, libra, euro e ata peseta. Rubio e morena consentindo, sen desacelaración bursátil. Se o chegan a saber, non te salva nin dios de dar clases prácticas. Avisa. Unha aperta.

Chousa da Alcandra dixo...

Ou catro, pero hai que vivilos Paidovento!

Lambámonos entón coa mesma ledicia, Nena do Paraugas!

Estaban felices ata que eu cheguei a importunar, Hadex

Calma e calidade están no escudo de Antas mariajesusparadela

Eu protexido tras do valo, que era moito bicho, Carlosm

A felicidade do Rubio causa impacto na Morena.E viceversa, Marisa

Fóra preocupacións. Busquemos lametadas así de doces, Alís

A Morena mira moura e o Rubio rubeando, Zeltia

Lambendo aflouxan as preocupacións seguriño, Merce

O mundo empézalle a xirar á Morena a cada lametón, Ginebra

Ogallá aprendésemos máis deses seres listos, Harmonía.

Os economistas van detrás do dato; non ó revés Pau

Non teñas medo, eu non son tan mangallón, Susanamoo

A tranquilidade marca o ritmo de certas cousas, Dilaida

Escarranchada de diante (brazos abertos logo),Eva G. Rei

Pobres non-funcionarios intérpretes descafeinados, Xenevra!

En Funsín o único sumerxido é a auga do caño, Maribel-bel

Anónimo dixo...

Moito me gustou a túa analoxía Chousa, que aquí o diñeiro este de papel parece que está máis afogado que unha das protagonistas da foto en mar aberto... hai que ver... que cousas andan a pasar neste mundo de tolos!
Saúdos agarimosos e con propina!

Hugo Coopel dixo...

Que ledicia provocame leer un texto sobre as desgrazas economicas con esa forma tan especial que ti tes para contalas cousas.É increibel. Parabéns.

Saúdos.

Anónimo dixo...

Ai, que bon!
As cousas poden non ser como parecen: non sei se por causa das turbulencias bursátiles se polas cinzas islandesas, o caso é que un dos peixes (Jamesbond) amenceu hoxe morto.

Bolboreteira dixo...

Eu fago como Rubia...ante todo moita calma.Como nos poñamos a facerlle caso os vai vens da economía non viviamos nin un so día tranquilos ( sobre todo nestes últimos tempos).
A miña economía nunca andivo moito mellor asi que....todo e cuestión de adaptación.
Un bico

la cocina de frabisa dixo...

Sí, es preocupante, sobre todo si intentas asimilar la caida de la bolsa, la posterior inyección y subida repentina, la debacle griega, las indirectas que nos sitúan como posible país candidato a lo mismo. El R. Madrid que lucha sin descanso, el Barcelona que no pierde, el Depor que no levanta cabeza, los aeropuertos gallegos que cierran por la nube tóxica y a mí que hoy, me duele la barriga.
Así que todo lo anterior pierde intensidad e importancia y lo más relevante, lo que más, es que mi barriga recupere normalidad. Cuestión de escala de valores.

biquiños

BRABIDO dixo...

Eu tamen me enterei do ibes,pero podoche asegurar que a min non repercute pa nada,xa que non teño nin un centavo,eu vou seguir o exemplo do rubio,vou seguir lamendo.

Saúdos

matrioska_verde dixo...

¿escoitache o meu sorriso?

¿non?

espero que vou rir mais alto.

¡vaia có Rubio e a Morena!

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

Afogado e coa tinta corrida parece que anda a cousa, SoO*.

Tentarei seguir contándoas, que habelas hainas Hugo Coopel

Sinto moitísimo a perda de onte, e tamén a de hoxe!, Kaplan

Seguriño que o segredo da calma radica nesa adaptación, Bolboreteira

Se non se tercian uns lametóns, podes mellorar esa dor cunhas freguiñas, Frabisa

Que sempre teñas onde lamber con gusto, Brabido

Escoitei rir, si; pero pensei que eran cantos de serea, Aldabra

---

Os acontecementos deslízanse a velocidades vertixinosas. Unhas cousas son boas e outras menos agradables; pero coa mar relaxada ou con oleaxe brava, hai que lanzar as redes. O peixe nunca se veu meter nos pratos.

Contoume o dono do Rubio que é pai de familia numerosa e non hai quen lle dea un peso nin para mercar uns chicles de farelo. E velo aquí tedes así de contento.

Boa cara ás xeadas de maio. Xa virán raiolas nas que repantigarse. Ademáis...non queda máis carallo!

Chousa da Alcandra dixo...

Ah, esquecinme sin querer de darlles unha palmadiña nos ombreiros ós funcionarios. Hoxe tócavos a vos, pero non vos sintades soliñ@s. En algunhas canteiras privadas, xa hai unha temporadiña que había que picar a leña coa macheta mal aguzada e, aínda por riba, tronzar rachos máis gordos en menos tempo.

irene dixo...

Todo anda revuelto, la economía, el tiempo..., qué envidia me dan esos toritos, tan tranquilos, ni se enteran, muuuuuuuu.
Biquiños, Chousa.

fonsilleda dixo...

Seras ti quen de explicar con claridade qué carallo é o ibex e que lle pode importar tal o Rubio e mala Morena?
Non vira as vacas
Unha que anda como o ibex...

Anónimo dixo...

Chousa, es un descarado.
Vaia... isto tería que decilo unha muller, ou?
Rapazas, sodes unhas descaradas.

;)))