Sen recortes nin estrés, sen regulamentos especiais nin plans de axuste. Sen necesidade de "inxeccións de liquidez", nin de fusións .
Amodiño, como se fan as cousas que precisan o tempero do seu tempo, van transformando os nutrintes en folliñas novas paridas dende os gromos silentes.
Convocando despois á polinización dende o convite rechamante das súas saias de pétalos policromáticos; e ser necesariamente desfloradas , amosando que da terra oscura xurde o froito verde que mañán madurará pendurado -incluso- da póla máis feble.
Canta lección de balde. E que pouca atención lle prestamos!.
Amodiño, como se fan as cousas que precisan o tempero do seu tempo, van transformando os nutrintes en folliñas novas paridas dende os gromos silentes.
Convocando despois á polinización dende o convite rechamante das súas saias de pétalos policromáticos; e ser necesariamente desfloradas , amosando que da terra oscura xurde o froito verde que mañán madurará pendurado -incluso- da póla máis feble.
Canta lección de balde. E que pouca atención lle prestamos!.
Foto: Sistema de producción racional. Ameixeira do meu xardín.
33 comentarios:
Ameixa xa gorentosa, señor Chousa, pero haberá que esperar que chegue agosto.
A miña cerdeira, que é serodia, terá o froito preparado na segunda quincena de xuño. Un poquiño antes, cada día unhas poucas. qué maravilla, as primicias. Qué sacrificio agardar a que maduren. Pero, sabémolo,paga a pena.
Apaixoante a vida da ameixa do teu xardín, non digo que non, pero Chousa, joder, quen raio quer levar a vida dunha ameixa? Hai que meterlle un chisco de chispa ao conto, ainda que nos estresemos un anaco, (especialmente no intre ese da desfloración das saias policromadas).
Pois ten vostede moita razón, a natureza dános leccións todos os días, pero nós prestámoslle poca atención, só nos chama a atención o resultado final.
Bicos
Pues tienes razón, CHousa, apenas prestamos atención a estos milagros que ocurren ante nuestros ojos... estamos tan ocupados con estar estresados y con los planes de ajuste como dices...
EL caso es que estas pequeñas cosas suceden amodiño, como deben hacerse las cosas importantes que precisan su tiempo.
Me encantó este post. Besos
Inciso: aínda vale se dis agora que tamén tiñas un amarelo. Como non vai valer?
E ao respecto da natureza, pouca xente hai que aprenda dela. Quizais esquecemos, ás veces de onde vimos e, como non temos claro a onde qeremos ir, coa présa de averigualo, non miramos de vez en cando a estes pequenos milagres.
Pero en fin, anduriñas, merlos, lavandeiras, gorrións, paporrubios... e outros moitos que por aí andan, xa darán boa conta deses detalles nos que nós non reparamos. Nin sementan, nin segan, nin meten no cabaceiro, pero saben moi ben onde está cada cousa.
Xa me liei. As cerdeiras do Refuxio temén están esplendorosas. A ver se me queda algunha...
Biquiños.
Gústame moito esta foto:
esa feble ramiña da que pendura a ameixa.
Todo verde,
excepto a ramiña -nítida-
que vira gradualmente ate ese punto vermello do inicio das follas.
[pega gana de porse a ulir]
Non se cansa a natureza
de darnos leccións de vida
paseniño, paseniño
van florecendo as froiteiras
ata ofrecernos a súa
froita madura..
Ten boa pinta a túa
ameixeira.
Unha boa aperta.
Fermosa a imaxe. E, a modiño, coido que os gromos falan.
Case coma ti.
Bicos
Agora é tempo de nesperas. Aqui no quintal da casa ao lado há uma que os catraios quando voltam da escola, escalam para saborear os seus frutos.
Um abraço e uma boa semana
pois eu, nestes intres incertos que nos toca vivir, son todo o contrario: con recortes, con estress, con axustes obrigados polos recortes...
¡outra vez nos toca ós mismos!
biquiños,
E haberá que aprender a ter paciencia... E a non perde-la esperanza ¿non si?
Bicos, madurando
Qué sabia é a natureza! Continua o seu camiño a pesar de todo.
Un bico primaveral
Así se debería hacer todo, poquito a poco, con amor, suavemente, sin brusquedades. La naturaleza es muy sabia, debemos prestarle más atención, espero que los políticos sean capaces de aprender esta lección de balde.
Biquiños, Chousa.
Non queremos aprender, iso está claro. O noso é telo todo e todo, xa. E desas présas estes recortes desagromados. Co fermosos que son os tempos de espera!!
Algunhas sí que prestamos atención, sí. A xente volve as cousas de antes, a apreciar o bo, aínda que costa desfacerse dalgunhas "necesidades" destas inventadas por nós neste novo mundo que se hilvana feblemente co fío que texe a rede virtual, que o día que caia imos todos rolando para abaixo, cara o abismo, onde non sabemos se crecen as ameixas porque non sabemos se chega o sol....
Aissss...
Un bico froito do agarimo, para tí, Chousa.
Non lle direi que non. Só que, na súa xuventude, a ameixa permanece distante e inaccesible, agria a quen se lle atreve; logo madurece, soségaselle o carácter, tórnase mainiña e doce.
Paralelismo perfecto.
Estan verdes, dicia o zorro polas uvas.
Vejote moi artistico esta temporadinha. Saudos.Carlosm
Moi bonita a ameixa e moi bonita a ameixeira.
Bicos
A natureza sabe o que fai, os homes mmmmm...
Unha aperta.
Antón de Muros.
Un dos nosos grandes males (haiche tantos...) é que somos uns cagaprisas.
Tanto millor iría todo se fixeramos as cousas de vagar...
Bico!
Sensualidade vexetal..e tamén ule ben!!!. Eiche de mandar a foto das landras(non son do meu xardín), pero lucen fermosas. A ver, se aprendo a ter paciencia para roubarche a beleza natural das túas estampas feiticeiras. Biquiños, sempre.
A foto gústame moito pero hoxe casi prefiro a foto que fas coa tua poética descripción.
Biquiños.
Probablemente moitos non e que non lle presten atencion, senon que a sabendas dela, directamente a ignoran. Outros pasamos por diante e como ben dis non lle prestamos a atencion requerida...
Un chisquiño mais de sol, unhas semaniñas ahi penduradiña ata que se faga grandiña e logo, zas! que cousa mais rica!!!
Verde sobre verde, fermosa fotografia :)
biquiños
Veño coa tristura de saber que, moi posiblemente a treboeira desta noitiña pasada, caeu a ameixiña pendurada da miña ameixeira. Caeu sen chegar ó punto de maduración óptimo e perdeu a vida sen que poidera mordela...
Non sei, visto así...igual a gañou.
Pero a ameixeira ten familia numerosa (ampliamente), así que desta arroladura salváronse unha boa cesta delas. Confío en que no sabor maduro das que quedaron teña ocasión de percibir o matiz verde da que voltou á terra antes de tempo. O ciclo continúa...
A natureza é o milagre que nos fai decatarnos do pouco que somos.
tendríamos que tener los sentidos más alerta en la naturaleza, cada instante es un milagro
Pois sí, afortunadamente a Natureza vai a súa bóla.....aisss.........
que bonita imagen y que bien adornada por tus palabra chousa. tenés que ser una persona muy positiva y llena de energía, amante de la naturalesa y de nuestra tierra gallega. te felicito por ello y te envio un beso desde Uruguay.
Angelica
Podo decir que esta foto é preciosa...Pero cando madure para o mes de Xullo-Agosto xa estrá moi madura e terás unha foto mellor, daquela pasareime e poderei gozar do encanto da natureza.
Unha ameixeira de bicos Chousa .
En Paradela hai, para ti cereixas da cerdeira de Dilaida.
Tamén podes vir comer da cerdeira da miña casa en dez días. Es benvido.
Lindísima imagen y espectaculares tonos de diferentes verdes, un milagro sin duda de la naturaleza.
Claro que sí, corremos todo el día, no tenemos tiempo para pararnos a disfrutar de esas pequeñas cosas que nos llenarían de bienestar.
biquiños, Chousa
E mentras as ameixas (e as cereixas!) maduran, temos que seguir sachando -que non so de ameixas vive o ser humán, senón de toda palabra que sae da boca dos medios- (e así nos vai).
Ultimamente case hai pánico para abrir o xornal, para poñer unha canle das tropecentas mil que ten o aparello televisivo. Da radio xa case non digo nada.
Todo semella malo, maligno, perigoso, amolador, agresivo.
Non vou meter o fuciño debaixo da terra (sobre todo debido a que enriba dela hai moitísima fermosura como para obviala); pero sí considero, estimo e opino que xa vale de mortos, ibex caidos, recortes socio-salariais...
Arrrrriba, carallo, que se nos vai caer a cotidianidade enriba dos miolos e despois si que vai mandar moito nabo para reubicalos (os miolos) dentro da codia.
Cantada liña, continuamos a bingo!
Que bonito articulo, definitivamente cuando uno busca hacer las cosas con amor todo fluye como la corriente de un rió.
Publicar un comentario