Chimpan alquitrán na corredoira e chámanlle autoestrada.
Idolatrar deuses de cartón-pedra xa forma parte da cotidianidade e non alporiza conciencias nin dispara alarmas cívicas. Cando choven miserias alleas, semella que escampan as propias. E nesa roda infernal acaban sendo miserables os días enxoitos...
Non hai tempo para ternuras nin saloucos; ata a sopa é mellor de sobre. Xa ven co sabor incorporado. Baixa en graxas e con pouca sal. No prospecto non di que tampouco trae mimos; pero xa o sabemos.
De verdade so quedan algunhas miradas, que non todas. Unha boa parte son máis falsas que os billetes de oito euros.
Idolatrar deuses de cartón-pedra xa forma parte da cotidianidade e non alporiza conciencias nin dispara alarmas cívicas. Cando choven miserias alleas, semella que escampan as propias. E nesa roda infernal acaban sendo miserables os días enxoitos...
Non hai tempo para ternuras nin saloucos; ata a sopa é mellor de sobre. Xa ven co sabor incorporado. Baixa en graxas e con pouca sal. No prospecto non di que tampouco trae mimos; pero xa o sabemos.
De verdade so quedan algunhas miradas, que non todas. Unha boa parte son máis falsas que os billetes de oito euros.
Foto: Pedra falsa mirando herbas artificiais.
33 comentarios:
Falsa a sopa de sobre, e non só iso, senón tamén perigosa! Como falso é case todo: ás veces ata soñamos soños falsos. É aquilo que na película chamaban Matrix e na realidade algo así como "sociedade occidental de economía de mercado neo-liberal e neo-imperial" O de neo- case sobraba,porque non é máis que o vello inimigo vestido con trapos de marca cara e pija.
Hoxe fun á horta duns amigos que lles deu por plantar pementos, tomates, acelgas, nabos, e ter pitas soltas, e xa sabedes, esas cousas que fan algunhas persoas xoves, chamadas "neo-rurais", que pasan por loucos.Iso si: non lle botan nin unha pizca de veleno á súa producción (só algún tipo de propóleo) Merqueilles de todo, e cando cheguei á casa con aqueles manxares, a miña filla quixo ensalada! nunca a quixera probar, dicindo "non me gusta". Hoxe debeu verlle algún verdor especial ás leitugas, e pensou que aquilo, se era tan bonito, debía estar bo. A súa primeira ensalada! ( ten catro anos). Creo que se deu conta de que non era falsa.
E que os nenos teñen unhas lentes especiais para decatarse do pseudo. Eles saben mirar adaptando as distancias focais axeitadas.
Mágoa que despois imos perdendo esas dipotrías de sensibilidade...
Que bonito o dixeches, Proida; mesmo podo ver á túa nena disfrutando da ensalada!
Eu non sei. A falsidade está ata no ar, pero resístome a crer que non existan cousas que son verdade, aínda que só o sexan neses momentos nos que pecho os ollos e vexo máis alá da realidade na que vivo, realidade tamén falsa na que vivo ás veces.
Vale, meu. Tocaches unha das miñas fibras máis sensibles. A verdade non existe máis ca no máis fondo do cerebro de cadaquén, porque só cadaquén é capaz de saber cando cando mira sinceramente cara adentro de si. E para iso non sempre.
Xa me enredei. Vale.
Perdón. Era eu.
Para a tenrura sempre hai tempo (que dicía a canción), para saborear unha sopa mecosa, sempre hai ocasión. O que temos que facer é esperala cos ollos ben abertos, sen deixar que o alcatrán tinga de negro os nosos futuros.
Nada hai verdade nin mentira, todo depende de quen a mira ;)
É verdade que as pedras nos miran, o que pasa é que ás veces non o percibimos. É verdade que hai palabras que van máis aló da pantalla e din aquelo que calan. E quen pode garantir que mañá mesmo non se "editarán" billetes de 8€??
A mirada falsa, desa falsa pedra, a unha herba falsa, di moito deste mundo no que nos atopamos.
A sopa, a autovía, a pedra, os ídolos (e ídolas) con pés de barro, parece que nos axudan a esquecernos dos nosos propios erros e as nosas debilidades.
Pero, despois, achégaste a alguén e xorde un "ti" ou unha "aquela" que escintilan de verdade.
Logo, non todo é mentira non si?
Bicos
¿Por qué será?
Escucho decir a diario...
Qué flores tan lindas, parecen artificiales.
Era un paisaje que parecía una postal
Es tan lindo el niño que parece un muñeco
La belleza está en la realidad, en lo mellado, en lo posible.
El placer en lo indescifrable.
En lo complejo, en las capas, en las esquinas.
Hay quien no quiere pensar, quien necesita una fórmula instántanea para un goce rápido y sin vueltas.
Para mí no hay belleza que supere la boca de mi Pez. Sus dientes de leche caen. Tiene huecos, tiene dientes de leche mezclados con dientes permanentes.
Cuando sonríe, es un paisaje hermoso.
Afortunadamente, nunca de postal!
Un fantástico post...me maravilla leer tu idioma...
(Escucha mi lengua, me dijo un hombre en Cusco....era quechua...escuchar otras lenguas como pájaros)
Un beso grande!
Haiche días moi que moi pesimistas, pero temos que tratar de pasar por eles de presa, sen parar.
Bicos
O auténtico quizais non teña
tanto brillo nin pareza que se coma cos ollos,pero ten saborciño e cheira que da gusto,pola contra os falsos son insípidos, non saben a nada,cargados de colorantes,
conservantes e vai tí a saber que máis.
Tamén, tamén hai miradas falsas
querido Chousa.
Biquiños.
Eu,ata nas pedras cheguei a buscar bolboretas, iso que non tiñan ollos espertos. As miradas...eso son outro tema, máis complexo. Biquiños dende as esquinas.
Es un post un tanto pesimista, Chousa, pero el caso es que creo que tienes razón. Yo creo que hay más falsedad y superficialidad de la que debería, pero también quiero pensar que hay gente sincera. Necesito pensarlo...
Las sopas de sobre no me gustan, como tampoco la comida prefabricada o artificial. Las miradas artificiales tampoco.
Besos primaverales
Pois eu penso que se eu son verdadeira (e sono de verdade), por qué non o van a ser os outros. Se eu trato de ter alimentos verdadeiros, por qué vou pensar que non hai outros tentando o mesmo (que os hai, novos e non tan novos). E, se eu son quen de lle facer ós meus patatas fritidas ou filloas, por qué non vai haber outras tolas que o sigan facendo para os seus (e guisotes con caldo da casa, e polo criado na casa...e merda de cabalo para estercar...)
esta entrada denota un aire escéptico acerca da autenticidad da maioría das cousas, ata dalgunhas tan importantes como as miradas.
eu son desconfiada da verdade de moitas cousas, en termos xerais, máis cando baixo ó particular, vólvome tremendamente cándida. cóstame non crer na autenticidade das miradas.
e quero ser mellor unha inocente caperucita ca un taimado lobo feroz. anque me coma.
(e na nosa man está contribuir un pouco a non perder máis autenticidade, ainda que sea só non mercando sopas de sobre e facéndoas con mimo na casa :-)
[falando de sopas, marcho comer que morro coa fame!])
Por desgracia a falsedade faise presente de cotio nas nosas vidas. Recordo cando o meu pai decia que onde puña a sua man, a sua palabra... estaba posta a sua firma. El foise, mais, ensinounos a manter a nosa palabra ainda que nos arrepentiramos logo de dala.
Estas ensinanzas, non sei ben polo que, esnaquizanse polo camiño e son sustituidas polo egoismo e un cego afán de superacion, "non importa o que, nen a quen, pero ti pisa"... e faino forte.
Con falsedades dironme na cara, levei unhas boas labazadas de quen menos o esperaba, e, eu non o via... non, non o via... ata que aquelas falsedades cravaronse coma puñais.
mmm hoxe no era un bo dia...
Biquiños :)
vaia home que estas descreído... aínda que como e costume teño que darte parte de razón...
aínda que as veces faise necesario non ser de todo verdadeiros.
eu teño unha norma para diferenciar as miñas verdades verdadeiras das outras verdades a medias ou cousas non contadas ou mentiras piadosas...
cando digo que e verdade da vermella é que e a mellor verdade que teño.
bicos vermellos.
As miradas falsas dun mundo cada vez máis falso non deben agochar as miradas verdadeiras que lle poñen mimos ata a sopa de sobre.
Mil bicos
Semelha que andas coa capa caida meu. Pois arriba ese ánimo que xa logho te vou ver (estaras na Semana Santa polo Centro Geográfico?)
Carlosm
Pero, non hai billetes de 8 euros!!! Contra, xa ma clavaron outra vez!
E a vostede qué mosca lle picou para estares tan desconfiado?
Bobadas, a autenticidade aflora se un a quere mirar.
Aisssss.....de tódolos xeitos o mundo éche un pouco todo así...¿sabemos cómo é a realidade ou solo somos capaces de interpretalo?
Bicos verdadeiros!!!
Boeno, Chousa, esto da autenticidade é moi relativo. Todo neste mundo ven misturado. Nada é del todo auténtico, tal e como o vemos, nin nada é falso del todo....
Ó mellor a sopa de sobre e as croquetas precocinadas non son bos exemplos (hai moita diferencia coas "auténticas")
Eu tiven a sorte de crecer cos froitos da eira de miña nai, que tiña de todo... O que máis me gustaba era a ensaladilla rosa, rosa, sí, non rusa, porque lle botaba remolacha...aisssss, comeríaa na cabeza dun tiñoso (como diría a miña nai...jaja)
Gustoume moito o coment primeiro, emocionaríame que o meu neno me pedise unha ensalada!!! jajaja
E mira que eu teño leitugas e froitos neo-rurais.. eh.. jaja
Eu todavía confío na xente, non así, en xeral, senón en particular, igualiño que Zeltia. Todavía hai tempo de ternuras e saloucos, sí que hai... sí. E tamén hai quen é quén de notar a diferencia... e de ser recíproc@ co que se recibe...
Bicos auténticos, dos de 20 euros alomenos... jajaja
Coa enteireza que nos caracteriza a todo indíxena deste Centro Xeográfico; superada con nota esta semana complicada na canteira rachando perpiaños, veño para vos dicir a quen queira escoitar/ler que mañán venres -día das Pepas e dos Pepes-, a pesares de ser vixilia pódese comer carne!!!. Amplo senso...Non vos privedes pois.
Xa sei, xa sei, nunca mo agradeceredes abondo. Pero eu son así de xeneroso :-)
La hipocresía y la falsedad son consustanciales del ser humano, al menos en determinados momentos.
No obstante yo me quedo con la mayoría de sentimientos puros que anidan en los seres humanos. Lo que pasa es que a veces las circunstancias sacan lo peor de uno mismo.
Una sonrisa, por favor, que mañana entra la primavera.
un bico
La hipocresía y la falsedad son consustanciales del ser humano, al menos en determinados momentos.
No obstante yo me quedo con la mayoría de sentimientos puros que anidan en los seres humanos. Lo que pasa es que a veces las circunstancias sacan lo peor de uno mismo.
Una sonrisa, por favor, que mañana entra la primavera.
un bico
Pois eu inda fago caldo caseiro, arroz con leite, natiñas, polo guisado da casa, etc, e preparo uns potitos para o meu netiño que xa quixeran os das industrias farmaceuticas, e con productos da hortiña do meu home.
E hoxe a parte de estar pasando un ratiño con todos vos, estou guisando "jabalí con castañas" e algunha cousa mais para doce invitados, así que inda son algo auténtica non?
Biquiños.
Ai, canto pesimismo. Menos mal que a mín hoxe tócame sesión de empacho de apertas das de verdade. E non sabes as ganiñas que teño. Reencontro na Lucus tras once anos... :-) Ai, ganitas.
Cando tamen as pedras mirante mal e que andas coa cabeza mirando pa baixo. Pasanos a todos por moito que xa sepamos o remedio.
O bonito da historia e que cando volves levantar a vista volvese ver a fermosura que temos por diante.
Saludos Chousa
Erguemos a mirada, sen perder de vista as pedras para non tropezar, e continuamos o camiño coa ledicia que nos proporcionan as imaxes que van pasando diante da pantalla do noso campo visual. E se algunha pretende quedar fora, movemos o gran angular para facerlle unha captura de xeito inmediato, sin tan siquera un levísimo pestaneo...
Aledame coñecer fibras sensibles das visitantes,Nena do paraugas, tereino en conta.
Calarei os lentes do optimismo con máis énfase Xenevra, fareiche caso.
Hai máis de certo que de falso Fonsilleda, pero é máis ostensible esto que aquelo.
Moito olliño cos homes que te convidan a facer algo coa súa "lengua" Lena; haichos moi pillos.
As presas xa quedamos en que non eran boa cousa; non si Dilaida?. Pasemos, en todo caso co acelerador a fondo.
Faremos como que non as vemos Marisa.Talvez así non existan...
Poda que haxa bolboretas nas pedras Maribel-bel; so hai que dar coa esquiniña axeitada.
A presencia de miradas falsas, tamén confirma as verdadeiras Ginebra. Démoslles, polo tanto, o valor da confirmación.
Con esterco de cabalo seguro que logras unha horta caralluda Mariajesusparadela; aínda que non sementes carallos nela!!
Déixate de landainas Zeltia!; é mellor ser lobo.Alomenos podes ouvear.
Un apretón de mans sempre foi rúbrica de obrigado cumprimento Merce. E un abrazo non debería selo tamén?
Decía Churchill que a verdade tiña que ir sempre escoltada por un batallón de mentiras. Iso ves dicindo ti tamén; non si Aldabra?
Nunca levo capa Carlosm. Son máis de camisa. Deberíalo saber.
Lograr engadirlle mimos á sopa de sobre, Carmen, é toda unha ciencia que non sempre se logra.
Hainos Raposo; eu teño uns cantos no caixón gardados. Aceptaranos na feira de Sober?
Son aprendiz de mirar Susana Moo; por iso ás veces me pasa iso.
Aprender a interpretar é o que necesitamos Hadex; pero non hai tempo para ensaiar...
Eu tamén quero unha ensaladilla rusa rosa (que risa!) Pitima. Cando convidas?.
Xa me vestín coa sonrisa Frabisa. Non podo ir sin ela a ningures; sería como ir nú.
E se lle das a comer as castañas ó jabalí antes, Mencía?. Ata aquí chega o arrecendo desa cociña ummmm.
Espero que hoxe non teñas resaca de apertas Markesa Merteuil. En todo caso, que che quiten o bailado!
Sempre hai fermosuras que mirar por diante, Anónima. E ti -se dixeras un nome- tamén serías unha.
bueno, os lobos poderán ouvear canto queiran. tampouco lle atopo eu o punto!
en cambio, as carapuchiñas imos contentas polo bosque, co noso cestiño, coa ilusión de ver a avoa.
¿que despois o lobo papa á avoa e quere papar á carapuchiña?,
boeno, pois ainda así, déixame coas miñas landainas,
non me gusta ser taimado lobo feroz tendo que papar avoas e montar un esperpéntico show só por tentar meterlle o dente a unha carapuchiña.
os lobos feroces teñen que ser implacables e deixar regueiros de sangue de añiños... cala, cala.
Nunca me parara a pensar que as pedras tamen poden mirar con ollos tristes.
Fermoso o teu espazo. Saudos
También hay lechuguitas frescas, y tomates...y yo creo en la verdad de las personas, me hace más feliz hacerlo, aunque es duro encontrarte con piedras falsas mirando hierbas artificiales. Estás muy filosófico, Chousa. Biquiños.
Veo que está por aquí Marisa, la conocí el sábado en Zaragoza, fue un placer estar rodeada de poetas.
Bicos.
Descrido te vexo, amigo meu. Así que cáseque millor calo e marcho asubiando, que tampouco é cousa de multiplicar agora os pans. E os peixes a ver quén carallo os multiplica...
Levalo con calmiña, si?
Publicar un comentario