Pendurado do ceo, sustentado polo encaixe vaporoso das nubes de maio; percébese feble, case inerte de sensacións e baleiro de ideas. Perpendicular e hirsuto; semella tan fráxil coma inútil.A recalcitrante e rectilínea nudez amosa unha leñosidade triste, que mesmo evoca o impacto da macheta facendo ducias de achas da súa codia e rachos en cuña das toradas de cerna. Case poden escoitarse ardendo na lareira...
Nada máis lonxe. As pólas amputadas provocan esa irónica visión; pero a súa fortaleza radica precisamente no que hoxe é: tronco espetado no chan e firmemente abrazado á terra. A suposta perda temporal de esbeltez non é mais que un cómplice necesario para ese proceso criador de follas novas que agromarán dos que hoxe son garabullos.
Sabendo -como sabemos- todo iso, non sei como carallo nos fixamos tanto nas pólas; xa que él segue a ser o que é: un carballo.
Foto: Medrando
























