Amosando publicacións coa etiqueta Antas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antas. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de decembro de 2007

Calma

Adoito amosar flores. Son as miñas favoritas; pero tamén son conscente de que as árbores resultan ser a expresión máis poderosa da natureza. Hoxe, as carballeiras espidas cederon o seu traxe ó chan que se cubre co lenzo vexetal que adornou as copas, e non por elo perde a sua forza.
Comparar esta imaxe con algunha rúa de calquera cidade en hora punta ou co noso lugar de traballo "moderno", resulta polo menos sarcástico. Estas suscitan premuras, estrés; aquela invita ó sosego e a calma.

(Foto: Paseando polo Campo das Antas )