Coa présa da urxencia, aceleramos a velocidade que nos move nesa cadencia espiraliforme dunha cotidianidade apremiante. Semella que todo ten que estar dispoñible para onte, asumindo que aínda así chegaremos tarde á aira das esixencias na que temos que mallar mollos non seiturados con fouciños pendentes de se fraguar...
Esta recalcitrante aleivosía por apurar os procedementos levounos a pensar que se podían acelerar os resultados. E os resultados acelerados son, damas e cabaleiros, unha trapallada.
Todo o contrario do que segue acontecendo de maneira cotiá ao noso redor; así, como cada tempada, a natureza anúncianos -coa pauta axeitada- que xa é outono na Picouta.
Foto: Cara o muíño da Picouta (Antas de Ulla)
3 comentarios:
Todo ó seu tempo, ainda que os tempos anden revoltos.
Nove mulleres non fan un fillo nun mes.
As primeiras liñas chegaron a agobiarme. Será porque últimamente decidín andar máis amodo, cada día ten o seu afán e eu preciso ir madurando, como o outono ou a primavera que por aquí estoupa.
Bicossss, pausados
Ese paisaje es exactamente el mismo de los montes boscosos del valle del Jerte. Robles que dejan hojarasca marrón y castaños amarillos (que aquí no veo) y arroyos o gargantas que con estas lluvias otoñales (tan esperadas) vuelven a fluir ufanos y felices.
Pues eso, detenerse a mirar, pasear y ver la luz mágica del otoño es lo mejor que podemos hacer, todo lo demás puede esperar ( o casi todo:)
Besos
Éche ben certo !. Menos mal que temos a natureza para pornos no noso lugar.
Publicar un comentario