Bípedos pensantes enchen de asfalto os labradíos e queiman os espazos aos que non dan chegado co formigón. Non comprenden a estratexia defensiva da nudez absoluta contra os ventos da invernía. Eles, escuramente imbéciles, non entenden de saber conter o zume. Saben, iso si, expedir precoces certificados de defunción a golpe de macheta.
Por iso o mérito silente da natureza cobra aínda máis brío cando "resiste, chea de vida, dignidade e corazón, coa frondosa teimosía de saber que (ela) somos nós"
Soltemos o perenne macuto da estupidez e sintamos o seu alento.
Foto: Castiñeiro chousiano. Vilapoupre (Antas de Ulla)
- Tema "Alento". Luar Na Lubre. Ribeira Sacra -
8 comentarios:
Moi ben traido o asunto. A algun bípedo había que lle asfaltar o cerebro.
Pues sí, bípedos estúpidos. La naturaleza, de la que somos una parte, quedará cuando nos vayamos. Ya estaba antes de que naciéramos como especie, sapiens??? Ummm, a veces tengo mis dudas de esta etiqueta.... un árbol desnudo precioso. Bicos
Es un castaño?
Si, Ginebra; é o castiñeiro que levo na miña tarxeta de visita virtual. O que pasa é que na tarxetiña vai co zume subido, en plena primavera.
Bicos deste bípedo.
Jo, Chousa, qué hermoso lerte e sentirte coa música que escolleches de fondo. Falas do importante, Con profundidade e beleza, e a mín ademáis achégasme as raíces, a Terra, o amor... Escribo chorando, non che digo máis. Bueno, sí: ¡Grazas!
Bicosss
Dentro da súa nudez
non caduca a vida,
repousa o zume
que o fará fermoso.
Unha gran aperta.
Quèdome co alento que se sinte ao ollar à natureza. Ese alento tan ben levado no texto. Un biquiño.
Hola he pasado a saludarte ya que a los dos nos gusta la poesia te paso mi blog por siquieres criticar.
http://anna-historias.blogspot.com/2019/05/me-lo-dijiste-pero-no-te-escuche.html?m=1.
Gracias.
Besos
Publicar un comentario