venres, 28 de decembro de 2018

Altimetría

Un tremendo erro de cálculo nas medicións das coordenadas altimétricas de todo o estado español pon na picota a credibilidade do Instituto Xeográfico Nacional.
A referencia foi tomada no Mediterráneo en Alicante, e no seu momento os técnicos do Ministerio de Fomento non introduciron nas súas operacións unha variable trigonométrica fundamental que contempla a curvatura da codia terrestre, coñecida na xerga topográfica como a integral do coseno.
Como consecuencia deste desatino, para poder coñecer a correcta altitude dos concellos galegos é necesario restarlle ao número indicando na placa correspondente o doble da súa metade, multiplicar o resultado pola raiz cadrada do seu número de habitantes de xénero feminino e posteriormente sumarlle o 25% da cifra inicial multiplicado por 4
Tédeo en conta, por favor.

Foto: Altimetría de Antas. 555

6 comentarios:

Alís dixo...


Acabas de lembrarme por qué fun por Letras. E ben contenta que estou, por máis que algunha ministra de Educación nos chamara vagos.

Por favor, si algún día borres (tarda moito, sen presas) dos o teu cerebro á ciencia. Ten que ser mol interesante mirar nel

Bicosss

Anónimo dixo...

Un argalleiro con infinitos argumentos. Está vostede en política señor Chousa? Desde logo ten vimbios para elo.
Bo ano 2019, e non deixe de nolo facer bo a nos coas suas argalladas

Moncho da Riba dixo...

Menos que avisaches, home, que eu non tiña nin idea!
Que teñas un bo 2019, argalleiro Chousa.
Unha aperta.

Marisa dixo...

Nai miña
mellor non intentalo.

Unha aperta grande Chousa.

Kim Basinguer dixo...

Teño un dor de cabeza só de pensar en tentalo... Feliz ano!!

pitima dixo...

jajajajaja
Es un comediante...
Codia terrestre... gustoume o termo.
Miga... dícese miga?? quente... Rico rico.
Bicos de pan quente.
:)