A outonía provocadora adoita de se vestir unicamente coa delicadísima seda da néboa e adobiarse nas humidades propias do momento, exhibindo a súa louzanía impúdica con natural prestancia e incitante elegancia.
Por iso, se nos adentramos no seu hábitat natural, ninguén se debería turbar ao descubrir como o río goza de si mesmo en fervenzas e rápidos; ou se atopamos de súpeto unha sesión de lascivia grupal coa presenza dun inexperto e aprediz voyeur.
Ese mirón e mais nós somos os únicos pampos expectadores da festa rachada que vive a natureza.
Foto: Amor en grupo e mirón.
5 comentarios:
De non poder participar, alomenos mirar. Penso que está xustificado pola beleza e a exuberancia da escena.
Qué queres que che diga? Eu sinto envexa de que tiveras a sorte de mirala en directo
Bicos frondosos
Me hizo gracia la foto y el pie de foto... Pues sí que es amor en grupo, o tal vez una buena convivencia vecinal, de esas de pueblo de toda la vida que ya cada vez son más escasas.
Un beso y un bico
Que imaxinación tes Chousa. A tua manivela é de traca :)
Mira, mira...
Unha verdadeira
festa de fungos.
Apertas e bicos
dun novo decembro.
Publicar un comentario