domingo, 3 de xuño de 2018

Oxalá

Esta primavera de nuboeiros trouxo flores tardías á roseira do xardín. Ela -a roseira- dispuxo todo segundo as leis do parlamento vexetal. Regulou o crecemento despois da poda agresiva do xaneiro, acordou con espiñas dispares a protección do conxunto, enredouse por lei orgánica na celosía do valo e agromou por decreto folliñas verdes...
Agora, por sorpresa, un recendo novo xura e promete anegar con petaliños o chan desta silveira democrática, tan necesitada de erradicar olores que non eran -precisamente- aromas. Ogallá perduren. Oxalá o vexamos.

Foto: Rosiña con aspiracións de rosa.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

A rosa moi bonita pero esas esperanzas suas non sei se seran moi optimistas. Vexo demasiada raza silva e incluso algun toxo
Espero que non lle seque a silveira

paideleo dixo...

Esta rosa que nace do estrume fedorento non sei se murchará cedo.
Inda así, desexo longa vida a esa rosa a falla de chorimas e outras flores !.
Con respeito a Uxía, dicir que hai un pequeno truco: ela e a súa familia son veciñas de Vilaguindastre. Xa sabes, todo queda na casa.

Ginebra dixo...

Muy metafórico tu relato de la actualidad política y muy bien traído (y Llevado). Yo, esperanzada como estoy, veo florecer tu jardín de rosas, después de haberlo limpiado de cardos... bicos

Kim Basinguer dixo...

Espero que las rosas traigan buenos aromas y el aire de este verano que tarda en llegar, se lleve los malos olores de un tiempo pasado.

marisa dixo...

Eses pétalos aínda que
pouco duradeiros alegrarán
estes calurosos días de estío.

Biquiños