Para malabares as virguerías creadas polos canteiros, que peinan con esmerada sutileza os rizos de pedra; encaracolando a intención co pensamento nunha trenza de sensacións que lles outorga a licencia para subir ata o faiado da imaxinación. E todo isto, únicamente, deslizando o cincel da mirada nunha sucesión de delicadas caricias...
Foto: Rizos peinadiños en Compostela.
28 comentarios:
No museo do Povo Galego atópanse obras de arte de sempre ou orixinais coma esa escaleira.
Solo a ti che se podía ocurrir esa comparanza coas escaleiras do M.P.G. Deixáchesme de pedra hahaha.
Bicos
O máis grande mestre en traballar a pedra, aínda que el sempre elixía mármore de Carrara e non granito; falo de Miguel Anxo, dicía que el só se limitaba a liberar a imaxe que vivía no interior da pedra.
Quizais todos os canteiros pensen o mesmo de aí esa "sucesión de delicadas caricias..."
Bicos
Mira ti de que maneira foches mezclar as duas querencias que xa nos confesaches: a cantería e maila música de Luar na Lubre.
Eu nesas escaleiras sempre me perdo.Ta visto que son mais de soutos e chousas eu
Terra de canteiros, a nosa.
E gústame máis canteiro (polo cantar) que picapedreiro.
Fermosas escaleiras. Fermoso escrito.
Postos a escoller quédome cos canteiros de antes (eses si que eran artistas).
E así como Luar na Lubre sabe sacar o son das pedras eles sacaban a maxia e a vida que as pedras levan dentro.
Saúdos pedreiros!
Algúns privilegiados parece que andades polo faiado imaginativo a cotío.Para asociar un cincel coa delicadeza é necesario que asim seja.Saudos.Carlosm
É magnífico ver como algo tan pesado como a pedra convírtese en algo tan liviano e tan fermoso.
Tres belezas... a cada cal máis sublime!!!: a imaxe, as túas palabras e a canción.
Unha virguería de post;-)
virtuoso trabajo el de los canteros, cerrajeros, arquitectos y todo aquel enamorado de lo que hace y paciente en la labor...
Bicos, señor Chousa.
Xa flúen soas as palabras, pero con esta música tan axeitada vanse encaracolando nesas escaleiras tan fermosas ata provocar esa sucesión de caricias.
O canteiro é como o poeta, busca dentro para liberar as palabras e as pedras que se encontran agochadas nese faiado da imaxinación.
Gústanme estos textos líricos que rizas con tanto esmero.
bicos malabares.
A mi también me dejó una bonita impresión todo el Museo do Pobo Gallego de Santiago, pero lo que más esa imposible escalera de caracol. No le hice fotos, así que me tomo esta tuya prestada.
Un saludo para ti y tus seguidores.
Antonio Ruiz
Tomei nota desse museo...
Quem sabe?! Um dia...
xa hai moito que non vexo traballar a un canteiro, pero non lembro que o seu labor me pareceran caricias...
claro que, despois, cando admiro as pedras labradas pareceme maxia.
a esta hora parece que presta escoitar a cánción, admiro a escaleira, que grazas aos teus comentaristas sei de cal se trata ;-)
bicos de boas noites, e nunca de pedra.
Xa dicí o outro, que o camiño mais curto en Galicia é a reviravolta: no museo de Pobo galego non podería ser doutro xeito.
Molaba deslizarse a cachachou pola varandilla abaixo.
non coñezo a escaleira pero vendo a foto, semella que paga moito a pena vela en vivo e en directo.
hai verdaderos mestres!!
biquiños,
http://www.memoro.org/es-es/video.php?ID=7179
Expliqueme por favor como es esa TRENZA DE ESCALERAS. Ya que parece que sean mas de una. Dicen que es el Museo del pueblo gallego; donde está? me gustaria visitarlo en mi proximo viaje a Galicia. Ann
Meu avó paterno era canteiro... :)))
Fermosa luz a que te marcaches hoxe :)
E... acabo de descubrir o teu lado "Desafiante" jajajaja asi que si eh???
Contigo vai haber que andar con moito tento parecemo a min, esa cabeciña que tes é moi ocurrente :)
Bicos!!!
Sempre adorei enguedellarme... E o meu premio e a miña condena..
Bicos de cabelo liso e cabeciña chea de tirabuzóns. :*
pd. Mil grazas polo comment no meu blog. Hai comments bonitos, os hai sentidos, os hai maravillosos e logo está o teu :)
Outra das moitas marabillas que nos ofrece Santiago. Arquitectura e enxeño en estado puro: arte, estética, harmonía, funcionalidade, orixinalidade, espectacularidade... E todo alí escondidiño nun recanto entre os claustros de San Domingos de Bonaval. E o Chousa desde Antas a refrescarnos a memoria do prodixio engalanado coa palabra afervoada.
Mooitas apertas.
Fermosa estampa, como sempre unida as túas precisións linguísticas que non teñen desperdicio. De Luar na Lubre sobran palabras. Besiños e abrígate, na chousa fai frío.
Agradézovos moito as palabras bonitas que me adicades, pero prométovos non creelas de todo. O que sí podo dicir é que o post ben tecido creádelo vos coas marabillas que dicides. Zenkiu!
Ann: A foto está feita no Museo do Pobo Galego, tal e como comentan por aquí. Está na cidade de Santiago de Compostela, e seguro que alí atoparás moitas máis fermosuras. Non deixes de visitalo.
Blogboreta: Bonitos, marabillosos, sentidos e...os meus. Ten que ser un cumplido, pero vouno ler outra vez :-)
Soubeche ver con ollos
de poeta esa marabilla
de rizos arquitectónicos.
Bicos e apertas
Un texto moi musical...
Bicos rizados!
Recunco novamente neste fito para volver manifestarte que gosto moito da sua lectura.Nom sei de que fonte bebeches, pero quedou bem trenzado.
Virtuosas as mans de canteiro, que arrincan beleza de algo tan duro e frío.
Bicosss
Me ha gustado.
Adamantino
Publicar un comentario