luns, 1 de novembro de 2010

Solución

Xa cambiamos a hora. Agora todo irá mellor. 
Venderanse coches a mansalva e reducirase a polución. 
Imos acabar co paro e desaparecerán o déficit e maila especulación.
Xa non haberá terrorismo, transfuguismo nin opresión. Desaparecerá o mal trato, a fame e maila corrupción. E sentados no banco da ledicia observaremos que pouco esforzo nos costou.
Non sei como carallo non demos antes con esta sinxela solución!

Foto: Banco. Unha hora antes e unha hora despois

36 comentarios:

paideleo dixo...

Cambiando a hora so notei omadrugón que nos fixo dar o Leo,a fame que pasei ata a hora do xantar e o cedo que marchou o sol.
Se iso é prosperarprefiro o de antes.

Anónimo dixo...

Bendito horario de inverno! Pena que se veña a noite tan cedo, pero lévase mellor madrugar polas mañás.
Téñoo claro.

Blogboreta dixo...

Carallo, nunca vin uns poucos minutos cargados de tanta ironía meu...

Hoxe mereces dous bicos.

fonsilleda dixo...

E logo ¿toleaches?, Jajajajajaja.
Seica é certo e a solución estivo aí, así de preto dende sempre, chega con o outono, como moitas cousas.
Poética foto en duas horas.

Carlosm dixo...

Dame a lixeira impresión de que nom es dos partidarios do cambio de hora. Vechese moita ironia hahaha. Miralle o lado bo, polo menos madrugaras menos durante un par de semans, despois todo volta a ser igoal. Saudos.Carlosm

Sun Iou Miou dixo...

E parece que se aforra moito en luz, non sei é onde, porque eu sigo levantándome de noite e agora termino de noite a xeira. As mentes iluminadas saberán.

Dilaida dixo...

E se engadimos o ben que rimou non pode saír a cousa mellor.
Bicos

Concha L. F. dixo...

Para que todo mudase conforme dis, non e suficiente con cambiar a hora. Creo... Ou non? Pero está ben iso de ver o mundo de maneira diferente cun simple movemento das agullas do reloxo.

Que diaño! Tés razón! Non sei como non atinara antes! Agora me explico por que durmo mellor estes días!

Biquiños pola nova.

Harmonía dixo...

Unha solución irónico-poética. Entón, démonos présa porque só quedan seis meses para arranxar todos os problemas que nos aflixen. En abril, volverán cambiar a hora e rematará ese "wonderful world" que ti auguras. Por soñar, que non sexa...
Xenial entrada, señor Chousa.

Harmonía dixo...

Aiii! Contei mal. Síntoo, pero teño que restar un mes: o cambio será o domingo 27 de marzo de 2011. Xa queda menos tempo de algarabía!

Chousa da Alcandra dixo...

O cambio de marzo ou abril vai ser mais jodido para os que madrugamos, á que si Harmonía?

Até parece que os bicos "pola nova" saben moitísimo mellor, Concha.

Vai ser do bo rollo do cambio horario, que sin saber se eu quería, véñenme as musas da poesía, Dilaida

A ver se van ser os iluminados os que aforran en luz, para vendérnola a nós, Sun Iou Miou?

Estou que rebecho co cambio. Non sei eu como podes deducir tal cousa negativa dun evento tan positivo, Carlosm ;-)

Pois menos mal que a foto fíxena antes do cambio. Se a fago agora sairía infinitamente mellor Fonsilleda

E que aturar moitos minutos ironizando (ou quen di iso, outros xerundios), ás veces é complicado Blogboreta.

Si, agora si; pero ós poucos días seguimos nas mesmas e xa non nos lembramos da "ventaxa" dos primeiros.Ademáis, é un rédito quepagaremos en marzo,Kaplan

Xa no lo cambian en fin de semana para que non nos atontemos de todo; pero aínda así...hai que adaptarse, non siPaideleo?

mariajesusparadela dixo...

Eu buscando, parva de min onde andaría a hipoteca do banco unha hora antes e unha hora despois...vaia por todolossantos, teño a hipoteca na caixa...

Merce dixo...

mmmm a min vaiseme o sol moi cedo... quedome sen luz e non me queda mais remedio que tratar de capturala facendo filigranas...

non sei eu se iste cambio será tan bó, sempre me quedei en dúbidas...

biquiños unha hora antes e unha hora despois ;)

busto.agolada dixo...

Non sei en que ano empezou esta leria do cambio de hora. Antes diso eu non notei que se vivise peor e pola parte do aforro tampouco.
A min este cambio antóllaseme inútil por moito que nos prediquen o das horas de luz e o aforro enerxético. Para min é peor que millóns de persoas teñamos que contariar dúas veces por ano o ritmo vital ao qu estamos afeitos. E no meu horario aproveito mellor a luz no horario anterior ao actual.
Apertas estimado Chousa, e grazas polo sano humor e ironía con que periodicamente nos ilustras.

matrioska_verde dixo...

a averdade é que sempre che comento couss do que escribes e nada das fotos, e esta gústame moito... o banquiño de madeira, a árbore...

¿e qué quere pensar na hora do demo vendo esta maravilla de paisaxe?

biquiños anoitecidos xaaín que non son nin as oito e media.

Chousa da Alcandra dixo...

As hipotecas concedidas antes do cambio horario tamén van ser condonadas. Fíxate se estamos de noraboa, MariaJesusParadela

Filigranas xa as fas todo o ano para amosarnos virguerías en cada imaxe que compartes (peloteando sigo sendo igual dende o cambio de hora) Merce

Eu tampouco o entendo moito. Antas e Agolada -e arredores- deben quedar fora dese microcosmos no que tanto se aforra mudando horario. Vai ti saber Busto.Agolada

E que falo tan ben, que ás veces non vos fixades na miña magnífica vertente como fotógrafo, raio!. Non teño avoas xa. Nótase moito, Aldabra?

AFRICA EM POESIA dixo...

Dizia mi mamã...
Soi galega con mucho gusto


Um besito de aveiro -portugal....

COR VERDE



Cor verde
Verde dos pinhais
E dos abetos
Que alegram
Os meus olhos...

----------

Olhos-os e vejo
Oa pássaros que chilreiam...
Que voam...
Que vivem plenamente...
A sua liberdade...

----------

E olho...
Fecho os olhos...
E sinto... que também eu...
Se fosse ave...

----------

Conseguiria ser...
Totalmente livre...


LILI LARANJO

Dylan dixo...

Em Portugal é igual. A mudança da hora fez desaparecer todos os problemas...

MartinAngelair dixo...

Qué guapo!



Mais ou menos Santiago, mirando para arriba.



(qué rabia me da non saber expresarme en este código que os inventades para ser mellor que mellor,...en expresarse,...:)





Dentro de nada xa nos atopamos.





Bico.
B.N.C.Ch.

Alís dixo...

Es claramente un partidario do cambio de horario, jajaja.
A mín gústame a vosa hora de inverno, porque paréceme que estou máis cerca da casa (agora só hai catro horas de diferencia, frente as seis que hai no voso verán).
Polo demáis, nunca entendín moi ben para qué sirve nin iso do aforro. Pero bueno, é que eu son moi cortiña...

Bicos pola vella e pola nova

susana moo dixo...

Xa vin onte, e te chamei poeta, pero non me atopo entón te chamo bombón (porque rima),
Bicos coa hora cambiada

Paz Zeltia dixo...

(chousiña, dime que fumas!)

esta foto da hora antes non é de antas!
e ainda non sendo... mira que bonitiña, que luz!


bico, (xa de volta das mini-vacacións)

Ginebra dixo...

¡Ojalá todo fuese tan fácil como éso!!!! Yo creo que ahorrar, lo que se dice ahorrar, se ahorra poco, pero bueno, si sirve para reducir la polución en ese ahorro energético, pues bueno está (al menos tienen la delicadeza de hacerlo en fin se semana:)))
Besos
p.d. de coche clásico a parque con árbol incluído , no está mal!!!!

Trasno dixo...

Vale, moléstache o cambio horario. Dacordo, escribes moi bonitiño. Perfecto, tés unha retranca moi ben armada...Pero Chousiña, ti no fondo eres un romático empedernidooooo. Mira que foto mais bucólica nos agasallas hoxeeee.
Un bicooo

Chousa da Alcandra dixo...

Aléndanme sempre as visitas todas, pero as do outro lado da raia especialmente. Ser galeg@ é grande, AFRICA EM POESIA
(Benvida!)

Ademáis do antedito, teño que congratularme de que similares remedios atopen iguais solucións tamén en Portugal, Dylan

Atinaches!. No de guapo e no de Santiago jajaja.E vai ser toda unha descuberta ese encontro MartinAngelair

Entón xa ten un beneficio importante, se nos achega a tod@s @s galeg@s do outro lado do rio grande. Voulle quitar contras ó cambio, Alís

Guau!, pois se sigues subindo o tono da adicatoria, case lle pido a Blogger que che estragase este comentario tamén. Claro que me podo derreter. Os dous piropos me gustaron, Susana Moo

Fumo aires de Antas polas mañáns cediño e brisas de Alvidrón nas tardes soleadas. Mira ti que resultado producen capturadas por un ullán as costas dun parque santiagués, Zeltia

Agradecémoslles a delicadeza de facérnolo en sábado sabadete. Pero quedar quedamos igual de jodidos este luns-martes Ginebra
(Xa sabes que rodando rodando...fanse malabarismos. E neste parque ben lucía aquel clásico!)

Teño que renderme á perspicacia dun/dunha trasno/a con tanta capacidade deductiva. Pilláchesme coas cartas destapadas e, por riba, faroleando, Trasno

Maribel-bel dixo...

Se añades que deixaremos de fumar porque non quedan espazos e que o Benedicto marcha(afórranse miles de euros, por a súa estancia)teremos un ano productivo e rirémonos da crisi. E que as sabes todas..Bicos, xa máis tranquilizada.

Marisa dixo...

Se cambiando a hora
cambiara todo o demáis
estaríamos coma nunha
noria para diante e
para atrás tódolos días.
Coido que ó banco
da ledicia inda lle
queda moito que esperar.

Biquiños

la cocina de frabisa dixo...

Hay mucha gente que dice que esto del cambio de hora no le afecta, que es una tontería, etc. etc.

Pues para mí, es very importante. Este cambio de hora le va bárbaro a mi cuerpo, me acuesto antes, duermo más horas, me levanto más descansada, etc. etc. Me joroba un poco la hora de la comida porque como tardísimo, pero con eso puedo.

Así que no pienses que el cambio de hora es cuestión baladí. La misma repercusión que tiene en mí puede tenerla en importantes ejecutivos del país que producto de su mejor descanso y humor, decidan crear más empleo ¿no te lo crees? pues....creo que yo tampoco.

bicos e boa semana

Raposo dixo...

Será verdade todo eso, pero eu do único que me decatei é que ó meu reloxo biolóxico cústalle adaptarse o novo regulamento horario.
Apertas co horario de antes!!!

Chousa da Alcandra dixo...

Bieito16 seica ven virar co avión a esta esquina, camiño de Barcelona. Parece que os avións romanos roucean con dificultades, Maribel-bel

Non me digas que ti eres das pouco confiadas en que esto de apurar as agullas dos reloxos é un xeito de collerlle a agulla de marear ós males todos, Marisa?

Deches un excelente exemplo de lectura positiva das cousas. Sempre hai cousas boas en cada decisión, o que pasa é que non sempre son doadas de atopar Frabisa

A intención non acabo de entendela, xa que os argumentos de luz natural parecen trascanteados. Cando nos afagamos, a nova volverá ser a vella Rula

Eu ando tentando adaptarme e a tarefa non me resulta nada doada. Ti e mais eu debemos ser da mesma manada, Raposo

São dixo...

Aqui , além da mudaça da hora, já temos o abençoado Orçamento aprovado embora com os dois Partidos maiores esgatanhando-se...mas melhoras nenhumas!

Bico

Chousa da Alcandra dixo...

E nin con estas mudanzas horarias somos capaces de igualar os nosos reloxos, São

mariola dixo...

Esta hora nova co que vai acabar e coa nosa saúde por quitarnos unha hora máis de claridade, como se no inverno en galicia abondara moito; debería estar prohibido.
Gústame o ritmo que lle diches o texto, todo rimadiño, como unha canción,( mellor, polución, especulación,opresión,corrupción, costou, solución).Creo que vale para unha canción protesta.
PD- a imaxe preciosa, bicos

Anónimo dixo...

Levo tempo a preguntarme de quén foi a idea. Pero curiosamente non teño moito interese pola resposta. Algo tolo si que estou, seino...

Apertas

Kim Basinguer dixo...

¿Es que estamos todos muertos?

irene dixo...

Yo siempre me lío con el cambio de hora, además no entiendo muy bien el beneficio, lo que no va en lágrimas va en suspiros.
La foto es preciosa, independientemente de la hora a que la hicieras.
Bicos, Chousa.