Xa cambiamos a hora. Agora todo irá mellor.
Venderanse coches a mansalva e reducirase a polución.
Imos acabar co paro e desaparecerán o déficit e maila especulación.
Xa non haberá terrorismo, transfuguismo nin opresión. Desaparecerá o mal trato, a fame e maila corrupción. E sentados no banco da ledicia observaremos que pouco esforzo nos costou.
Non sei como carallo non demos antes con esta sinxela solución!
Foto: Banco. Unha hora antes e unha hora despois
Cambiando a hora so notei omadrugón que nos fixo dar o Leo,a fame que pasei ata a hora do xantar e o cedo que marchou o sol.
ResponderEliminarSe iso é prosperarprefiro o de antes.
Bendito horario de inverno! Pena que se veña a noite tan cedo, pero lévase mellor madrugar polas mañás.
ResponderEliminarTéñoo claro.
Carallo, nunca vin uns poucos minutos cargados de tanta ironía meu...
ResponderEliminarHoxe mereces dous bicos.
E logo ¿toleaches?, Jajajajajaja.
ResponderEliminarSeica é certo e a solución estivo aí, así de preto dende sempre, chega con o outono, como moitas cousas.
Poética foto en duas horas.
Dame a lixeira impresión de que nom es dos partidarios do cambio de hora. Vechese moita ironia hahaha. Miralle o lado bo, polo menos madrugaras menos durante un par de semans, despois todo volta a ser igoal. Saudos.Carlosm
ResponderEliminarE parece que se aforra moito en luz, non sei é onde, porque eu sigo levantándome de noite e agora termino de noite a xeira. As mentes iluminadas saberán.
ResponderEliminarE se engadimos o ben que rimou non pode saír a cousa mellor.
ResponderEliminarBicos
Para que todo mudase conforme dis, non e suficiente con cambiar a hora. Creo... Ou non? Pero está ben iso de ver o mundo de maneira diferente cun simple movemento das agullas do reloxo.
ResponderEliminarQue diaño! Tés razón! Non sei como non atinara antes! Agora me explico por que durmo mellor estes días!
Biquiños pola nova.
Unha solución irónico-poética. Entón, démonos présa porque só quedan seis meses para arranxar todos os problemas que nos aflixen. En abril, volverán cambiar a hora e rematará ese "wonderful world" que ti auguras. Por soñar, que non sexa...
ResponderEliminarXenial entrada, señor Chousa.
Aiii! Contei mal. Síntoo, pero teño que restar un mes: o cambio será o domingo 27 de marzo de 2011. Xa queda menos tempo de algarabía!
ResponderEliminarO cambio de marzo ou abril vai ser mais jodido para os que madrugamos, á que si Harmonía?
ResponderEliminarAté parece que os bicos "pola nova" saben moitísimo mellor, Concha.
Vai ser do bo rollo do cambio horario, que sin saber se eu quería, véñenme as musas da poesía, Dilaida
A ver se van ser os iluminados os que aforran en luz, para vendérnola a nós, Sun Iou Miou?
Estou que rebecho co cambio. Non sei eu como podes deducir tal cousa negativa dun evento tan positivo, Carlosm ;-)
Pois menos mal que a foto fíxena antes do cambio. Se a fago agora sairía infinitamente mellor Fonsilleda
E que aturar moitos minutos ironizando (ou quen di iso, outros xerundios), ás veces é complicado Blogboreta.
Si, agora si; pero ós poucos días seguimos nas mesmas e xa non nos lembramos da "ventaxa" dos primeiros.Ademáis, é un rédito quepagaremos en marzo,Kaplan
Xa no lo cambian en fin de semana para que non nos atontemos de todo; pero aínda así...hai que adaptarse, non siPaideleo?
Eu buscando, parva de min onde andaría a hipoteca do banco unha hora antes e unha hora despois...vaia por todolossantos, teño a hipoteca na caixa...
ResponderEliminarmmmm a min vaiseme o sol moi cedo... quedome sen luz e non me queda mais remedio que tratar de capturala facendo filigranas...
ResponderEliminarnon sei eu se iste cambio será tan bó, sempre me quedei en dúbidas...
biquiños unha hora antes e unha hora despois ;)
Non sei en que ano empezou esta leria do cambio de hora. Antes diso eu non notei que se vivise peor e pola parte do aforro tampouco.
ResponderEliminarA min este cambio antóllaseme inútil por moito que nos prediquen o das horas de luz e o aforro enerxético. Para min é peor que millóns de persoas teñamos que contariar dúas veces por ano o ritmo vital ao qu estamos afeitos. E no meu horario aproveito mellor a luz no horario anterior ao actual.
Apertas estimado Chousa, e grazas polo sano humor e ironía con que periodicamente nos ilustras.
a averdade é que sempre che comento couss do que escribes e nada das fotos, e esta gústame moito... o banquiño de madeira, a árbore...
ResponderEliminar¿e qué quere pensar na hora do demo vendo esta maravilla de paisaxe?
biquiños anoitecidos xaaín que non son nin as oito e media.
As hipotecas concedidas antes do cambio horario tamén van ser condonadas. Fíxate se estamos de noraboa, MariaJesusParadela
ResponderEliminarFiligranas xa as fas todo o ano para amosarnos virguerías en cada imaxe que compartes (peloteando sigo sendo igual dende o cambio de hora) Merce
Eu tampouco o entendo moito. Antas e Agolada -e arredores- deben quedar fora dese microcosmos no que tanto se aforra mudando horario. Vai ti saber Busto.Agolada
E que falo tan ben, que ás veces non vos fixades na miña magnífica vertente como fotógrafo, raio!. Non teño avoas xa. Nótase moito, Aldabra?
Dizia mi mamã...
ResponderEliminarSoi galega con mucho gusto
Um besito de aveiro -portugal....
COR VERDE
Cor verde
Verde dos pinhais
E dos abetos
Que alegram
Os meus olhos...
----------
Olhos-os e vejo
Oa pássaros que chilreiam...
Que voam...
Que vivem plenamente...
A sua liberdade...
----------
E olho...
Fecho os olhos...
E sinto... que também eu...
Se fosse ave...
----------
Conseguiria ser...
Totalmente livre...
LILI LARANJO
Em Portugal é igual. A mudança da hora fez desaparecer todos os problemas...
ResponderEliminarQué guapo!
ResponderEliminarMais ou menos Santiago, mirando para arriba.
(qué rabia me da non saber expresarme en este código que os inventades para ser mellor que mellor,...en expresarse,...:)
Dentro de nada xa nos atopamos.
Bico.
B.N.C.Ch.
Es claramente un partidario do cambio de horario, jajaja.
ResponderEliminarA mín gústame a vosa hora de inverno, porque paréceme que estou máis cerca da casa (agora só hai catro horas de diferencia, frente as seis que hai no voso verán).
Polo demáis, nunca entendín moi ben para qué sirve nin iso do aforro. Pero bueno, é que eu son moi cortiña...
Bicos pola vella e pola nova
Xa vin onte, e te chamei poeta, pero non me atopo entón te chamo bombón (porque rima),
ResponderEliminarBicos coa hora cambiada
(chousiña, dime que fumas!)
ResponderEliminaresta foto da hora antes non é de antas!
e ainda non sendo... mira que bonitiña, que luz!
bico, (xa de volta das mini-vacacións)
¡Ojalá todo fuese tan fácil como éso!!!! Yo creo que ahorrar, lo que se dice ahorrar, se ahorra poco, pero bueno, si sirve para reducir la polución en ese ahorro energético, pues bueno está (al menos tienen la delicadeza de hacerlo en fin se semana:)))
ResponderEliminarBesos
p.d. de coche clásico a parque con árbol incluído , no está mal!!!!
Vale, moléstache o cambio horario. Dacordo, escribes moi bonitiño. Perfecto, tés unha retranca moi ben armada...Pero Chousiña, ti no fondo eres un romático empedernidooooo. Mira que foto mais bucólica nos agasallas hoxeeee.
ResponderEliminarUn bicooo
Aléndanme sempre as visitas todas, pero as do outro lado da raia especialmente. Ser galeg@ é grande, AFRICA EM POESIA
ResponderEliminar(Benvida!)
Ademáis do antedito, teño que congratularme de que similares remedios atopen iguais solucións tamén en Portugal, Dylan
Atinaches!. No de guapo e no de Santiago jajaja.E vai ser toda unha descuberta ese encontro MartinAngelair
Entón xa ten un beneficio importante, se nos achega a tod@s @s galeg@s do outro lado do rio grande. Voulle quitar contras ó cambio, Alís
Guau!, pois se sigues subindo o tono da adicatoria, case lle pido a Blogger que che estragase este comentario tamén. Claro que me podo derreter. Os dous piropos me gustaron, Susana Moo
Fumo aires de Antas polas mañáns cediño e brisas de Alvidrón nas tardes soleadas. Mira ti que resultado producen capturadas por un ullán as costas dun parque santiagués, Zeltia
Agradecémoslles a delicadeza de facérnolo en sábado sabadete. Pero quedar quedamos igual de jodidos este luns-martes Ginebra
(Xa sabes que rodando rodando...fanse malabarismos. E neste parque ben lucía aquel clásico!)
Teño que renderme á perspicacia dun/dunha trasno/a con tanta capacidade deductiva. Pilláchesme coas cartas destapadas e, por riba, faroleando, Trasno
Se añades que deixaremos de fumar porque non quedan espazos e que o Benedicto marcha(afórranse miles de euros, por a súa estancia)teremos un ano productivo e rirémonos da crisi. E que as sabes todas..Bicos, xa máis tranquilizada.
ResponderEliminarSe cambiando a hora
ResponderEliminarcambiara todo o demáis
estaríamos coma nunha
noria para diante e
para atrás tódolos días.
Coido que ó banco
da ledicia inda lle
queda moito que esperar.
Biquiños
Hay mucha gente que dice que esto del cambio de hora no le afecta, que es una tontería, etc. etc.
ResponderEliminarPues para mí, es very importante. Este cambio de hora le va bárbaro a mi cuerpo, me acuesto antes, duermo más horas, me levanto más descansada, etc. etc. Me joroba un poco la hora de la comida porque como tardísimo, pero con eso puedo.
Así que no pienses que el cambio de hora es cuestión baladí. La misma repercusión que tiene en mí puede tenerla en importantes ejecutivos del país que producto de su mejor descanso y humor, decidan crear más empleo ¿no te lo crees? pues....creo que yo tampoco.
bicos e boa semana
Será verdade todo eso, pero eu do único que me decatei é que ó meu reloxo biolóxico cústalle adaptarse o novo regulamento horario.
ResponderEliminarApertas co horario de antes!!!
Bieito16 seica ven virar co avión a esta esquina, camiño de Barcelona. Parece que os avións romanos roucean con dificultades, Maribel-bel
ResponderEliminarNon me digas que ti eres das pouco confiadas en que esto de apurar as agullas dos reloxos é un xeito de collerlle a agulla de marear ós males todos, Marisa?
Deches un excelente exemplo de lectura positiva das cousas. Sempre hai cousas boas en cada decisión, o que pasa é que non sempre son doadas de atopar Frabisa
A intención non acabo de entendela, xa que os argumentos de luz natural parecen trascanteados. Cando nos afagamos, a nova volverá ser a vella Rula
Eu ando tentando adaptarme e a tarefa non me resulta nada doada. Ti e mais eu debemos ser da mesma manada, Raposo
Aqui , além da mudaça da hora, já temos o abençoado Orçamento aprovado embora com os dois Partidos maiores esgatanhando-se...mas melhoras nenhumas!
ResponderEliminarBico
E nin con estas mudanzas horarias somos capaces de igualar os nosos reloxos, São
ResponderEliminarEsta hora nova co que vai acabar e coa nosa saúde por quitarnos unha hora máis de claridade, como se no inverno en galicia abondara moito; debería estar prohibido.
ResponderEliminarGústame o ritmo que lle diches o texto, todo rimadiño, como unha canción,( mellor, polución, especulación,opresión,corrupción, costou, solución).Creo que vale para unha canción protesta.
PD- a imaxe preciosa, bicos
Levo tempo a preguntarme de quén foi a idea. Pero curiosamente non teño moito interese pola resposta. Algo tolo si que estou, seino...
ResponderEliminarApertas
¿Es que estamos todos muertos?
ResponderEliminarYo siempre me lío con el cambio de hora, además no entiendo muy bien el beneficio, lo que no va en lágrimas va en suspiros.
ResponderEliminarLa foto es preciosa, independientemente de la hora a que la hicieras.
Bicos, Chousa.