xoves, 28 de outubro de 2010

Caravilla

Todos temos segredos.
Algúns incluso resultan inconfesables. Imaxinemos por un intre que os nosos pensamentos quedasen expostos á vista e interpretación de todo aquel que nos mirase. Qué perigo!.
Menos mal que contamos co recurso da caixa forte da intimidade pechada coa caravilla da discreción.
Tras mecanismos así de sinxelos gardamos asuntos  ben complexos, ideas sumamente perversas ou puntillas levemente almidonadas.

Foto: Alta tecnoloxía en seguridade

33 comentarios:

  1. E logo temos o blog e Facelibro pra ir e cascalo todo... xDD

    Bicos vincalleiros ;)

    ResponderEliminar
  2. "Foto: Alta tecnoloxía en seguridade"
    Hoxe quédome ca frase ou slogan que pos. Fíxome rir.

    O post, qué queres que che diga, as veces ocorre xuxtiño o contrario: calamos cousas que teríamos que berrar.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Todos... e incluso TODAS temos segredos!
    Fago esta matización de xénero, pois a verdade é que nese TODOS que apuntas non me sinto incluída e, coma todas as persoas, eu tamén teño segredos... Coma ti.

    Volvendo ao conto, os segredos é mellor pechalos con sete cadeados. A caravilla non sempre os protexe de miradas indiscretas. O que pasa ás veces é que tanto os cadeados coma as caravillas son transparentes e... Aí está o problema! Que as puntillas asoman por algures e as perversidades xermolan aínda que non queiramos!

    ResponderEliminar
  4. No interesa mucho eso de saber todos los secretos de los demás, yo al menos dejo muchos sin que se sepan...

    ;)

    Besicos

    ResponderEliminar
  5. É verdade que gardamos miles de rexistros, que se quitamos a caravilla incluso parecería que temos unha doble personalidad ou unha doble vida. Mellor, seguir protexéndonos para que non nos copien, cuestión de seguridade e de protección da datos(por facenda). Biquiños

    ResponderEliminar
  6. Coma a caravilla da foto xa quedan poucas e é unha magoa, eran moi prácticas.
    Prefiro non imaxinar que os pensamentos puidesen quedar expostos ao público, eu non sabería onde meterme, sempre teño malos pensamentos e como deixei de confesarme, xa non lembro cando,non sei se é por iso ou porque me vou facendo máis vella, dígoche que ás veces son inconfesables.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. As carabilhas som cousa boa para a esses segredos inconfesáveis que cada quem tem mas há coussas que ningunha carabilha pode gardar e que tarde ou cedo saem. O pensamento ao final é praxe :D

    Um saúdo

    ResponderEliminar
  8. Si! menos mal que podemos gardar certas cousas baixo chave...Non quero nin imaxinar se todo o que nos gardasemos salise a luz algunha vez.
    Bicos para Antas...han de chegar un pouco enchoupados de auga..:)

    ResponderEliminar
  9. Ay!!! esquecin a combinacion da miña caixa forte...

    ;)

    ResponderEliminar
  10. É por iso que tanto me gusta interné. precisamente porque coñecemos á xente dende detrás da caravilla, que persoalmente é o que mais me fascina da xente, eses pensamentos, esa puntillas,...

    ResponderEliminar
  11. Atopaches unha caravilla
    que sabe Deus cantas
    cousas leva gardadas,
    aínda que non sexa tan
    aferruxada, qué sería dos nosos pensamentos se non tivesen
    unha caravilla.

    Bicos e apertas

    ResponderEliminar
  12. ideas sumamente perversas eu non teño. Non son nada interesante!
    (non agocho depravacións, corrupcións nin perfidias, se acaso algunhas ruindades, pequenas mezquindades coma o resto do mundo)

    A idea de que os nosos pensamentos quedasen expostos á vista dos outros é terrible,
    pero é cousa diferente "manter segredos" ... o segredo implica unha acción, ou un coñecemento que se mantén oculto.
    E xa sabes o que se di:
    se o segredo é pequeno, non vale a pena gardalo... e cando o segredo vale a pena, entón non se da gardado!!
    :D

    gustoume a caravilla,
    a foto da caravilla
    e a idea que tiveches de enlazala cos segredos.

    Un bico para tí, en público.

    ResponderEliminar
  13. IDEAS PERVERSAS E PUNTILLAS LEVEMENTE ALMIDONADAS. A saber en que andabas ti pensando cando escribiches isto. Seguro que non se pode esconder baixo unha caravilla coma esa jajaja

    ResponderEliminar
  14. Mimá, so pensar que todos os segredos quedan descubertos pon medo. Ata o punto que xa non sei se me pon mais medo saber os dos outros ou que os demais saibades os meus.
    A foto da caravilla para o blog quedouche moi bonita, pero para gardar certos segrediños, mellor que escollas outras tecnoloxías.

    Un bico

    ResponderEliminar
  15. Xa me quedo coa palabra caravilla.
    Qué fermosísima me parece a palabra. Tíñaa perdida non sei onde, ao lonxe.
    Graciñas, Chousa.

    ResponderEliminar
  16. eu tamén estou de acordo con aquelo que dí: non hai como decir a verdade para que ninguén che crea.

    bicos,

    ResponderEliminar
  17. Ademais, todos mentimos, unhas veces máis e outras veces menos. Así tamén tapamos o que non queremos que os demais saiban.
    Logo está o que facemos nos blogos, onde se cadra un conta a verdade,toda a verdade e nada que non sexa a verdade pero, iso si, no puro anonimato.
    Moitas das cousas que conto de min non as saben os que máis perto viven de min.
    Saúdos sinceros

    ResponderEliminar
  18. E temos algúns que nin sequera nós xa podemos ver, que, aínda que o mecanismo é sinxelo, non o podemos soltar e segue pechando forte a memoria.

    ResponderEliminar
  19. Cando mirei a foto pensei en outra opciom bem diferente: pensaba en apretarlle as caravillas a alguem.
    Já vejo que a ti non hai quen tal cousa che faga, asim que continuo admirando como argallas.
    Coidado cos secretos, se deixan de selo perden a esencia hahaha. Saudos. Carlosm

    ResponderEliminar
  20. Un pecho que sempre me chamou a atención; as portas ou ventás con caravilla, sempre encerran algo de maxia... que invita a abrilas.
    En canto aos segredos, a mellor caravilla? Non contalos!!

    ResponderEliminar
  21. Ten razón o sabio que di que somos donos do noso silencio e esclavos das nosas verbas.
    Poñamos unha caravilla nas nosas bocas !.

    ResponderEliminar
  22. Que bonita palabra para describir la llave que guarda secretos. Los molinos tambien tenian llaves y había quien en ellos entraba.


    E.

    ResponderEliminar
  23. Pues sí, todos tenemos secretos y cosas inconfesables, y éso creo que es positivo, pues no todo debe airearse, no todo debe darse a conocer pues no todo el mundo sabe interpretar las circunstancias y sabe entender, pero sí juzgar...
    Te dejo besos de vuelta.

    ResponderEliminar
  24. Respostando a un paxariño, direi que a caravilla pode parecer feble para termar dos segredos; pero téñase en conta que ésta so frena a posible saída (de dentro para fora); no caso de que alguén quixera entrar a coñecelos, en case todos os casos hai por dentro unha tranca que os protexe (de fora para dentro).

    Así que sigamos coa caravilla espetada na pedra e penetrando na madeira, protexendo intimidades e salvagardando segredos.

    E agora vou xantar, que os reloxos van "pola nova", pero o meu estómago quere ir "pola vella"

    ResponderEliminar
  25. Pois íache dicir unha cousa pero é un segredo, con caravilla e todo, he, he!!!

    ResponderEliminar
  26. Sabes o problema? Que cando algo está pechado, morremos por abrilo e imaxinamos e confiamos. Nalgunhas ocasións o que hai detrás non cumpre as expectativas. Outras, si. E lamentablemente nalgunha ocasión estamos tan obsesionados por ver o que hai tras dun muro que perdemos de vista a realidade que, ás veces, sería moito máis fermosa e interesante que o que agochan as pechaduras.

    ResponderEliminar
  27. Um segredo que se guarda é um valor que acrescentamos ao nosso carácter.
    Um beijo.

    ResponderEliminar
  28. Caravilla!! Cantos anos sin escoitar esa palabra!

    Segredos todos temos e non, non quixera eu que os meus pensamentos quedasen expostos. Non todos, polo menos.

    Bicos

    ResponderEliminar
  29. Ni pensar quiero lo terrible que sería que se abriese la puerta de los secretos, además, qué aburrimiento de vida tener todo al descubierto, ¿o no?, jajaja, pondré otro candado a esa puerta.
    Biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar
  30. Como non imos ter segredos os pequeniños (e pequeniñas), se ata os gobernantes confesan que hai segredos de estado.
    Non debería resultar nada raro que na heráldica de algún país aparecesen, baixo un león rampante, duas caravillas cruzadas.

    E, sen segredos nin ocultismos, marcha outubro para deixanos nas mans de novembro. Marcha chovendo e chega con choivas. Abriremos, xa que logo, os nosos paraugas.

    ResponderEliminar
  31. E despois sempre queda o pracer de levantar un case nada a caravilla e segredar ao ouvido.

    ResponderEliminar
  32. Había moito que non escoitaba esta palabra,"caravilla". Gústame moito, e o paralelismo que fas dela tamén. saúdos pechadiños.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: