Tanto nos din que hai que conservar as especies todiñas. Tanta insistencia [compartida] en que somos herdeiros dunha riqueza que debemos deixar [íntegra] en legado...
Tan reiterados avisos nesa liña eran necesarios; pero [carallo!] a Xunta colleuno tan ó peíño da letra, que xa estou vendo cando detrás dun valado estaremos os humáns en reserva concentrada, mentras pola corredoira campa un pastor alemán con pasaporte diplomático...
Foto: Saberá ler o lobo?
Non che estou enteirada da movida, pero deixa o pastor alemán quedo, logo virán os do goberno central, quitaránlle o posto, o can chorará e xa teremos ó Reverte chámandoo imbécil... e hai que respeitar a todalas especies, inda que a nosa era pra coller a algún e esganalo.
ResponderEliminarFunme polas ramas creo....
Biquiños pastorais. :*
nunca vín eses letreiros e tampouco sabía da súa existencia, a partir de ahora estarei más atenta.
ResponderEliminarbiquiños,
No te extrañes de nada, aún veremos cosas que no podemos imaginar ni de lejos.
ResponderEliminarYo quiero conservar mi capacidad de sorpresa, es bueno para la piel y así me conservo mejor :))
bicos
(por cierto, te he respondido en mi blog al comentario que has dejado, que ya te vale ehhh)
E mentres o cuxo aproveita para merendar...
ResponderEliminarNon me negarás que a algúns humanos non lle vería mal estar en "reserva concentrada" unha temporada, a ver se se concentran ou se descentra de todo dunha vez.
Gustoume moito a anécdota que me contaches do tío Facundo. Avisarei aos meus para que se fan o que lles pido non se poñan contra o vento.
Bicos
Pois non sabes as voltiñas que tivo que dar o dono do lameiro para conquerir ise carteliño. A miña "zarra do cuteiro " tamén é "refuxio de fauna" e foi posto para que os cazadores o respeten. En resposta, o ano que puxen os carteis, atopei no valado un raposo cun tiro e unha cabicha na boca...desta banda haille moito respecto pola lei. Daquela, chorei coma unha parva.
ResponderEliminarVou facer un letreiro ó meu gato...
ResponderEliminarE comparto con Dialaida, alguns humanos viñalles ben un tempiño de concentración.
Biquiños
o do pastor alemán non irá con retranca?
ResponderEliminar(o certo e que despois de ler o comentario de maría jesus, foiseme a gana de bromear).
A verdade, é que todo ten que darse na súa xusta medida, pero a maioría das veces perdemos o norte,
ResponderEliminarsaúdos.
Foi ler o título do post e o cartel que aparece na imaxe, inmediatamente intuín de que "pastor" estabas falando. Situándonos no contexto destes días, non era difícil adiviñar. Cando cheguei á última frase, deume a risa...
ResponderEliminarMoi oportuno!!
[Integridade!?!?...]
Aquí aínda non é moi evidente pero... que é senón as reservas de indios nos USA?
ResponderEliminarUn saúdo
Tendo en conta a cantidade de explotacións gandeiras que están a pechar non me extrañaría que dentro duns anos a foto tivera bastante sentido.
ResponderEliminarFarta estou eu de que me caian perdigons no tellado da miña casa!!!
ResponderEliminarFarta de cruzarme polo monte (camiños eh? non monte a través) con cazadores coas escopetas pechadas!!!
A miña arma non e mais que unha camara de fotos, digoche que me da medo sair o monte, e agora no outono esta todo tan bonito!!! pero...
E que eu tamen me quedei co comentario de Maria Jesus...
Espero que o pastor alemán non veña mordernos moito nos zancos. E en todos os casos confio en que esteña vacunado e co microchip actualizado
ResponderEliminarSaudos
É certo. O comentario de María Jesús quitan as ganas de bromear. Algunhos da especie humana xa se poderían ir extinguindo. Pero non hai coidado, eles sobrevivirán a todo, como as cucarachas.
ResponderEliminarOutros sí deberían estar detrás dun cartel de especie protexida. O malo é que quenes deciden a quén hai que protexer seguro que non queren.
Bicos dende o refuxio
Moitos dos que nos gobernan son os que en realidade deberían estar gardados detrás desas reixas, e os pastores alemáns fóra do alcance deles por se son mordidos.
ResponderEliminarE non che han tardar moito... a algúns xa lles van botar os cans enriba este sábado...
ResponderEliminarBico!
A algún especímen da nosa especie non merecía selo Blogboreta
ResponderEliminarHai que sair maís do asfalto para ver as cousas da aldea Aldabra
Resultado:unha tía-avoa cun cutis xenial; á que si, ?
O cuxo é o mais listo desta historia, Dilaida
A miña intención era unha coña e fixeches poñernos serios mariajesusparadela
Seguro que o teu gato está protexido abondo Ana
Evidentemente, vai, Zeltia
Hai veces nas que mesmo se perde a brúxula enteira, Mariola
Coa de cans depa palleiro que temos...que falta facía que viñera este Harmonía
A este paso...a todo chegaremos, Jorge
Esa tamén era a idea do texto, aínda que a revirei abondo despois Raposo
As escopetas danme medo incluso descargadas Merce
Eu tamén ando polo refuxio, tentando facer o que fai o cuxiño Alís
Homo homini...xa sabes o conto como vai Kaplan
Sinto tervos provocado tristura. Non era a miña intención. Provocar si, pero tristura non. Tentarei recompensarvos
Este sábado por Compostela paseará o pastor alemán. Morderano os cans de palleiro, A do outro lado da xanela?
ResponderEliminarJe je!! mandarlo con un bozal ....por si acaso !!! ;).Tus vacas ...preciosas !!. Saludos des de Catalunya . Anna
ResponderEliminarÓ mellor habería que ter especificado o tipo de fauna. Só polo lobo...
ResponderEliminarE mira ti, eu preferia atopar o pastor alemán, ainda que tivera o pasaporte ese, que algún outro tipo de "especie".
Bicos.
Boeno, moitos de nós por moito pastor que veña, como non somos ovellas, pois que ladre.
ResponderEliminarÁs veces é o que merecemos, a natureza tenta devolvernos o que nos lle roubamos. Tranquilo que pasas por debaixo do pastor, eu espérote con unha cervexa. Bicos
ResponderEliminarNom me digas que non e uma image moi tenra. O becerrinho mamando e insuperable.
ResponderEliminarE logo ti non vas ver o pastor aleman? Non deberias desperdiciar esta oportunidade de olhalo.Saudos.Carlosm
El pastor alemán es afectuoso con la familia, excelente guardián, valiente y protector con los niños.
ResponderEliminarPredica en el templo y en el refúxio.
Yo tuve uno pero lo he vendido porque no hablaba español... ;-)
Un beso pastoril
Pois estache ben iso do Refuxio de Fauna. Aínda van acabar nel uns cantos animaliños "desprotexidos"!
ResponderEliminarAs vacas, coma sempre, ben fermosas, si señor!
Saudiños.
Ola Chousa. Escríboche desde Compostela vía satélite.Stop. Un grupo de fieis estamos agardando polo alemán.Stop A ver se a néboa o deixa chegar.Stop.Xa rezaremos por ti tamen.Stop.
ResponderEliminarBicos.Stop
Mellor sería que o lobo
ResponderEliminarnon saiba ler, pensaría
que ten dereitos para pasar o refuxio das vacas.
Bicos e bo fin de semana.
Jajaja pero ti es un irreverente compulsivo Chousiña. Van a excomulgarte e meterte nunha reserva (se o fan recomendame a min para que me leven tamen ;-))
ResponderEliminarBicos e ladridos
Embozado vai; pero aínda así tede tino
ResponderEliminarO cartel non daba para máis especificacións, Fonsilleda
Aínda non sendo ovellas, sempre hai colateralidades Susana Moo
Se me esperas ó outro lado, aínda que sexa sen cervexa, salto por riba Maribel-bel
Sempre hai tenrura cando alguén mama, Carlosm?
Pagaríancho ben, se falaba galego, Lucrecia Borgia!
A saber cal vai ser o noso refuxio, Nena do Paraugas
Algunha corresponsal do blogomillo tiña que haber A.C.
Os lobos saben ler nos ollos de todas as carapuchiñas Marisa
Antes irreverente que sinxelo Trasno!
¿Y si encerramos al pastor alemán?
ResponderEliminarOs humanos xa estamos detrás dun valado, Chousa, ben pexados.
ResponderEliminarLa fauna deberíamos estar libres y fuera de peligro, a los que hay que encerrar es a los lobos, y al pastor alemán, si quieren, que lo metan en una urna.
ResponderEliminarMoitos bicos.
Un pastor alemán que xogou ás cartas cos cochos (que semellaban os de Orwell) e esqueceu a súa nacencia.
ResponderEliminar