Unha escolta de trinta mil formigas en terra e cincoenta enxamios controlando as alturas.
Alumean o camiño, amenizado por trece corais de grilos, cen ducias de vermes carpinteiros. O chan branco está engalanado polas ás de oito mil bolboretas e salpicado de xoaniñas costureiras.
Elixires de dous millóns de follas recén caidas e musgo mollado embriagando o ar. Todo está quedo, silente, preparado para o evento: vai falar o saltón debaixo da sombrilla dun sapo.
Foto: Outono engalanado.
Non sei por qué, pero estaba convencida de que non perderías oportunidade de falar do evento, jejeje. Qué tal vao o outono polo centro xeográfico de Galicia?
ResponderEliminarNo entiendo ni jota, pero la foto me ha gustado mucho y el blog en general tambien. Una pena que no publiqués en español.
ResponderEliminarSupoño que falas do evento papal, non? Biquiños
ResponderEliminarBoa alegoría do macroevento.
ResponderEliminarCeos, que mágoa me deu compartir magosto e loaira cuns amigos hoxe !.
Jajajaja miña mai tamen lles chama "sombrillas dos sapos" as setas. Fixechesme rir con esta historia de BICHOS.
ResponderEliminarBICOS
Salpicado de vida.
ResponderEliminarMuy bonito.
Bicos.
B.N.C.Ch.
Ten cuidado con las setas, Chousa. Algunas son altamente tóxicas jajaja
ResponderEliminarParece que la visita del Sumo Pontífice te impactó, que le has dedicado dos entradas. Personalmente me ha gustado un pelín mas esta (aunque lo de pastor alemán estuvo muy divertido).
Un beso
E.
Non sei se sería éste o post que máis me gustou de todos cantos tes, tanto pola foto coma polo texto [bueno, igual me estou pasando]
ResponderEliminarE logo de que evento falas?. Porque as follas aínda que non fan ruido o caer si que o fan se as pisas. E, silente?, quedo? onde foi tal?
ResponderEliminarChousiña, estás a te trabucar.
Ainda que ben me gustaría ver un sapo que o falar xuntara corais de grilos, os vermes a ducias, as bolboretas de todo o orbe, xunto as xoaniñas...
!O maxín ao poder!..., e ti dende logo.
O evento xa foi e todos con el
Bicos
En un atardecer de otoño, se levanta el telón y suena la música y cual conejillos ebrios , entran saltando y se acurrucan sobre el mojado y putrefacto follaje, y a lo lejos y en las alturas contemplan a los insensibles leones sentados en sus tronos de suaves y mullidas hojas hojas. Y son felices porque hoy no les servirán de aperitivo, pues ya se ha pagado la bula, los gordos seguirán llenándose la panza y los flacos muriéndose de hambre, ciertamente ¿ a quien le preocupa que vivamos en un país para pobres?
ResponderEliminarHaite moito becho PaPanatas...
ResponderEliminarBicos acogumelados :*
Chousaaaaaaaaaaa, esa seta é á miña casaaaa.
ResponderEliminarComo me mola que atopases o meu zerrotiño e o saques en imaxes para o mundo enteiro. Joer Chousa, pareces a TVG jajaja
Bico desde a cima da sombrilla do sapo!
E o saltón ía vestido de branco... para tal evento...
ResponderEliminarQue bonita a foto!!!
Non sei se son imaxinacións miñas, contaminada polas persistentes novas de "ilustres visitantes" a estas terras, ou é que realmente o que leo é un paralelismo entre as sutilezas que o outono nos regala e esa viaxe dun tal "ilustre visitante" (depende de para quen), co desplegue fastuoso e gasto sen taxa para que o tal se sentise acomodado na agreste natureza galega.
ResponderEliminarNon sei. As cousas non sempre son o que semellan ser e por iso pregunto, aínda que coñecendo a túa retranca...
O do sapo quedouche redondo, oes!
Biquiños.
Hola Cousa :)
ResponderEliminarTe devuelvo la visita y aprovecho para hacerte una pregunta. Eres aficionada a la micología? Porque me hace falta asesoramiento :)
jajajaja inxenioso, moi inxenioso... ;)
ResponderEliminarTeñoche un amigo que o quere canonizar :)
biquiños
waw, qué velenoso andas!
ResponderEliminarTrabúcome ou esa da foto é unha amanita muscaria? Toxicidade a tope! Pero qué bonita é, e a foto de hoxe encántame, imaxínote polo monte á caza da mellor imaxe para regalárnola. Grazas, qué ganas de pasear polo otoñal monte de Antas.
Jajajaja ¿Non será unha amanita muscaria?
ResponderEliminarMoi ben, exelente poética. Top 10.
ResponderEliminarE o saltom deu um brimco e foise para Catalunya. Ficamos igoal ca estavamos. Saudos.Carlosm
ResponderEliminarCoidado!
ResponderEliminarQue non todo é para comer, raio. Algunhas cousiñas son para disfrutar con outros sentidos!!
E como falou... e disfrutou... o saltón.
ResponderEliminarBicos
E chegou o Chousa e mandou parar :D
ResponderEliminarA seta é, efecticamente unha "amanita muscaria" e eu quedei moi muscariada...había algo, non sei onde que dicía: "habló el buey y dijo mu".
ResponderEliminar¿e , quén nos devolve os cartos?
Moi boa forma de falar do dichoso evento de marras..
ResponderEliminarUn bico grande!
Pois como de tan lonxe non me afectou para nada a visita do Pontífice a España, vou pasa-la por alto e interpretar o teu texto como quero: como a gran festa do outono, sin máis sentidos, porque xa non son poucos.
ResponderEliminarPor certo, precioso o texto. A foto tamén.
Bicos primaverais e lonxanos
Nn sei de que evento falas, aínda que o supoño polos comentarios, pero a mín non me fai falta sabelo, porque a beleza do texto chégame moita máis así, é realmente bonito, sabes mirar moi ben a natureza, neste texto nótase moita sensibilidade, noraboa.
ResponderEliminarA fotografía moi boa, por suposto.
Por certo, ales son a xoaiñas costureiras? bicos.
Encántame este texto que mais ben semella un contiño de nenos, tamén para maiores. Disfruto coa imaxe de tantos animais desfilando cara o evento que para mín non é outro que a chegada dese novo cogumelo.
ResponderEliminar(Este é o meu comentario inicial e agora que leo os comentarios dos mais dígome: "pero que parviña que eres muller" pero asumo a miña cortedade para según que cousas porque eu non son nada retorcida nin de moita retranca así que non me dín de conta do que de verdade falaba o texto, non me da vergoña recoñecelo... deixote que te rías de mín pero só un pouco.
Biquiños,
A mí lo que realmente me gusta es el otoño, y esa foto tuya que es muy bonita, de los insectos y demás, paso bastante.
ResponderEliminarBicos, Chousa.
Lindo: texto e imagem.
ResponderEliminarBeijos.
E sumados as formigas, o senxamios, as corais, os vermes, as bolboretas, as follas... en canto saíu o conto??
ResponderEliminar