En pedra filosofal das audiencias convertida. Chave política advocada. Dona de frases lapidarias, tantas veces plaxiada. Como realeza do vulgo aclamada. Para nai coraxe postulada...
O malo de tanto destripe carniceiro e absurda liturxia dun suposto periodismo que agocha en anglicismos a estupidez suprema, non radica unicamente no feito de que haxa público para esta miseria; senón en que a propia sacerdotisa desta relixión acabará sendo -no mesmo altar que hoxe a venera- inmolada.
Foto: Et super ti... edificarei a miña programación.
32 comentarios:
Acabou o verán e volvín prender a tele. [O dia gris, chuviñento, -a noite- pedía unha peliculiña e comer lambetadas no sofá].
Incríbel.
Quedo atónita diante do televisor.
Escolliches un tema para o post que non podía ser máis acertado esta noite: a princesa do pobo.
A bonequiña de trapo.
Preparánlle o escenario onde romperlle os fios en directo, que vaiamos vendo crebar o monicreque.
Asisto enfeitazada ao espectáculo,
non dou creto, todo tan burdo;
[penso en cómo irían preparando toda a escenografía para converxer un venres, na hora de máxima audiencia...]
asqueada, cambio de canal -outra vez-
e que vexo?
máis belén esteban!
Qué maravilla Chousa ¡Cánto dis sen, aparentemente, dicir nada! e como nos obrigas a estar ó tanto das noticias. Deberías chamarte Pedro, que sobre ti están edificadas a afouteza e a sabencia.
Me la sé, esta me la sé:
¡La Esteban!
Onte na tele eu acabei mirando os resumos das entrevistas do Iñaki. A Soraya do PP soupo driblar ben as preguntas e comentarios do Gabilondo eh! Moito máis entretida que o Fran e maila suposta amante.. jaja
(nunca pensei que podería volverme "intelectual" jaja)
Ás veces son vulgo porque sempre, confésoo, caio na tentación de botar unha ollada. Menos mal que só é unha ollada...
Non se comprende, e o máis triste é o que dis, que terminará sendo inmolada. Máis ou menos pronto.
Triste, pero polo menos daralle tempo de facerse cuns bos aforros. O que non sei é como lle vai afectare a ela
Bicos.
A que hai montada, a que punto de amarillismo estamos chegando.Non comprendo aínda porque a vida desta xente vende tanto.Puro borreguismo!
Tes toda razón do mundo, xa teñen o altar preparado para o Gran Sacrificio, só están a preparar o terreo, a Súa Maxestadade a Audiencia xa está preparada, agora xa só falta que o cesar levante a man co dedo para arriba ou para abaixo.
Bicos
En pedra filosofal
convertida pola caricatura
dun periodismo vendido.
Moi boa entrada
Biquiños
Vin aquí dúas veces, e non entendía de quen falabas "cada día este chousa está mais críptico" pensei, e agora as miñas compañeiras comentaristas dan luz.
Bueno, eu paso dese rollo,son moi cotilla, e poida que me enganchase pero á larga fai dano. Paso. A miña tía, unha que lambe todos eses programas, cando lle aseguro que non os miro me di que son un papo soso, que non se pode falar conmigo de nada.
Pero se ata ten unha web oficial a princesa do pobo!
http://www.belenesteban.es/
Como vexo moi pouco a tele, tiven que googlear para documentarme:-))
http://es.wikipedia.org/wiki/Bel%C3%A9n_Esteban
O post, sobresaliente!!
Es un as da filosofía!!
nunca imaxineí ver a raiña poligonera protagonista dunha reflexión,moi boa por certo...
bico.
Hai que estar ó día en todo. Xa o dixo onte en Compostela o mestre Sabina: "hai que ver telebasura. Para odiala, hai que vela!"...
...así, de paso, túa tía non che chamará papo-soso, Susana Moo.
Terei que pasarlle o teu comentario ó meu vello profesor de filosofía Vermella.
Como non vai ter web oficial Harmonía. Se non a ten, créanlla!
Un pseudoperiodismo que da noxo de ver e rabia de escoitar; á que si Marisa?
O césar porá o dedo cara baixo tan axiña como non entren cartos/audiencia Dilaida
Non hai xeito de entendelo sin aceptar que a cantidade de borregos é máis grande do que pensabamos Bolboreteira
Ogallá teña a intelixencia de saber aforrar; pero dame o corpo que nin para eso ten arte a pobriña, Fonsilleda
Pois como atinadora do meu críptico relato, gañaches unha viaxe -en taxi- coa protagonista do post, Pitima
Teño un antepasado de nome Pedro, e aquel sí que sabía mariajesusparadela
E logo non me dis nada da cúpula da "catedral" de Antas? Seica non é atinada tamén Zeltia?
Eu já che tenho comentado contigo que o teu era a filosofia. Agora, dempois de madeijar para um lado e outro, vas chegamdo a aquela comcluçom.
(Un dia que tenhas tempo contasme como lograches tecer para unir a cúpula de San Pedro e a moza do toureiro). Saudos. Carlosm
La televisión es fiel reflejo de la sociedad a la que va dirigida. Ellos no mantendrían esa parrilla de programación si no hubiese público atento a los contenidos (y a los largos minutos de publicidad).
Estoy contigo en que la sacrificarán cuando no les sirva. El capital hace eso con las personas en cualquier otro medio.
Te felicito una vez más por tus certeros dardos.
A.
A xente eche moi cotilla Chousa, e gústalles saber os dixomedixomes dos famosetes. E a Belen Esteban o unico que fixo foi ter unha filla cun torero e xa ves que ben vive e ti e mais eu temos que traballar coma descosidos e por riba aturar esta televisión. Que sociedade a nosa.
Martin
Daslle a todo. Non hai cousa que che se escape.
A min a Esteban dame peniña. Creo que se aproveitan dela dunha maneira noxenta. Ela ten a súa culpa por deixarse levar nesa marea (e algus cartiños sacará); pero paréceme moi inocente.
O da foto da igrexa de Antas, xa nos contarás a onde te subiches para facela e se che deu permiso don Luis jajajaja
Bicos
Confeso que esta alegoría me pillou in albis. Só ao ler os comentarios emepecei a comprender. E gústame a reflexión polo acertada e pola abstracción.
Saúdos e apertas e desculpa o pouco que entro a comentar. Mais sígote fielmente na lectura de cada entrada.
E a primeira vez que paso polo teu espazo. Quedei encantado.
Fas unha crítica excelente que comparto do principio o fin.
Gustoume moito.
Unha aperta.
Xosé.
Outro que non se enteira da tele.
Só miro Bob Esponxa e Dora Exploradora e non hai anuncios entre eles !.
O outro día lin nunha consulta o do vestido idéntico das dúas princesas que me enteirei que temos agora e o embarazo de Pe ( e xa está de cinco meses ).
Bueno, son noticias que o tempo pon no seu lugar.
Solo a Chousa se lle podía ocurrir poñer unha foto dunha Catedral para falar de Belen Esteban. E sairlle ben a comparanza. Es a hostia!
Muy bueno Chousa, a mí me da pena, ¡ya ves!, eso no es vivir, cuanto más alto la suban, más dura será la caída, porque haberla, tiene que haberla.
Como las meigas, haberlas hailas, no sé si viene a cuento, pero me apetecía poner lo de las meigas.
Con lo bien que se vive en el anonimato...
Biquiños, Chousa, y tú ¿quién eres?
Tiven que ler dúas veces: antes e despois de comentarios. Primeiro, porque ando desligada das noticias de ahí, e segundo porque non esperaba que fixeras unha entrada sobre Belén Esteban, con moi boa audiencia, por certo (xa sei, coma sempre, é por meterme contigo).
Polo que deduzco dos comentarios, na segunda lectura pareceume que fixeche un texto moi bo.
Bicos
deica pouco na televisión xa non merecerá nin a pena ver series de policías...
Dicíame onte miña nai, logo de xantar e vendo as novas dos telexornais se é que non pasaban cousas boas no mundo... E sen máis apagou a tv e marchou durmir a sesta.
Non che quedou mal de todo a entrada. Coma sempre atinas ben.
Un bico.
Túa nai pensa igualiño ca min Concha.
Son impredecible e comigo non é doado face pronósticos, Alís
Cando saiba quen son, serei moi listo Irene
O telelixo é unha relixión hoxe, pois merece a súa basílica Trasno
Xa viches logo o vestido dos paraNECIOS, paideleo
Alédame ter novos comentaristas pola Chousa. Todo un pracer afontedasbruxas
Un circo no que case de xeito exclusivo so hai pallasos Rula
Menos mal que estou eu aquí para poñervos ó día Busto.Agolada
Case fago todo sen permisos. Así hai máis descarga de adrenalina A.C.
Hai cotillas, si; pero estoooo xa pasa de castaño marrón Martin.
Dame noxo sentirme parte desa sociedade, A
Pois logrei unila pola única vía posible: a da oración, Carlosm
Persoalmente teño decretada a ruptura de relacións entre a televisión e a miña vida.
Fermoso blog e atinado enfoque. Bicos
pois co da catedral de antas non andiven nada aguda, non!
[e iso que mo puxeches a guevo para devolverche a coña da catedral da coruña]
Seguro que son do mesmo arquitecto, Zeltia
E como a pedra, filosofal ou non, en canto lle craven o punzón comezará facerse lascas.
Nos séculos posteriores, o clero entendeu a frase como "tendes que ter o corazón de pedra"
Eu penso que esta "pedriña" nin punzón vai facer falta para que se faga area, Xenevra
Remueves Roma con Santiago, eh Chousa. ()Alguna imagen santiaguesa tendrás para el próximo discurso. Digo yo.
Bicos. Carla, la de rojo
Qué che fai pensar que o "seguinte" discurso colombófilo non é santiagués, Carla, a de vermello?
Non sei se preguntar cómo o soupéchedes, eh?
Ala, xa calo...Foi un lausus deses..
:)
Para odiar estas cousas, hai que velas Setesoles ;-)
Publicar un comentario