Mudan os métodos pedagóxicos e varían as ferramentas empregadas. O encerado evolutivo fai necesarios novos criterios que establezan prioridades, actualizadas coa tiza da tecnoloxía.
Partindo daquela frase lapidaria de que case nada se crea, senón que todo é produto dunha transformación; a pouco que escarabellamos na realidade, axiña poderemos concluir que o único que aconteceu dende o pizarrillo ata o pen drive, foi unha sutil adaptación daquel cilíndrico artiluxio para salvalo da obsolescencia.
Partindo daquela frase lapidaria de que case nada se crea, senón que todo é produto dunha transformación; a pouco que escarabellamos na realidade, axiña poderemos concluir que o único que aconteceu dende o pizarrillo ata o pen drive, foi unha sutil adaptación daquel cilíndrico artiluxio para salvalo da obsolescencia.
Foto: Equipo integrado pendente de evolución
(Con toma para impresión de chorro de tinta)
(Con toma para impresión de chorro de tinta)
35 comentarios:
Tes todo a razón Chousa.
Nun seras nin eres un descoñecido, as tás verbas e pensamentos din moito de ti.
Biquiños de esta Meiguiña que so ten de "mala" o sobrenome.
Aínda non pasou medio século dende que eu me sentei por primeira vez nun pupitre deses... e todo cambiou tanto que parece que foi na edade media...
¿pensas tí, coma mín, que cada xeración conclúe que na súa se produciron mais cambios e máis rápidos que nas xeracións que a precederon?
e onde atopaches o pupitre?.
Ten nomes gravados a punta de navalla na vella madeira?
¿Queres creer que ainda gardo a pizarra da infancia? perdéuseme o pizarrillo e a almofadiña de borrar, pero a pizarra gárdoa.
Calquera día romperá e vou levar un disgusto.
Pois non sei..non será porque cambien contimuamente as leis de educación , que así nos vai...non hai xeito de que nada cambie para mellor, imos para atrás como o carangarexo. Isto está dificil de arranzar.
Biquiños!
:-)
Um beijo.
Un pupitre coma ese era no que me sentei dende os seis aos dez anos, despois na capital xa eran máis modernos, xa sufrira a súa transformación e a madeira deixou paso a formica.
A vara de abeleira que levaba a miña mestra, para soltala nas costas, cando tiñamos algunha falta de ortografía, esa si que se transformou, e como siga evolucionando non tardaran en ser os alumnos os que leven a vara de abeleira.
e mira ti como son as cousas que eu sempre oín a palabra pizarrillo para sinalar outra cosa, mellor debería dicir, para sinalar un órgano do corpo humano ¿cómo te quedas? ¿por ahí por Antas non se oe eso?
¡que tempos os de antes! eu recordo ir a un colexio de barrio pequeno onde estábamos todos os cursos nunha soa aula, sentados por bancos según os cursos... hoxe parece imaxinable ¿verdad? pero mira ti, que saín unha rapaza moi aplicadiña e moi educadiña e hoxe con todas as tecnoloxías xa ves o fracaso e todolo demais.
biquiños,
Meiguiña: Sempre me gustan as túas visitas á Chousa. Este é un entorno moi amigable para todas meigas; aínda que sexades boas... ;-)
Zeltia: Á nosa xeneración tocoulle vivir unha velocidade que multiplica por cen a que viviron nosos pais, pero probablemente cincocentas veces inferior á que vivirán os nosos netos.
(O pupitre da foto está na Casa da Cultura de Antas)
Mariajesusparadela: Xa me gustaría a min conservar a miña pizarra con marco de madeira e buratiño nun dos lados. Onde irá?
Pregúntome como farían os pizarrillos...
Blolboreteira: Boeno, ás veces hai algúns impulsiños cara diante tamén eh!. Ou non, Bolboretiña? ;-). Os pizarrillos é o que teñen...
Filoxera: Outro para ti ;-)
Dilaida: Qué curiosa casualidade!. Cando dende a aldea na que me criei viñen para a vila na que medrei, tamén deixamos un cunqueiro de madeira que fixera meu avó, por un "chinero" de formica.
Aldabra: Mira ti como á nosa serea lle ven á mente a acepción "verdelora" da palabra, e non lembra o artiluxio como ferramenta de escritura!. Estas chicas de cidade... jajaja
Non cheguei a usar o pizarrillo (ferramenta de escritura) aínda que sí sentei nun pupitre moi parecido ó da foto. Moito choveu dende entón e moito cambiaron as cousas, a maioría para ben. Iso penso.
Os métodos pedagóxicos cambiaron, pero non só na escola. Tamén nas casas. E é aquí onde debemos establece-las prioridades.
As ferramentas coas que aprenden os nosos fillos é casi o de menos, o que importa é qué aprenden, qué lles ensinamos.
Bicos gravados no pupitre
PD: Por certo, non sei con cantos días de atraso, pero ¡¡parabéns!!
E que ben o pasaba eu co pizarriño aquel, facendo números que sempre me saían mal! O destes tan modernos, non che sei, ao andar con eles daquí para alá, sempre acaban collendo algún catarro vírico que desfai tardes de traballo!
E o pupitre tiña o seu aquel, tamén. ás veces aparecian nel cousas ben curiosas.
Biquiños de aprendiz.
Enlazar o pizarrillo (o de escribir) co pendrive unicamente se lhe podía ocurrir a Chousa hahahaha.
Eu non sentei neses pupitres polos pelinhos, pero vinos amoreados por algures. Saudos. Carlosm
Tiñan un soplo de romanticismo eses pupitres de duas plazas jajajaja. Non me imaxino a Chousa metido nun "equipo integrado" deses.
Bicos
Gran invento o "pen drive". Grazas a el os profesores/as poden dicir iso de non sei onde me vai a "memoria" sen ter que aclarar a que se refiren.
Iso si, sempre quedarán os románticos que escriban todo nunha libreta antes de pasalo ao blogue (fiúuuuuuuuu)
Dimo a min se cambiaron as cousas, que antes movíame polo mundo acongojando ó persoal coas miñas trasnadas e agora din que son fruto da imaxinación.
Chama poderosamente a miña atención o ben conservado que está ese pupitre "con toma para impresora de chorro de tinta".
¡Cómo cambian los tiempos!, esos pupitres me recuerdan a mi infancia. Pero prefiero el pen drive, no imaginas la dentera que me daba el chirriar de la tiza sobre la pizarra, uffffff.
Evolución, evolución... ¿a dónde vamos a llegar?, a veces pienso, algún día llegarán, a través del teléfono, el ordenador, etc., no sólo la imagen, incluso los olores y tal vez los cables se metan por nuestra mente y nos traicionen los pensamientos, que no siempre acompañan a las palabras.
Biquiños, Chousa, moitos biquiños.
Andamos morriñentos...as cousas da infancia sempre veñen cargadas de nostalxia e un dente de amargura....
A saber o que os meus fillos usarán cando o pen drive quede obsoleto¿¿???
Que reliquia! Eran ben máis bonitos que os de agora.
O encanto da pizarra non pode ser sustituido por nada...
O importante que podías sentirte cando saías a pizarra e podías escreber alí, naquel lugar reservado ós elixidos.... jaja
Pero tamén mola ter acceso a estas novas tecnoloxías, que nos permiten aprender tanto, e tanto, sen ter que copiar o do encerado antes de que a mestra, tan rápida ela, borre todo para volver a enchelo, de cuadros sipnóticos, de resoluciones de castelos de fraccións, de ecuacións químicas facinantes, dos diagramas de Venn, daquela bonita célula na que tamén empregaban tizas de cores...
Que tempos aqueles..
¿Podo borrar?
Non non, espere profe...
Ata aquí?... jajaja
Bicos grabados no pupitre por sempre xamais...
Bueno Chousa, no me negarás que del pupitre al pen te has saltado unas cuantas cositas. En todo caso, como tu clá te perdona, yo no voy a ser menos. En cualquier caso debo decirte que te veo un tanto "bajo" en relación al nivel al que nos tienes acostumbrados. El veranito te reseca la musa?. Ánimo, que tu puedes.
Eso sí, la idea de la foto es aceptablemente sugerente.
Saludiños
E que un non pode estar sempre á altura, raio!
Pitima: Claro que molaba sair á pizarra. Sobre todo cando dominabas a materia, que senón...
Markesa Merteuil: Á que se che puxeran un destes aínda volvías estudar?
Vintxuca: Insertaranlles a memoria nun chip detrás do esternocleidomastoideo. Xa verás.
Irene: Afortunados de nós, que lembramos o romanticismo daqueles pupitres e agora disfrutamos das marabillas da tecnoloxía. O carallo é se a cousa volve para atrás; daríanse adaptado os de agora a aquelas cousas???
Trasno: En Antas conservamos con delicadeza aquelas cousas importantes.
E ti sempre fuches producto da imaxinación, xa sexa virtual ou da outra!.
Xenevra: Gran invento, si. Incluso tamén para os que temos unha caligrafía desastrosa, que nos permite agochala!
A.C.: Tiñan o soplo romántico e sígueno a ter; ou non?. E sí que podes imaxinarme dentro del eh. Cabía á perfección.
Carlosm: Eche ben doado enlazar unha cousa coa outra. So é cuestión de botar a ollada cara atrás e deixar voar os recordos. E ti non te sentarías nun, pero cerca lle tiveches que andar, ou?
Nena do paraugas: Neles aparecían todo tipo de marcas (as navallas eran unha ferramenta moi empregada tamén daquela). En todo caso duraban varias xeneracións...
Alís: Menos mal que o aclaraches, que menudo susto me deches cando dicías que nunca empregaras o pizarrillo... jajaja
bueno, a min dame de baixa "da clá", fas favor.
Eu aínda estou esperando que inventen un pen drive con olor o xiz!!
Madre mía!!! De repente me doy cuenta que soy una neanderthal. Al menos ese pupitre me retrotrae a mi más tierna infancia y seguro que lo has fotografiado en un museo.
A mí me hace gracia verlo, pero no soy de las que añora mucho el pasado, al contrario. Creo que es una fortuna poder vivir este presente tecnológico. Me rechifla y me fascina el mundo informático, es una fuente inagotable de sorpresas maravillosas para facilitarme y enriquecerme la vida.
biquiños, Chousa
Ciertamente han cambiado mucho los métodos pedagógicos y las cosas en general, pero a veces dudamos si los cambios son positivos o no. Mucho pen drive y mucho pc, pero la memoria de los alumnos es menor que la de un besugo (habrá excepciones) y no saben multiplicar si no es con calculadora en el móvil:)))
En fin, yo creo en los términos medios, y huyo o intento huír de los extremos, ya ves, soy un tanto mediocre.... Besos
Ginebra: É certo que todo cambia con velocidade de vértixe en moitas cousas; mentras que hai algunhas esencialmente importantes que siguen facéndose igualiño. Será que gustan tanto así que non é preciso introducir (prego disculpas polo verbo) demasiadas modificacións?
Frabisa: Eu tampouco os añoro, se tivésemos que voltar a aqueles tempos habíanos costar de moito carallo.
E xa somos dous neandenthais cando miramos este tipo de imaxes que nos lembran que un día fomos pequerrechiños ;-)
Raposo: Todo se andará, xa o verás. Meterán nun microchip o arrecendo dunha pota de caldo de nabizas e o fume da lareira. Claro que a ver se lle fan un deseño axeitado ó testo...
Zeltia: Se queres darte de baixa tés que enviarme solicitude por triplicado, con póliza de 12 euros e asinado polos catro cantos.
Tamén a mín me traen
tenras lebranzas
o pupitre de Antas,
pero opino coma Alís,
no fondo importa máis
o que se aprende
que os instrumentos
que se empregan, sexa
a pizarra ou o pen drive.
Bicos e apertas
eu non cheguei a usar un destes pupitres, pero encántanme, son moito máis fermosos que os actuais de formica coa chapa esa beige ou verde e as patas de ferro, en fin... calquer tempo pasado foi mellor, ou non.
Non sei... pero a min ver estes pupitres infundenme algo de respeto... (ou se tivese menos anos, seria ¿medo?, non sei...) Eu cheguei a escola na evolucion aos pupitres á madeira prensada e que ian unidos a mesa e a silla, un chisco incomodos porque nunca lle chegabas a mesa e a espalda tiña que estar sempre dobrada hacia diante (¿será por eso que agora me doe tanto a miña espalda?)
E... jajaja tes razón con eso das posturas que por moi incomodas que estas sexan, ao ver os resultados FOTOGRAFICOS un sintese recompensado, as veces chegamos a facer algo de equilibrismo, contorsionismo, e tamen un pouco o parvo jajajaja pero, e divertido :)
Biquiños con reflexos
Uyyyyyyyyyyyyy yo jamás tuve un escritorio así.... no sé si puedas entender este español.... te mando un saludo!
Chousa deberíamos ter todos a oportunidade de bos recordos,... bos pupitres e bos 'pens', no noso pasado, e no noso mundo de 'escola'.
Os primeiros recordos, nun colexio, o único privado que tiven,(e iso porque era moi cativa, e foi o único que me admitía),...o mapa físico aínda conservaba unha lagoa no contexto xeográfico no que crecía,...
...esa anacronía motivou, que dende moi pequena buscase, e busco, unha realidade que si ben xa non existía, daba para ampliar e agrandar a curiosidade sempre sa,...
........e non tanto,... :)
B.N.C.Ch.
B.
Marisa: Sempre me aleda verte vir,
sempre me gusta o que me ves dicir;
e tamén concordo co que hoxe dis
suscribindo as palabras de Alís.
:-)
Mer: O pasado tenche o seu aquel; o presente ten moito que vivir e o futuro...no futuro xa veremos onde nos sentamos!
Merce: Muller, e que daquela aínda non se descubrira esto da ergonomía e por iso os facían tan ríxidos. Os pupiiiiiitres ;-)
Gabrielle Dupré: (Se te entiende y se agradece tu visita. Siempre tengo la puerta abierta y la ventana sin cerrar...)
Un bico de benvida para ti.
---
Agosto vai doblando a súa folla no calendario. As noites refrescan e as mañán molladas polo orballo adornan as herbas secas. As niñadas das anduriñas revoan pola tardiña...
(Hoxe erguinme poético. Debe ser que mañán é venres!)
MartinAngelair: Nunca se lle deberían negar a ninguén as oportunidades necesarias para ter boas lembranzas. Estou seguro de que ti, se andiveches por Antas na túa infancia, telas moi boas; á que si???
Tan só pola lagoa de Antas,... :)
Boas noites e un bico.
(bonitísima a imaxe da entrada que sigue,...a letra 'lémbrame'.- gracias.-, técnicas de economía, a nivel micro,...análise DAFO,...
...pero con niños deshabitados,...mellor rulada criada,... :)
Nesa mesa falta o tinteiro de porcelana branca-amarelada.
E eu facendo a tinta no "recreo".
Bicos
Publicar un comentario