domingo, 1 de novembro de 2009

Simbiose

Menos mal que ás veces permítennos cometer erros e continuar medrando; que senón a gadaña da corrección xa nos tería tronzado as pernas a máis de un.
O segredo radica en non facer moito ruido e estorbar o mínimo. Despois tamén compre que entre no bombo o factor sorte para que a vida continue.
O resultado salta á vista. O menos forte ten que ir adaptando o seu crecemento ás imposicións que lle veñen dadas pola sua propia realidade circundante. E, co paso do tempo, a ver quen carallo se atreve a discernir quen manda na esquina sureste do cercado; se a madeira ou o metal.
Estarán amándose de xeito permanente?. A postura do carballo mesmo semella estar a piques de dar o meneo definitivo para fecundar ó ferro, pero seguramente continuarán así, disfrutando da cercanía do clímax, ata que unha esbarbadora e unha motoserra lles trunque a súa simbiótica existencia. Namentras, seguirán gozando na plenitude de cada día, sexa santo ou non.

Foto: Simbiose entre madeira e metal en Antas de Ulla.

34 comentarios:

fonsilleda dixo...

Xustamente iso é o que teñen que facer: seguir amándose máis e máis cada día. Esa postura imposible da árbore que adaptou a súa vida á imposición do ferro, é unha boa lección de vida, porque, tal como os véxo, coido que triunfa a madeira.
Bicos.

Unseen India Tours dixo...

Nice shot !! Thanks for sharing..Unseen Rajasthan

Deambulando con Artabria dixo...

A postura do carballo mesmo semella estar a piques de dar o meneo definitivo para fecundar ó ferro..........


Mi madriña, que mente máis calenturienta tes!!! A ver se iba ter razón aquel blogueiro que fai meses che dixo que só pensabas "niso", jajajaj.

HADEX dixo...

Mra ti...que leccións nos da a Nai Natureza....mentres Nós, a verdadeira praga deste planeta, lonxe de vivir en simbiose, matámonos entre nós en nome de un deus, dos ciumes, da terra, .....


Bicossss pesimistas.

P.D. Preciosísimo este post.

Marisa dixo...

Unha vez máis a natureza
é sabia, o ferro non foi
quen de acabar coa madeira.
Que ben se soubo amoldar,
se non podes contra él
fai un todo, asóciate.
Poida que ó final a forza
do que foi débil e a ferruxe
acaben co ferro.

Bicos

Carlosm dixo...

Que magnífica leçom nos da a natureza!. Quen lhe diria ao carvalhinho cando era pequerrecho que havía ser capaz de soster o ferro...
Por iso hai que ter sempre tesón e buscar a simbiose e o mutualismo onde so semelha que pode haver comensalismo feroz.

Hoje venho poético e gostei moito desta foto e tamen da tua escrita, ainda que eres duro cando falas da esbarbadora e da motoserra. Pero tanto uhma como a outra son versioms da crua realidade. Parabéns pela escrita deste primeiro de novembro, Chousa.

Carlosm

Anónimo dixo...

Simbiose... Gústame! Tan xuntos pero tan lonxanos... Semellan estar encarnizados nunha permanente loita de amor.
Saúdos sen belicosidade.

Paz Zeltia dixo...

moi curiosa a foto.
parece que os ollos che van dar sempre a eses sitios, cousas, circunstancias,
das que despois extraes unha reflexión.
xa che dixen unha vez ¿qué é primeiro, a foto ou viceversa?

neste caso levas razón cando dis que o menos forte tense que ir adaptando ás circunstancias que lle tocaron...
é unha regra para poder sobrevivir...
pero sempre pode dar a volta a tortilla!
neste caso, salvo a motoserra, a madeira semella máis forte.
seu traballiño lle custaría, que ten a pel a rombos,
tanto se amoldou ó ferro.
a miña primeira mirada o que ve é unha loita polo espazo,
pero sen asoballar, vive e deixa vivir

Dilaida dixo...

A simbiose é tanta que non se sabe onde acaba a alambrada e onde comeza o carballo. De todas as maneias a min pareceme que o que gañou na loita polo espazo foi o carballo. non sempre o que parece máis feble é en realidade.
Bicos

A Ulloa en fotos dixo...

Moi boa a foto! Deste tipo de simbiose árbore-ferro teño visto unhas cantas pero ningunha tan fermosa. É sorprendente ver como a árbore fagocita o ferro e pasan a ser un.

matrioska_verde dixo...

que fotografía tan fermosa... e que cando un ten determinación crece por riba de todo e de todos.

por eso o carballo buscou a sua maneira de crecer a pesar dos inconvientes... aadaptouse ó medio (dito de un modo moderno)... pero de ahí a que vaian chegar ó climax o ferro e o carballo... Chousa, Chousa, hai que ter moita imaxinación... pero esta ben... mellor eso que non pensar na motoserra.

biquiños,

p.d.: e que viva o amor.

biquiños,

pitima dixo...

Xastamos!! Disfrutando da cercanía do clímax, meneo definitivo e fecundación. Pois non!!, non che me vale, que o carballo está vivo, e o ferro non, só está aí a molestar, pero non é culpa del, é culpa nosa, do home que puxo aí a esquina sureste do cercado, que menudo cercado!!! Non creo tampouco que o carballo teña o cercado coma xoguete sexual precisamente... Mires por onde o mires, non, Chousa, non.

Eu non vexo simbiose, vexo unha loita de moitos anos, e se fose un cercado un pouco máis liviano non me cabería ningunha dúbida de quen ía gañar... Así a cousa segue en tablas, pero se deixas pasar un tempiño, non sei eu quen mandará.. jaja

Contáronme unha vez que se a "civilización" se fora o traste e xa non se transitara máis polos asfaltos, a natureza non tardaría máis de 10 anos en cubrilo e levantalo todo..

Nós temos dous salgueiros a carón do garaxe. Un deles xa nos fastidiou unha uralita a forza de crecer. O outro crece revirado na outra esquina, estamos esperando a ver que pasa cando roce co bloque e co cemento... Eu aposto polo salgueiro.. jaja

Encantoume a foto. Voucha robar para ter coas miñas preferidas.

Un bico válido para diario e festivo..

A.C. dixo...

Diossss que imaxe mais impactante. Ferro e madeira fundindose. E parece que o carballo vai ganando a partida, anque pareza inicialmente imposible.
Ti apuras unha visión do climax, pero eu penso que o ferro xa se deu por fodido fai tempo hahahahaha, ainda que sexa él quen penetra no carballo. Mira ti que cousas

Un biquiño

Chousa da Alcandra dixo...

Leccións cotiás as que nos da a Natureza, Fonsilleda. E non damos aprendido; probablemente debido a que non temos tempo de mirar o que hai ó noso arredor. Sempre andamos con tanta presa...

Vaia visitan máis exótica que nos prodigou Unseen Rajasthan. Xa vin que non estivo solo pola Chousa. Imaxino que aproveitaría a "viaxe" para visitar algún blog mais...

Aquel (ou aquela) que dixo o que dixo, benquerida Artabria so quería tocar o carallo; que -no fondo- ven sendo o mesmo; solo que sin que de gustiño jajajaja. E non me negarás que o carballo ten un puntiño insinuante. So é cuestión de miralo con ollos pícaros...

Así nos alecciona, certamente Hadex. E que pouco caso lle facemos. O carballo foi medrando pouquiño a pouco, caladiñamente. Facendo da ameaza unha fortaleza ata que xa son un so. E agora, o que antes o podía debilitar, fíxoo máis forte. Manda truco!

Tal vez fixeron un trato Marisa. Un trato de non agresión. Un trato pola pervivencia de ambos. Agora o ferro tamén é máis forte nese punto. Ten os mellores cementos que lle proporcionan as raices do carballo. Mutualismo simbiótico. Quen queira quitar a cerca ten que quitar o carballo.

Pois tanto ti como o teu lado poético escribistes ben e clariño Carlosm. Ademáis...como falastes ben da miña foto e do meu texto, so teño palabras de agradecento para ambos. E duro hai que ser, que ti ben sabes (e así recoñeces) que polo mundo hai moita motoserra encendida en mans pouco hábiles...un perigo!

Encarnizados nunha permanente loita de amor. Joder!, que bonita frase SoO*. Pero ao mesmo tempo dándose bicos sen belicosidade. Merece ela soliña un post ben artellado.
Ainda hoxe á noitiña estaban alí, encarnizándose amorosamente...

Nesta ocasión foi primeiro a foto Zeltia. Levo anos mirando ese carballo foi incrustando dentro de sí ó ferro. Costoulle, claro que lle costou!. Pero logrouno. E ademais fíxoche caso: deixou vivir ó ferro tamén. Incluso permitindo que a sua casca quedase a rombos! (a min deixoume "a cuadros" jajaja)

Chousa da Alcandra dixo...

Opino coma ti Dilaida, no senso de que o débil pode trocar en forte se ten o tesón e maila forza suficientes (e sorte, si; sin ela...calquera vaca o puido ter esmagado). E velaquí o tés hoxe, dando landras a tutiplé.

Hai uns cantos exemplos pola nosa terra A Ulloa en fotos, tés razón. Sobre todo alambradas de espiño que se encarnizan nos pinos ou noutras árbores.
Pois esta, ademáis das dificultades que se adiviñan, ainda tivo máis. Se te fixas ben, seguro que albiscas a onde pertence...Imaxina os perigos que o carballiño tivo que correr estando no patio dun Colexio!!!

Pois eu vinlles cara de clímax Aldabra. Secadra foi mediatizado polo teu post do sábado sabadete...eu que sei!. Imaxinación hai que poñerlla a todo; que crudezas xa as pon a cotidianidade. Ou non?

Meneo definitivo e fecundación si, pq se supón que levan anos dallequechepego Pitima; que non foi o outro día cando empezaron o baile sensual. Claro que ti comparas a situación cos teus salgueiros que che van foder (¡) o garaxe e non lle ves goce ningún; pero este carballo e este ferro gozan un do outro. Faime caso.
E como naza un carballiño arredor heino fotografiar como testemuña do amor férreo que se teñen. Xaverás!. E non ma vas roubar: regálocha jajaja

Outra percepción na que non caera, si señora A.C.. En realidade é o ferro o que penetra na madeira. Sexa como fose eles están fusionados e nesa fusión non os vin chorar nin a un nin á outra (á alambrada); así que imos pensar que o pasan ben.

E agora acabouse a fin de semana. Mañán é día de garabullos outra vez (agás algúns seres privilexiados que poden mudar o calendario). Vémonos á volta da canteira. Por certo; moito choveu hoxe por Antas. Seguro que o carballo cobrou novos bríos desta auguiña outoniza e fecunda.

paideleo dixo...

Vaia, agora vai haber superherois por Antas: o carballo-arame, ao xeito do Home-araña, Batman e demáis.
A ver se, polo menos,nos salva dos malfeitores.
Coma sempre, boa foto e boa reflexión.

Carmen Graña Barreiro dixo...

Pois eu creo que non hai simbiose nesta foto por demais incrible. A min dame que o carballo quere fuxir do cárcere no que o ten o ferro.
Quere ser libre de medrar como queira, e non retorcéndose para fuxir dese aperta de ferro por máis "que sexa por amor" . Agardo que o logre.
Un bico Chousa

maruxiña dixo...

Gústame a foto... moito.
Qué decir do resto, pasamos a vida buscando esa simbiose da que falas, se se atopa merece a pena.

Biquiños rapaz!!!

Anónimo dixo...

Coido que atinache máis que eu mesma da misteriosa * que acompaña ao nome.

Máis bicos doces e sorrintes para tí.
Un pracer terte polo meu blog.

Anónimo dixo...

La foto es genial. El árbol logró dominar la situación y acaba por apoderarse del metal. Es más, hubo alguien que se lo quiso complicar todavía más y metió una piedra entre la alambrada y la madera!!!! (Hay que ser malos). Y el árbol se la está fagocitando también.
Magistral lección de constancia y poderío. Enhorabuena por el blog y perdón por no escribir en galego, pero mis circunstancias no me han brindado la oportunidad de conocer la lengua de mis abuelos.
Un abrazo desde Madrid. Familia Cubeiro-Lamas

Bolboreteira dixo...

Que partidazo lle sacaches a foto.
Toda unha metafora da vida, que moitas veces se abre camiño a pesar de todo.
O temita máis erótico moi interesante tamén..
Bicos!!

susana moo dixo...

Mira que eu teño fama de retorcida de buscarlle o aquel ás cousas, pero eu non miro sensualidade ningunha. Minto, o carballo si, co seu cuciño pra fóra... pero con ese ferro teso non fai simbiose nin diola.
A árbore aghuanta porque non lle queda outra, e se ese carballo fóra muller -ou home- que ao ferro o ature outr@.
Hai cousas mais morniñas pra fodeer, ou?

Anónimo dixo...

Unha imaxe ben suxerente que alecciona sobre o tesón e a forza de voluntade.
E eu tamen teño que reconocer que un certo aire sexual percíbese na postura da árbore.
Non sei, todo pode ter mil interpretacións, igual que un cadro abstracto.
En calquera caso hai que felicitar a Chousa por suscitar o debate e agasallarnos coa foto e co texto.

C.

Kim Basinguer dixo...

Que simbiosis más preciosa,¡Quien lo iba a decir!

abueloscrisytoño dixo...

Querer é poder, eu fun testemuña como un camiño rural era esnaquizado polo asfalto, ao pouco tempo e para a miña sorpresa empezou a saír pequenas erupcions gretadas polas que brotaban toda clase de platitas, natureza ao poder.
saudos A.Cris

Anónimo dixo...

Donde se sacó esta foto?

Anónimo dixo...

Dicho asi parece con malos modos. Lo pregunté por lo magnífica que es.

busto.agolada dixo...

Situación curiosa e complicada de loita polo espazo. Ao que se ve o carballo é moi anterior ao arame. Logo foi un erro de cálculo do que colocou a aramada.
Non lle envexo a papeleta ao da motoserra cando decidan tronzar a árbore.
Forte? Débil? Non sabería dicir quen é quen. Ás veces o forte perece vítima da súa afouteza e arrogancia. O débil se sabe adptarse pode prevalecer...
Moitas apertas.

Unknown dixo...

Paideleo: Iso mesmo pensei eu. Agora temos un superheroe en Antas: o carballo de ferro. Contade con él para recuperar o ben e afastar o mal...

Carmen: Cada circunstancia é susceptible de ser interpretada de mil xeitos e maneiras. Eu penso que hai mutualismos entre o ferro e o carballo. Quero pensalo así. Axúdanse nas noites de aire...

Maruxiña: Cando fixen a foto pensei en que che gustara. A ti e a todos. A min tamén me gustou.
Se queres vir vela in situ...Antas queda a tiro de pedra. A café convido eu.

SoO*: O pracer é meu por terte a ti pola Chousa.
No asunto do asterisco...penso que me precipitei interpretando.Agora ti gardar prenda. Así non vale!

Familia Cubeiro-Lamas: Un pracer tamén que saibades poñerlle bo ollo a esta ilustración que unicamente me limito a amosarvos tal cal está.
Graciñas por vir e por expresarvos así de ben. Non importan os códigos empregados. O importante sempre é a mensaxe!

Bolboreteira: O meu traballo cotiá consiste niso precisamente: en sacarlle partidazos a cousas pequenas. Dunha pedra teño que facer unha obra de arte. Os canteiros somos así jajaja
O temita sexual...pois foi para darlle un toque aromático a cuestión. Vexo que surtiu o seu efecto. Logo misión cumplida!

Susana Moo: Quen che chamou a ti retorcida? Quen?. Que asome os seu fuciño polo horizonte que lle arreo un estoirazo para que quede silente para sempre. A partires de agora dilles que tés un amigo canteiro con moita forza e pouca capacidade de raciocinio. Un "miami" á galega, vamos!
E ben sei que hai cousas máis tenras para f..., pero cando se trata dun ferro e dun carballo...tampouco lles vas poñer un pito de algodón ou?

C.: Graciñas pola felicitación. Estamos aquí, postos polo Concello, para aportar este tipo de marabillas á humanidade...jajaja

Unknown dixo...

Kim Basinguer: Xa ves, ninguén o ía dicir, pero...así foi. De tan pouca cousa que resultado tan xenial resultou.
En ocasións a realidade supera á ficción e agasállanos estas marabillas.

Abueloscrisytoño: A forza da razón ás veces pode coa sinrazón da forza. Eu tamén teño avistado esas situacións que describides.
A natureza imponse para amosar a sua capacidade e -en ocasións- resulta abraiante.

Anónimo: Sacada en Antas de Ulla, provincia de Lugo en la Galicia misma.
Así somos por estes lares...

Busto Agolada: De momento que eu saiba non hai perigo de motoserra para o carballo encastrado no ferro (ou viceversa). Está a salvo de ser leña para o allar de momento.
E no senso de quen én máis veterano teño que correxirte esta vez. A cerca é de primeiros dos anos 70 e o carballo naceu moi posteriormente. Non podo datalo, pero é moi posterior. Xa sei que che pode semellar moi potente, pero ten en conta que estas terras son moi fértiles e dan estes magníficos exemplares...

---

Eu sigo a pensar que hai simbiose entre o carballo e maila cerca. Imaxinade unha noite invernal, de aire do nordés cabreado. Acaso o noso carballiño enferrado non está máis acougado contando coa firmeza do ferro?.
Son dous namorados. Creédeme. Eu nótollelo.

abueloscrisytoño dixo...

Amigo chousa; un fallo pola miña banda non nomear (ou samaín) unha celebración de orixe celta e que coa segunda foto e por pura casualidade representa tanto ese día de ánimas ese comezo do ano novo celta en que os mortos, as ánimas, atravesan a porta que separa o mundo dos vivos para visitar as súas casas.
Corrixo pondo un enlace na entrada onde unha sinxela explicación aclara as dúbidas para os que non son de orixe celta.
Saudos A.Cris

Chousa da Alcandra dixo...

Abuela Cris: Non foi unha omisión importante, nin moito menos un fallo. O asunto este do Samaín ben sendo unha descuberta que a todos nos pillou un pouco co pe cambiado.
O voso post foi xenial sen necesidade de aludir a él. Eu, xa ides vendo, son como unha mosca desta que anda pululando por todos lados (non direi o nome dela!!!!), meténdose en todos os lios.
Un bico!
------


E como me gustou a mistura do ferro coa madeira, volvo con máis do mesmo. Esta vez ferro máis elaborado e madeira pasada pola serra.

irene dixo...

No creo que esa relación pueda llegar a buen término, aunque cosas peores he visto.
Preciosa y original foto.
Biquiños, Chousa.

LM dixo...

e o carballo que opina de todo isto?