mércores, 25 de novembro de 2009

Porco

Poda que teña connotacións pexorativas a simple denominación; pero ninguén lle fai noxos cando no seu prato se acubilla un anaco de lacón flanqueado por rubiños chourizos e marelos garabanzos enmarcados nun fondo de grelos verdes e fresquiños.
Dise que do porco cómese dende o fuciño ata o rabo (incluso pode suscitar envexa neste punto!). Probablemente non haxa bicho que mellor se aproveite.
Penso que non se fai pastel de porco pola disonancia fonética; que senón...
En Lalín fixeron exaltación artística, ademáis da consabida culinaria, deste suxerente animaliño. Eso sí, a que aporto na imaxe ten o seu recochineo na inscripción que leva no lacón, que ven dicindo -con leve erro no latinaxo- que cada quén é dono do seu destino.Hai que joderse co telediario, diría o marrán se dixese algo!


Foto: Pork-Art en Lalín. Km0; a 27 do Centro Xeográfico de Galicia

52 comentarios:

pitima dixo...

E din que son moi listos!!
Pobriños, que diría a miña sogra... jajaja
Haiche toda unha cultura do porco!!
A min gústame moito... Empezando polo xamón e acabando pola orella jaja
Bicoink!

W. Sobchak dixo...

O que lles falta en Lalín é un chIsco de marketing. A isto tiñan que chamarlle "Porkparade" e exportalo polo mundo adíante

A.C. dixo...

O cocido de Lalín leva a fama, pero eu teño comido os mellores por terras da Ulloa.
Con respecto a facer pastel de porco, penso que hai quen lle chama así ós roxóns.
Biquiñosss

Marisa dixo...

Primeiro foi a moda
das vacas pintadas,
¿por qué non pintar
tamén os porcos?, que
como dis tí del
aprovéitase todo.
Pero de que eles sexan
donos do seu destino,
máis ben son os que
se aproveitan do cochino.

Bicos

paideleo dixo...

Pois si que ten recochineo a frase. Eu son da opinión de que as violencias teñen que ser as xustas e sen infravalorar.
Tés razón de que se aroveita todo do porco e hai un libro dun inglés que percorre as festas gastronómicas galegas con partes porcas e titula o libro: Todo menos o gruñido.

mariajesusparadela dixo...

Para facerlle a contra ó pai de Leo, na miña terra dise :todo, ainda os andares.

Zeltia dixo...

o porco é un animal que ten todas as miñas simpatías. porque non teño sitio no piso, que se non tiña un. pero non para matalo e logo comelo, non, teríao como mascota, eso sí, a dieta, porqeu non querería que se puxera gordo e me viñeran pensamentos de lacóns acubillados con chourizos de lalín, garabanzos e grelos de monfero...
non sei por qué esa fama de porco, non é nada porco o porco... el embadúrnase no fango porque non ten glándulas sudoríparas, e faino para refrescarse, mira tí que terá de malo que hai quen paga 200 euros por irse dar baños de fango a alguns balnearios, entón eses humanos aparte de porcos tamén son parvos...
e, bueno, se os porcos terminan refocilándose na súa merda nas cortes, é porque non lle deixan sair a refrescarse na lama, que é o seu, nin lle poñen aire acondicionado na corte, nin nada... meus pobres.
teño que confesar que se non me gustara tanto comer xamón (a poder ser ibérico de bellota) non me importaría ser vexetariana!
por iso, chousa, cóntoche un segredo:
teño un dilema moral o meu padal vai en contra da miña conciencia, pero... xa din que a carne é debil, é a do xamón de bellota tamén é moi xugosiña...
e o do porco ese de lalín, paréceme unha burla, un aldraxe, meu malpocadiño porquiño...

Anónimo dixo...

dices que che gusta o porco. elojo as porcas non?

Dilaida dixo...

E logo unhas boas filloas non son pastel de porco? Non negarás que son unhas boas lambetadas.
"Cada quen dispón da súa sorte" tes moita razón que é un bo recochineo e o erro tamén será parte do "recochineo", non si?
Bicos

fonsilleda dixo...

Estades moi "emporcados" todos estes días cos vosos comentarios.
Un deses porcos, procedente da "pork parade" de Lalín, tivémolo (non sei se aínda segue), hermoseando a rúa dun centro comercial.
Asegúrovos que non volvín a comer chourizos como os de casa.
Bicos.

maruxiña dixo...

Na miña casa xa fai moitos anos que non temos deses animaliños, pero a miña tía aínda me da de cando en vez chourizos caseiros, qué bos están carallo jijiji

Biquiños rapaz!!!!

Carlos Sousa dixo...

Como pastel de porco tamén están as morcillas, ou non?
Lin no blog de Hadex, que pode chegar a ser máis intelixente que un chimpancé, pero si só se usase para laboratorios habería moi poucos pola zona, e telo de mascota... non sei... me da que o tería pouca xente. O destino do porco sabemos cal é, e que siga sendo así, xa que fai moitos anos matou moita fame.

HADEX dixo...

Je je je....éche coma todo...Eu a verdade non son moi carnívora...como xamón ou chourizo pero pouco máis.....Dende que temos así na finca asilada a unha porquiña vietnamita...a verdade é que se nos quitaron as ganas de comelo...Dende logo eu a carne que como ten que estar despersonalizada...non podo coñecer ao finado, son incapaz....e fun toda a vida, eh? A pesares de ser do monte..

Bicossssss

Bolboreteira dixo...

Son pouco carnivora eu, pero o xamonciño e os chourizos,mmmmmmm!!!!,quen se resiste a eles.
O da inscripción ten o seu...se os porcos falsen como dis..moito terían que decir o respeto.
Un bico.
Ooooikk!

milonga dixo...

se agora ata son doantes de órganos... así que non será nada malo dicir teño corazón de porco ou corneas de porco... o que ten feito o porco por moitas familias..

BRABIDO dixo...

Temos que concederlle un dia festivo o porco,porque ae un feixe de santos pero estes non me enchen o bandullo.

"Festividade de San Porco",xa.

Marchando unha de cacheira

Carmen Graña Barreiro dixo...

Aínda que se ve moi bonitiño o porco da foto, eu prefiro o porco no prato, o rabo tamén... que lle vou facer...
Bicos con gustiño a xamón

vermella dixo...

Xa o dicía Cunqueiro o porco da fame so de velo....
e aínda que non haxa pasteis de poco sí que ca súa graxa fánse uns ríquisimos polvoróns....aquí chamásmolles faragullos.
bico

Deambulando con Artabria dixo...

Pois a min que no me gusta máis co lomo e o raxo..........pero eu sonche un pouco rariña, jajaja.

Un bico a 75 km do centro xeográfico de Galicia.

Chusa dixo...

Acabo de chegar a miña casa, despois dun duro día de traballo, e tras ler esto, morro de ganas de comer un lacon...enterito pa mí solita!!que feliz sería!! Mi madriña!!! maldito seas, querido amigo!!! que solo teño pizza!!!:)... se houbese un grelomóvil pa q os trouxeran a casa!!...ains.
bsitos de chusa chosca choca

aopedofarelo dixo...

O unico malo que ten o porco..¿Sabes que é?...O colesterol que despois temos que ir a tratar co mèdico.....O peor de todo é cando un ten a medica na propia casa.....
Aperta

doutora Seymour dixo...

O porco artístico é moi coqueto, pero eu quedo coa exaltación culinaria.
Por certo, exalta vostede dun xeito moi artístico a paisaxe sen igual dun prato de lacon con grelos. Vese que comeu vostede inspiración.

Maca dixo...

moi adornadiño o cochiño, de tódolos xeitos ai porcos é porcos
Graciñas pola túa visita.
UN ABRAZO

matrioska_verde dixo...

e coa fame que teño! ¡deus!

a min os porquiños (os de verdade) cando son pequeniños gústanme a rabiar, logo van medrando e xan non me din tanto... así na estatua gústame dabondo, a verdade...

e agora cóntoche que este domingo pasado comín o lacón con grelos mais rico da miña vida, foi nun sitio que lle chaman Casa Ares, entre Vilalba e As Pontes... ¡que fartura!... e dos grelos nin che falo porque son unha loca perdida polos grelos e estaban de morte... co seus garabanzos, a costela... ao chourizo non cheguei, non fun o suficientemente lixeira... ¡mágoa!, tiñan moi boa pinta... moi rubiños como dis ti tan ben... porque fales do que fales, unha queda prendada nas tuas verbas tan engaiolantes.

¡és un galopín! (esto ven ó meu recordo porque onte estiven cun amigo vendo unhas exposiciós e recordoume un relato de Castelao... que a nai lle decía ó fillo "galopín" porque él lle dicía a nai "ti me diches a vida e me diches a sede" porque chegaba bébedo á casa...

¡como me lío!

biquiños,

matrioska_verde dixo...

si vai por Antas ou tes oportunidade, non deixes de ver unha exposición que se titula "Carmencita", a mín impresionoume... déixoche un link para que curiosees:

http://dorsumi.org/blog/2009/10/30/carmencita-4-diciembre-1938-el-ferrol/

María Observanda dixo...

Galopín significa lo mismo en gallego que en español?
En español lo que viene en el diccionario es:

GALOPÍN:
(Del fr. galopin).


1. m. Muchacho mal vestido, sucio y desharrapado, por abandono.

2. m. Pícaro, bribón, sin crianza ni vergüenza.

3. m. coloq. Hombre taimado, de talento y de mundo.

4. m. Mar. paje (‖ de una embarcación).

Barreira dixo...

Agora que hai dias internacionais para case todo e non hai ningún para o porco.
I é que, aparte de saber moi, pero que moi, ben disque é o animal, despois do home, mais intelixente (isto ata pode ser discutible).
Eu voto por un dia internacional para o porco e outro dia para a porca. E non meto aos leitóns porque son menores e hai que pedir permiso ao defensor do menor.
Saudos.

galmar dixo...

Eu son moito de grelos:)) gústanme!!! Non tanto do porco:) ben, gústame por partes:) os chourizos o que máis:)) biquiños:)) e bo finde:)

susana moo dixo...

Carne. 300 gramos de carne prieta.

Teño que ensinarche isto:
http://www.susanamoo.com/2008/08/culto-a-longaniza/

Raposo dixo...

Non sei si sabes o que dicía Arguiñano: "A mi del cerdo me gusta hasta el andar".

opinion dixo...

Escribes ben. Con chispa e capacidade para captar e atraer a atención. As fotos son interesantes, bonitas, ben captadas ou con xeito traidas a colación.
Con toda esa mezcla supoño que é normal que no medio de tanta troita que ven a visitarte, apareza tamén algo de morralla. Pero a ti teño que criticarche que non sepas poñer unha rede con malla un pouco mais grande. Para que sigan nadando e non paren neste paraiso. E o meu parecer, pero aqui o que importa e o teu, asi que solo me queda felicitarche. A rede pon a que ti queiras. Saludos

Maribel-bel dixo...

Veño axiña a verte coa camisa branca e o pantalón vaquero. Abro a imaxe e encontro un porquiño ben arreglado e con arte. Pero...esperaba outra cousa na chousa. Outra vez será...Bicos

Arela dixo...

o san martiño chega sempre. enigma mándache bicos. eu saúdos

Zeltia dixo...

mmmmm... parece que ó da camisa blanca e pantalón vaqueiro que dí maribe-bel,
ó galopín de aldabra,
ó dos 300 grs. de carne prieta de susana moo,
lle apareceu tamén algunha crítica de comentaristas desencantados.

eu querería saber se son troita ou morralla
:-(
pode que eu, ó poñerme a confesarche os meus problemas morais co xamón de bellota, pasara a formar parte da morralla.
non sei opinión que opinará.

e tí, qué pensas?

asegúroche que eu sempre leo os teus post en serio, e tamén me tomo en serio o comentario que deixo,
ainda que, bueno,
como tí sempre lle botas un pouco de retranca e picardía ,
pois eu trato de adaptarme ó ambiente...

nótaseme un chisco que me gusta que haxa algo de follón?
:-)

pitima dixo...

Zeltia, tí es troita muller!!! jaja
¡e eu tamén! jajaja
O que pasa é que de cando en vez hai que ir de incógnito ou morralla... jajaja
Chousa ten encanto blogueiro, diso non cabe dúbida. E un bestseller dos blogs... jajaja, e xa se sabe que entre as críticas, os bestsellers ás veces saen mal parados. Non parece que se poda ser de calidade e ademáis gustar tanto a tanta xente... jaja. Pois non sei quén terá razón. Supoño que haberá de todo.... sí, troitas e morralla, puidendo ser ás veces troita e outras moralla, que hai que escoitar a todos, e niso, Chousa, ti es bo. Xa o explicaches algunha vez, que che gusta empaparte coas cousas alleas... jajaja Xastamos!!

...follonera que nos saiu a Zeltia esta... ;P

E tí Chousa qué... ¿non vas dicir nada? jaja

Chousa da Alcandra dixo...

Neste río limpo e sen redes unicamente nadan troitas. Que van dende magníficas ata xeniais.
A única morralla que pode agromar ven sempre de incógnito; así que...que siga río abaixo ou río arriba.

Bicos para as troitas, saúdos para os salmóns e aletas lixeiras para a morralla, para que non se entreteñan por estas augas máis do que queren.

Chousa da Alcandra dixo...

Pitima: Carallo, o de betseller blogueiro fíxome encher o peito coma un pavo. De feito coido que non acougo na silla por ter as plumas do rabo estendidas. E tés razón que, como indíxena dun lugar no que nace un río coma o Ulla, sempre me gustou empaparme en "cousas" alleas. E a estas alturas do curso xa non é cousa de cambiar de hábitos. Digo eu. Bicos de pavo real para a troita Pitima: guludrúdrúdrúdrúuuu.

Zeltia: Ola follonera!. Sin novedade pola ponte de mando!. Eu tamén considero que ti eres troita. Nótachese nas branquias moitísimo, e tamén no feito de que nadas con moita gracia e donaire.
Eu, que che vou contar, que me gusta a biodiversidade que poboa a Chousa. Incluso as críticas que, desta vez, atacan algúns comentarios (non teño moi claro cales). Xa lles reñerei, que os/as meus comentaristas son MEUS/MIÑAS, e non lles reñe ninguén sin o meu permiso!

Chousa da Alcandra dixo...

Arela: Pois alédame ben o teu acto de presencia oh, que xa pensei que se apagara o lume tan enigmático que vos traedes. Repórtalle tamén os meus saúdos a Enigma, e volvede incendiar o blogomillo axiña, que seica ven unha ola de frío e a min píllame con pouco gasóleo C no tanque.

Maribel-bel: Pois o rancho lalinense está guapo. Non me negarás que así tuneado queda bonito e artístico. Os vaqueiros de Chousa xa sairon algunha vez e a camisa branca tamén. Eso sí, a xeito de puzle que doadamente se pode compoñer. Así e todo eu penso que queda máis juapo e lucido o porquiño, aínda que vaia sen pantalóns...

Raposo: Arguiñano é un mestre da cociña e tamén un excelente comunicador. Pero eu nesa frase, se a tomamos ó peiño da letra, vou discrepar con él. Hai andares, meu amigo, que cautivan a vista, o pensamento e tamén a razón. E incluso lle poñen o puntiño enriba do "i" á Imaxinación...(e non son ranchiñas as que eso logran :-) ).

Susana Moo: Miña prezada troita metida a charcuteira; moito me gustan as tuas suxerencias gastronómicas e lúdicas. Claro que nos 300 gramos que dis non so hai carne. Para sustentar e dotar de firmeza durante o tempo necesario, non hai freba que resista; así que faise precisa a intervención doutra forza: a presión sanguínea.
Pero que che vou contar a ti, mestra incentivadora de presións sanguíneas de contuntente resolución!. Con un vistazo pola túa bitácora hai suficientes suxerencias para enervacións varias (con máis ou menos gramos, pero sí coa contundencia e firmeza necesarias...)

Chousa da Alcandra dixo...

Galicia marabillas: eu, en realidade son un grelo disfrazado de porquiño bravo jajaja.
Tamén a min me gusta por partes. O que pasa é que se vou analizando...acaban por gustarme todas (as partes do porco!!!, que hai moit@ malpensd@ polo río). As nabizas fan un excelente collage culinario con anacos de rancho. Á que si?

Barreira: Eu subscribo contigo a implantación dun día adicado ó porco e, para non discriminar por razón de sexo, outro para a porca. Loxicamente serán días non laborables para exaltar de xeito conveniente tal celebración. Pon ti os días.

María Observanda: Quitadas a primeira e a última das acepcións...as outras case me valen todas; aínda que a de "home de mundo"...non sei eu se me virá grande.

Aldabra: A ti non fai falla que te confirme como troita, que se ve ás claras que o eres (ou as sereas teñen maior rango no acuoso mundo no que vos movedes?).
E se me dis cousas tan bonitas vou ter que mudarlle a cor da cabeceira ó blog pola colorada. En todo caso penso que o verde vaime que nin pindado!
(Estarei atento a esa exposición que tanto che impresionou).

Maca: Adornadiño de todo, si. So lle faltaba a garavata!. Pero non che estaba él so polo lugar eh. Había moreas de irmans. Algúns ata ían de chaqué, outros moi pintarraxeados, ata había porquiñas moi peripostas e presumidas. O mundo porco tamén se reivindica!. E claro que hai porcos e porcos. Incluso, diría eu que hai momentos para ser porcos...jajajaja

Doutora Seymour: A troita elegante deste río con afluentes varios captou axiña que o meu xantar incluía nabizas e porcións de laconciño con chourizos. Tiña fotos de porcos destripados; pero considerei que este rancho coqueto viña que nin pintado (nunca mellor dito) para a ocasión. Atinei?

Chousa da Alcandra dixo...

Aopedofarelo: Contan por estes lares que aquelo que nos gusta ou engorda ou ten colesterol ou é pecado. Xa ves, compañeiro, hai que ir poñendo os pés ó enxoito dunha cousa ou da outra; pero pisar hai que pisar de cando en vez; así que...dille á médica que mire para outro lado en algún momento!.

Chusa: Pois é unha suxerencia para emprendedores o asunto de montar unha franquicia de "LacónMóvil". Eso sí, hai que matizar sempre que lacón é masculino; xa que se temos que falar del en femenino...vannos chamar a todos morralla!!jajaja.

Artabria: E logo as troitiñas que son raíñas non chomen chencho?. Mira ti!.
E logo que comedes, maxestades?. Tiña que verte eu a ti diante dun prato ben composto de cocido de Antas. A ver se non che caía a coroa a plomo!.
(Xa vexo que os bicos chegan ó Centro Xeográfico cada vez dende máis perto).

Vermella: Non sabía tampouco que co saíl (nome que por estas terras damos ó unto do porco), se podían facer pasteis. O dito, que se aproveita todo. Incluso o seu gruñido pode servir en ocasións para achegar larmeiradas. E, de cando en vez, ser algo porc@ ata queda ben (neste caso, como Aznar falando catalán: na intimidade!).

Carmen: Non hai duda de que o porco é moito máis mansiño no prato que no cortello. Eu concordo contigo na valoración; así que súmome aos amigos do xamón e do lacón con chourizos. Amigos que tampouco lle facemos noxos á costela salgada nin ós torresmos asadiños...á que non?

Brabido: Xa o falábamos con Barreira. E como así somos tres na proposta, podemos montar unha Coordinadora para a celebración do día do porco cebado. Xa que foches o primeiro en propoñelo, quedas nomeado Presidente, así que xa podes ir redactando os estatutos.

Chousa da Alcandra dixo...

Milonga: Outra cualidade dos marráns na que non caera eu. Por riba podemos ter corazón de porco. Que máis se lles pode pedir a estes bichos?.
Seguramente entre o porco e maila vaca quitaron a fame deste país durante moitos anos. Sin duda.

Bolboreteira: Gústame ese recoñecemento dende o mundo case vexetariano cara as virtudes dun xamonciño ben cortado. Quen se pode resistir? (parece un cántico ritual da liturxia, carallo)

Hadex: É ben certo que os humanos temos un instinto ben voraz, xa que acabamos por papar a aqueles animaliños que temos ó noso carón durante meses. Claro que a alternativa sería volvelos ceibar salvaxes e ilos cazar pola brava...
Eu recoñézome carnívoro, aínda que non lle fago noxos tampouco a unha menestra de verdudas arredor do lacón!

Carlos Sousa: Eu tamén lin o da intelixencia porcina no blog de Hadex. E tamén lin por algures que poden chegar a ter orgasmos que duran ata ¡un cuarto de hora!!!. Como para non querer ser porco por horas!!

Maruxiña: Que sería de nós sin as tías que siguen facendo as matanzas...

Fonsilleda: É ben certo que algo daquel matiz saboroso doutrora poda que se perdese. Non sei se é que a raza (agora falan que hai que recuperar o porco celta), ou se terá que ver coa alimentación. Sexa como fose...sigue dando gusto "emporcarse" de cando en vez; ou non?

Dilaida: As filloas de sangue poden ser un apunte pasteleiro, certamente. Pero eu bótolles tanto zucre que xa non se sabe moi ben se como zucre con filloa ou ó revés.

Mariajesusparadela: Ata nos andares, certamente. Que sería da gastronomía galega sen o porquiño cebado?

Paideleo: Ti foches o inspirador deste post; así que a ti vai adicado o rancho lalinense tuneado.

Marisa: Hai recochineo na frase, si. Pero no fondo non sei eu quen raio será dono do seu propio destino...
Dende logo o porco non é moito que se diga.

A.C.: Muller, e que despois de probar as lindezas culinarias da Ulloa (capitalizadas basicamente en Antas...), como che van gustar as doutras latitudes?.

W Sobchak: En Lalín téñenche márketing e tamén boas ideas. Lembra que lles queda Antas moi perto e as cousas boas...xa sabes que se pegan!

Chousa da Alcandra dixo...

Opinión: Aquí non hai morralla. Acéptase todo tipo de comentarios e críticas; pero mellor que as dirixas a min. Os/as comentaristas son todas peixes de alta categoría. Primeiro debido a que dan a cara, e segundo porque din o que lles peta.
E non poño redes nestas augas, senón ti sería o/a primeir@ en quedar atrapad@...

susana moo dixo...

Así me gusta chousa, defendendo o teu.

Zeltia, Pitima: a morralla era eu!
De cando en vez me pasa, que chego seica ofendo. Hai xente que ainda se persigna ao falar deses 300 gr. de carne prieta impulsada polo rego sanguineo axeitado para ajuantar o tempo suficiente.
Caralliño, Chousa. De canto tempo falamos?

susana moo dixo...

Así me gusta Chousa, defendendo o teu, coma o galo o seu poleiro.

Zeltia, Pitima: a morralla era eu!
Me pasa as veces, que chego e seica ofendo, hai xente á que ainda se persigna ao oir falar de 300 gr. de carne prieta impusada polo fluxo sanguíneo para ajuantar o tempo necesario....
De canto tempo falamos, Chousa?

Markesa Merteuil dixo...

Mira que acabo de comer un pastelito pero... estame entrando unha fame pensando no lacón e nos chourizos... ufff... :-)

Chousa da Alcandra dixo...

Susana Moo: Sempre haberá quen se persigne por moito menos. Nin caso.
Con respecto á pregunta que me fas de "canto tempo"; pois coido que ti mesma a respostas: o necesario! ;-)

Markesa Merteuil: Non hai bocado que non pida outro.
Pois non te preocupes, Markesiña, que chega o tempo de farturas nese senso. Haberá que habilitar horas de exercicios físico para queimar tanta sobrealimentación.

----

E con estas verbas imos dar continuidade á singladura blogueira.

Chousa da Alcandra dixo...

Hoxe eliminiei dous comentarios. É a primeira vez que tomo tal decisión.
Acepto calquera crítica que se me faga. Polo contido, pola temática ou polo que sexa. Pero en modo algún consinto o insulto. Nin a min, nin ás persoas que aquí comentan nin á miña familia. Faltaría máis!
Mentras tanto, habilito moderación de comentarios.

paideleo dixo...

Espero que fosen os porcos que retratei e non eu o inspirador do teu posteo.

Chousa da Alcandra dixo...

Paideleo :-) moi agudo

paideleo dixo...

Haiche quen me gaña con diferenza !.

Zeltia dixo...

¡dous comentarios eliminados!
e eu non os puiden veeeeer, jajaja
disme follonera, e sí que cho son, aínda que nos sitios amigos prefira asistir de miranda :-)

galmar dixo...

hehehehe :) tenche o seu aquel a frase é certo!! biquiños xa non desde o Miño, senón desde a costa da Coruña :)) na que hai farolas a moreas!!! e ben que costaron!! un biquiño :) e felices festas!!