mércores, 4 de novembro de 2009

Ansia

Hai moitas cousas que non se aprenden en ningures. Nin na escola nin no bacharelato nin tampouco na universidade. Non queda claro se é unha transmisión xenética, nin tan siquera educacional no ámbito familiar.
É unha especie de celo que xurde por sí mesmo nun momento da vida no que, sin decatarte, apodérase de certas vontades túas e xa non te abandoa nunca máis.
Non é saber nin é intelixencia. Non se compón de normas nin é arbitraria.
Posúena ricos e pobres, homes e mulleres (mira ti!), curas e ateos, feos e guapos...
Ese besbello que te pon alerta cando é preciso, que te desperta sin necesidade de reloxo, que che encadea sen cadeas...
Ogallá sempre manteñamos alerta esa ansia que nos predispón a atención sobre das cousas que importan e que, aparentemente, pasan desapercibidas.

Foto: Neurona metálica. Ansia en estado puro

33 comentarios:

susana moo dixo...

Fas unha fotos tan atractivas, tan ben escollido o enfoque, e tan axeitadas co texto que da gusto.

E che falo da foto, que é moi chula, porque, francamente, non sei de que raio falas: unha cousa misteriosa que nos desperta, que nos pon alerta cando é preciso, que nos encadea sen cadeas... que temos todos metido no corpo, ta os curas...
Meigas fora rapaz!

Marisa dixo...

Bendito sexa ese besbello
que nos mantén a neurona
desperta e as ansias por
decatarnos de todo.

Un forte abrazo.

Cuspedepita dixo...

De todas maneiras, amiguiño, convén ter moito tino con ela, positiva por definición, e non deixar que se nos amontone o choio e se nos converta en ansiedade.
Non sei se me expliquei ben, pero ¡ti xa me entendes!
E ata creo que sei por onde vas e en que cabeciña, ou cabeciñas, che gustaría que quedase ben gravado.
¿A que si ?
Chuchos da Fonsagrada para repartir por Antas.

galmar dixo...

qué foi primeiro, a imaxe ou o texto, teño as miñas dúbidas!! hehehe é que a imaxe e o texto encaixa con tanta forza que parece que naceran a un tempo :))
moitas grazas pola visita!!! un biquiño!
PD: para que eran boas as mazás?
boa noite :))

Carmen Graña Barreiro dixo...

Ese besbello que nos alerta sobre as cousas importantes e sensibles da vida, aínda que para moitos pasen inadvertidas, é unha marabillosa bendición.
Unha cosecha de apertas

Raposo dixo...

Falas dun sexto sentido, non?
As veces, en certas leiras da vida ata facía falta un séptimo e un oitavo.
Apertas sentidiñas.

maruxiña dixo...

O problema da ansia é que ás veces non te deixa vivir pq. non está sempre no certo, e cando non atina mantente alerta por cousas que non merecen a pena... de tódolos xeitos qué viva!!! jijiji

Biquiños rapaz!!!

pitima dixo...

As ansias de vivir?
O sexto sentido?
O sentido arácnido?
jaja
Coidadín coas crises de ansiedade, que son moi malas...
Está ben acordar sen despertador cando fai falla, o malo é cando pasas media noite sen durmir porque vas chegar tarde, ou porque non te deixa durmir profundamente ese pesadelo do traballo...

Pero agora dí a verdade: é máis de mulleres que de homes ¿a qué sí?

Deberías aclarar un pouco máis.. parece unha adiviña

A foto éche boa, pero non vexo eu neurona nengunha, nin ansia positiva. Perdoa, que últimamente non ando fina para sintonizar con ese mirar teu, tan especial, sen dúbida...
Defecto meu, seguro... jaja
Miro eu algo pesado, méteme nun paquete atado tan rexio que non me deixa respirar, pónme ansiosa!!! (¿ou xa viña?)jaja
Eu quero pisar por esas madeiras mortas, quero chegar ó outro lado, onde están as árbores acariciadas polo sol...
Pois eso.
Un bico sen metal, guitarreiro, pero acústico, desenchufado...

irene dixo...

Lo tengo muy claro, la mayoría de las cosas te las enseña la vida, y esas, casi nunca se olvidan.
Miles de biquiños, Chousa.

Anna Mora dixo...

Hola Chousa da Alcandra ! Tienes unas preciosas fotos y encertadas palabras !!.
Por curiosidad , como las asais aqui las castanyas ? :)
Saludos des de Catalunya .
Anna

Harmonía dixo...

A foto, moi boa, como sempre; aínda que esta vez non consigo conxugar exactamente o sentido do texto coa imaxe. É certo que a ansia pode encadear. Pero a min, as palabras deste post, máis ben me recordan á capacidade de intuición, que tamén imos adquirindo ao longo da vida sen saber como nin cando.
Parabéns polo blog!
Saúdos.

Bolboreteira dixo...

Fermosa a foto!! Ten un aquel que non sé que é!!
Non sei exactamente de que fala o texto, paréceme que do sexto sentido ou intución. Iso que nos permite ver cousas que o resto dos 5 sentidos non nos deixa ver.Ese sexto sentidos que temos todos ...uns maís desarrollado que outros e que ninguén nos ensina en ningures.
Xa me diras se a miña intuición fallou.
Bicos intuitivos.

Carlosm dixo...

Parece que non saben o que significa ansia Chousa.
Vas ter que tirar da pedagoxía que aprendiches naquel sitio (algo quedaríche, caralho) para aclararlhes a cousa.
Xa houbo quen o pillou, pero claro, como tes tanto alumnado...

Pola minha banda direi que eu tenho ansia para o que quero, me gusta e me da a ganha. Para o resto nom. Ademais, como din por eiqui, para o resto é ansiedade.

Carlosm

Deambulando con Artabria dixo...

Pero ti de que falas, oh??

Será da intución femenina que todos queren ter??? jejeje

Markesa Merteuil dixo...

O cotián é o único que importa: o sorriso de sempre e do que só nos decatamos cando falta.

CriS dixo...

Oh Chousa, este post te ha quedado muy especial, o al menos a mi la lección, el toque de atención, el final... me ha llegado y me ha encantado. Pues eso, que no perdamos el rumbo de lo que merece la pena, echémosle el candado y tiremos la llave.

bfletes encadenados

A.C. dixo...

Chousa alude, e que me corrixa se me engano, a ese estado de alerta innato que todos temos para certas cousas.
Ansia para acordarnos de facer alquela tarefa. Ansia para facer o que hai que facer sin que sexa preciso apuntalo en ningures.
Non ten que ver coa ansiedade. A ansia é sana, non enfermiza.
O que me resulta raro é que non a citase para outra cousiña que os homes sempre teñen moita ansia...hahahaha; pero bueno, como lle reñemos tanto sobre diso igual decidiu envainala desta vez.
Acertei Chousa?
A foto é xenial. Unhas mallas encadeadas que representan as ansias cotiás que se cruzan unhas con outras. Eres un poeta que escribe en verso con imaxes.

Bicos

Kim Basinguer dixo...

Solo la foto me ha impresionado. Desde luego tienes un don para entrelazar las palabras y la imagen.

fonsilleda dixo...

É certo, cando ía ser nai na miña casa estaban preocupados porque era moi dormilona e non me espertaba con facilidade.
Parir e espertarme ao primeiro movemento de dedo, todo un,aínda que fose o meñique.
Ese besbello que non falte, como ti dis.
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Dame gusto ver que ás veces discrepades e incluso percibir que non sabedes qué carallo digo.
Incluso me regodeo na sensación de que me percibides na tolemia propia de quen non expresa con soltura nin donaire o que tan clariño ten que dicir ás veces. Sementar algunha confusión de cando en vez tamén resulta gratificante. Para que logo non digan algúns lectores caladiños que por aquí nos "ch. las p." a cotío ;-)
Non pretendo que me entendades sempre; que senón vou ser un libro aberto e despois ides descubrir as miñas debilidades (algunha que outra poda que teña).

Non falaba eu aquí de intuición (nin femenina nin da outra). Falo da "ansia"; que como ben di algunha interpretadora, tampouco ten que ver coa ansiedade. Alomenos non necesariamente.
En fin, que entre a confusión duns e o atino doutras vaise configurando o que eu viña a dicir.

Eso sí, tedeme ansia de vir pola Chousa, que me gusta moitísimo vervos por estes lares.

paideleo dixo...

Vaia, refíreste á chispa da vida ou a un sexto sentido ?.
Que non nos falte nada !!!.

paideleo dixo...

Que burro son. Selera o teu comentario...

matrioska_verde dixo...

¡ay como me gustan as cadeas, chousa!
e esas ansias das que falas,
as que nos fan crear
e voar, a pesares das cadeas.

biquiños moi soltos (por aquelo da contradición, mira ti)

Zeltia dixo...

bueno, pois menos mal que eu chego cando o debate está aberto, e resolto!
a mín parecíame que sabía de qué estado estabas a falar, mentras lía o que posteaches, pero coa última frase:
Ogallá sempre manteñamos alerta esa ansia que nos predispón a atención sobre das cousas que importan e que, aparentemente, pasan desapercibidas.
pois xa me liaches: pq algo que desperta a nosa ansia, dende logo, non nos pasa desapercibida!

e tal como eu o entendo, a ansia por algo ou alguén, sí que pode derivar en "ansiedade",
pero a saber que raio entendín!

e bueno, o de ch. p. si que sí, eh!, que o facemos bastante, pero bueno, e o noso ecosistema, esto parece que funciona así, e que nos vai ben desta maneira.

vermella dixo...

miña nai sempre dicía:si tes ansia verálo feito,dende nena a miña ansia faime non ter esquecido os meus desexos....
bico.

busto.agolada dixo...

Pois vouche contar da ansia desde unha anécdota relacionada coa leria d'Os Pendellos. A primeira actividade da Asociación foi unha mesa redonda con seis arquitectos. Un deles, non lembro quen, díxonos que para conquerir o éxito na empresa que acababamos de iniciar compría ter moita ANSIA. Xa ves que nós facemos uso desa ansia como un método eficaz para conseguir metas.
Moitos saúdos e saudiña, que anda argallante a gripe A.

Noa dixo...

non só nos predispón para o importante, tamén para o urxente. é unha frase dunha canción de fito (o dos fitipaldis) que se me quedou gravada: no siempre lo urgente es lo importante. non me gusta fito, pero penso a menudo nesa frase.

Ginebra dixo...

Pues tu espacio está muy bien también. Buena y original foto!!! Me parece que las cosas que importan verdaderamente, a veces, nos pasan desapercibidas como dices, es una lástima. Besos

vakastolas dixo...

neurona metálica? é verdade que algúns pensamentos pesan.

HADEX dixo...

Tamén pode ser debida esa ansia a empatía. A min polo menos pásame coas persoas cercanas. Sinto esa alerta, case paranormal, cando algo non vai ben. Dende que comecei a ler acerca das neuronas espello, a solución e esa, a empatía.

Bicossss

matrioska_verde dixo...

Imos ver (nunca mellor dito), cóntoche:

Eu son hipermétrope desde os dezaoito anos, fai dezaoito anos exactamente. Resulta que o ano pasado polo verán perdín vista a marchas forzadas, de repente non vía nada ven as cousas si as poñía moi cerca. Fun ó oculista e díxome que os que eramos hipermétropes desde xóvenes á presbicia nos atacaba con mais forza. E así foi. De repente tiven que poñerme as gafas para todo, cando antes só as poñía para coser, ver a tele, é o ordenador. Na óptica, e tamén o médico, aconselláronme as progresivas porque era máis cómodo. Custoume tan só un par de semaniñas ou tres, acostumarme a elas e agora estou encantada. Cando as saco e como si o mundo fora mais pequeno e non mola. Tampouco teño moitas dioptrías polo momento pero a sensación progresiva é a mesma.
Anímate a poñelas e xa me contarás.

Respecto ó que dis dos nosos comentarios: Estiven a reler o que eu che escribín o outro día a ver si metera moito a pata. Penso que non. Penso que entendín as túas ansias. A mín desde logo non me fan despertar sin reloxo, vamos, que eu son moi dormilona pero polo demáis si que me poñen alerta para fixarme nesas cousiñas que a outros lle pasan desapercibidas: un xesto, o son da voz, unha mirada...

Non falo mais que xa me enredeir dabondo.

biquiños encadeados, é decir, detrás de un, chega outro, e outro... así ata cansar.

Unseen India Tours dixo...

Nice shot and beautiful words !! Thanks for sharing !!Unseen Rajasthan

Chousa da Alcandra dixo...

Da gusto ver unha Chousa tan poboadiña de comentarios.
Graciñas por vir e por dicir cousas.
Gracias especiais a ti, Aldabra, polo consello sobre as progresivas. Haberá que decidirse entón.