martes, 7 de xullo de 2009

Cantas veces hai que dar voltas para ir dereitos, cantas é preciso facer regos tortos para acadar cales e sucos miliméticros e delimitados.
Enlizar para acadar consensos, ferver pensamentos para lograr friaxe nas ideas, espabilar conciencias coa fin única de salvagardar intencións. Conxelar accións para quentar espíritus, mazar sentimentos co rodete da coherencia para obter a manteiga da sensibilidade na ola da sabiduría...
Desatar fibelas para amarrar cos amallós da razón as fibras da nosa propia identidade.
Decir sí cun nó ben forte que nos faga ver ben ás claras que o galego é a nosa seña de identidade primixenia, inédita, común, curricular, sinxela, profunda, enraizada, doce, forte , permanentemente garimosa e particularmente sublime.
Quen non o vexa, préstolle as miñas lentes.

Foto: Nó que une dende os catro puntos. Diante del, gardar as navallas!!!

32 comentarios:

Son Unha Xoaniña dixo...

Parabéns por iste post, non se pode expresar mellor o amor a unha lingua, a nosa lingua O GALEGO.
Bicos.

Deambulando con Artabria dixo...

A min dame un nó deses para amarrar ben amarrado ao promotor da miña casa...

busto.agolada dixo...

NÓS, GALEGO, SEMPRE.
NÓS NAS CATRO DIRECCIÓNS, CARA O MUNDO.
NÓS DE SENSIBILIDADE E CORAZÓN.
Apertas de nós.

CriS dixo...

Pues si que es vuestra identidad, una forma de vivir y sentir como ya he dicho otras veces... Venga, a quien no lo vea tu le prestas las gafas, yo le presto... ummmm No se... si llega a ver le invito a una copita de vino, la dejo en el estante, ja ja.

bfletes atados.

pitima dixo...

Qué bo post, qué bo..
Heino de ler máis veces.. Tenche miga. Haiche anacos sobresaíntes, e en conxunto resulta sublime, doce, intenso, profundo...
E boa foto, ese Nó, con acento, con catro cordas ben fortes, catro, como os puntos cardinais, e como os catro anacos de Galicia, ¡con Antas no medio! non podía ser doutro modo

Bico grande, para ver sen lentes...

Kim Basinguer dixo...

Precioso, sublime, tenro, encantador e cheo de forza.
Cóntoche un segredo, es das poucas persoas que entendeu o chiste da igrexa da miña post. Non podia ser doutra forma.

Antón de Muros dixo...

Sí señor! a nosa seña de identidade, sexa onde sexa: no medio da Galiza ou "moi lonxe" dela ;-)

Unha aperta.

Antón.

Anónimo dixo...

Quizás máis forte... pero non máis claro!

Un saúdo cun nó na gorxa!
Cousiñas de Ro

Anónimo dixo...

Moito me gustaron as túas comparacións contrapostas.
Bicos pícaros.

Raposo dixo...

Pois préstalle as lentes o Feijoó, que creo que lle fan falta!

irene dixo...

No necesito tus gafas, lo veo perfectamente, así tiene que estar el gallego, fuertemente amarrado, yo nunca dejaría que se perdiera en el tiempo, y aunque no soy gallega, me encanta el gallego, Galicia y los galleguiños.
Moitos biquiños, Chousa, lindo.

Deambulando con Artabria dixo...

Como veña FEijoo por aquí vaite censurar o blog....

gdec - Geraldes de Carvalho dixo...

A sua prosa eu leio como se fosse poesia brotada directamente da terra .
Muito agradecido por ela-prosa-
Geraldes de Carvalho

Carlos Sousa dixo...

Algúns nin con lentes, cando non se quere ver, da igual telas. Agardo que se vaian dando conta.

Chousa da Alcandra dixo...

Mencía: Mira que me poño colorado se me "parabeneas" ti eh!!. Ti ben sabes que sí se pode expresar mellor o amor pola lingua: facendo uso dela a cotío. Á que si? Un bico grande dende o miolo do país!

Artabria: Como como?. E Luismi sabe o que queres facer co promotor?... jajajaja

Busto Agolada: O feito de ter comentaristas poetas, e por riba amigos, é o que ten!. UNHA APERTA MAIÚSCULA!

Cris: Os beizos son madrillegos. Non sei se o viño era galego. Cecais a copa foi "soplada" por un galaico. Xa sabes que galegos hainos en todas partes!

Pitima: O mellor de escribir é cando te interpretan así de ben. Se fose músico, o instrumento sobresaínte da peza terías que tocalo ti.
E por riba dis que me vas reler. Acabarei colorado. Xa que non me dou posto moreno...alomenos rubear algo jajaja
(O de Antas no medio...merece un dix points para vostede.
(A Pitima sabe como tocar a fibra sensible do que suscribe. Vantaxes da veteranía!)

Kim basinguer: Non me vou atribuir moito mérito por entenderche o da igrexa. Agora que non nos escoita ninguén (shhhhhhhhh) direiche que estudei nun Seminario,i eso...aporta bagaxe para captar cousas ;-). Se a iso lle engades que son galego...que máis lle queres ó santo; que faga milagres?

Antón de Muros: E que as señas de indentidade van onde chegan os corazóns de quenes son capaces de sementar -en arterias fértiles- o xoromelo do amor por un país...
Qué carallo che vou contar eu a ti que non saibas!

Rocío: Os nós na gorxa por dentro amosan un xeito de sensibilidade (por fora non quero nin pensalos jajaja). Non me gusta berrar moito, ainda que tampouco son capaz de reprimir en demasía; así que dito queda. Coa claridade que sei e coa altura que lle cadrou.

SoO* : Contrapoñer case sempre permite discernir con máis claridade as cousas. Cando acendes un misto de día case non se percibe. Pero se o prendes de noite...a cousa cambia!

Raposo: Non llas presto que mas vai abafar con tanto choio como ten!!!. Non che hai máis cego que o que non quere ver.
Así e todo estou convencido de que gobernar de cu ás realidades ten un tempo. En algún momento hai que virarse á realidade.

Irene: Mira ti por onde, a ti sí que chas prestaba oh. Así son as cousas: a quen lla queres dar, non lle fai falla e quen carece dela, ou non lla das de boa gana ou non cha sabe coller...Que vida máis dura, raio!

Artabria: E como cres ti que faría?. Pediralle a Blogger que advirta de que "vai vostede entrar nun blog excesivamente galego". Jajajaja

gdec: As tuas verbas fanme encher o peito de honra. A propia visita do Mestre xa me acugula de ledicia; de xeito que todo o que poida dicir vai quedar pequeno por máis que me estenda... Grazas Geraldes!

Carlos Sousa: Eu agardo exactamente o mesmo ca ti: que se decaten de que non ten sentido ir polas silveiras cando se vai moito mellor pola corredoira.
Ademáis, se queres coller unha amora, non é preciso tirar co valado!

Paz Zeltia dixo...

unha entrada moi interesante, polo contido, por suposto, que a todos nos toca o oquiño quente do cariño pola nosa lingua; pero sobre todo pola forma de expresalo: toda unha alegoría; i esa enumeración de imaxes escollendo palabras mornas que despois van apuliñando pola emoción cara arriba,volvéndose fortes, ata chegar a ese nó que o dí todo.
Creo que lin os teus post todos, dende o inicio de blog, e nunca foron perder o tempo, sempre saco algo de proveito: dende reflexións, ata sorrisos; pero claro, sempre hay algúns que gustan mais ca outros, ainda que gusten todos; i esta entrada de hoxe gustoume moito.

Barreira dixo...

Non hai peor desplante a esta terra e aos que habitamos nela que, non o de non falar en galego, senon o de promover a fala do castelan e criticar, non a quen fala galego (posto que a min iso a min ainda me motiva mais), senon que se promova unha das nosas señas de identidade: o emprego da nosa lingua.

anto dixo...

Que ben o dis, meu!
Un punto de unión que leva a todas as partes; así o temos que converter.

Máis arriba apunta o espelido do Raposo que Feijoo e CÍA precisarán dos teus lentes (que poñen as cousas ben clariñas); entendo que non é problema de ollos o que eles padecen, senón de interpretación, fállanlles o cerebro e, máis ca nada, o sentidiño. Sería capaz de poñer os teus lentes do revés... ou revirados para non ver o que hai que ver!

susanamoo dixo...

Mellor que nós, prefiro pórlles esposas, ben amarradas ao cabeceiro da cama.

Carlosm dixo...

Un nó bem atado sin que nos afoge nin corte a circulaçom. Un nó ben feito. Ise é o nó da nósa lingua.
Cando falas bem moi bem falas Chousa.
Apertas
Carlosm

Ana Conde dixo...

Non sei se me gusta por como o dis ou polo que dis. Seguramente ha ser unha mezcla das duas cousas.
Gústame moito. E sintome moi identificada coa imaxe que elexiches para simbolizalo.

Ana

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Que me digas que leiches todos os meus post xa me emociona abondo, como para que logo sigas dicindo o que dis.
Hai veces que saen direito do corazón ó teclado; co cal non sei se teñen moito mérito.
Tiña o día emotivo e así saiu a cousa. Tendo en conta que mañán é feira en Antas, terei a cámara atenta por se volve a moza dos vaqueiros...

Susanamoo: As esposas, en determinadas situacións, poden ser pouco recomendables jajaja.
En todo caso, cuns nós ben feitiños tamén se pode inmobilizar axeitadamente...

Carlosm: Hai que buscarlle a mesura, incluso aos nós. Febles e á vez fortes. Tensos e de xeito simultáneo relaxados. En definitva: ser un virguero!


Barreira: A lingua hai que empregala sempre. Incluso para falar!!!

Anto: Eso quixen dicir i expresar. Que o captases faime ilusión, carallo!. Vese que sei empregar a lingua escrita.

Ana Conde: Non sei se me gusta por que mo digas ou por que o pensas. Espero que sexa pola mistura das duas cousas. Graciñas pola tua identificación comigo.

~pi dixo...

lindo nó:

forte

resistente

capaz de sus ten tar

capaz de fazer

a cre di tar

( na identidade

no pão com-um

à-flor-dos-lugares :)



beijo



~

Anónimo dixo...

Es realmente admirable como defendeis vuestra lengua. No se si el castellano tendrá defensores tan vehementes como logran concentrar las lenguas más minoritarias del Estado. Os felicito por la devoción que les demostrais.

Un saludo desde Salamanca

Avelainha dixo...

Se un día preciso que me defendan e falen ben de min quixera que o fixeran con esta mesma devoción que amosas pola nosa lingua, Chousa. Se abres bufete avísame :)

Un bico

Markesa Merteuil dixo...

Debería ser sinxelo achegarse á identidade propia, pero hai quen non o consigue nunca. Será que é incapaz de superar a nenez e a adolescencia, non é?

HADEX dixo...

De tódolos xeitos hai que loitar con ese complexo que forma parte da idiosincrasia galega. E penso que hai que cambiar o discurso coa xente nova, que xa non ten complexo pero tampouco conciencia de identidade...O tema ven de lonxe e é complicada resolución.

Cuspedepita dixo...

Amén.
Non se pode dicir de xeito máis fermoso e máis gráfico.
Quedei sen palabras ( e ti ben sabes que iso non é doado ;-) ;-))

Apertas

vakastolas dixo...

O texto excelente pero a imaxe ... tan sinxela e con tanta forza silenciosa que me chegou moi fondo, que me esperta as ganas de atarme a todas as verbas da nosa lingua, de atarme a lingua mesma, así... tan forte como poida...

Chousa da Alcandra dixo...

~pi : Ti si que amosas sensibilidade cando podes ver a flor que se agocha, nun xeito pixelizado pola vida, nese nó. Un nó que resiste e acredita a forza dun pobo...

Anónimo de Salamanca: Contareiche un segredo. O quid da cuestión non radica en como defendemos á lingua; realmente é a lingua a que nos defende a todos e cada un de nós!!

Avelainha: Se o delicto ou faltiña que cometas é o mesmo que ten perpretado a nosa lingua...será ben doado defenderte!. En todo caso, vou tomando nota de posibles clientes...

Markesa Merteuil: Entón queres dicir que eu, ainda sendo tan neno como son, xa son mentalmente adulto?.
(Hai quen non pasa de primeiras raias, no que a identidade social se refire, ainda que acada diplomas posteriores. Non é?)

Hadex: Certamente: sen complexos pero tamén sen conciencia. Delicada tesitura. Pero, ainda con eses vimbios, habemos facer o cesto das palabras. Ou?

Cuspedepita: Boh, o día que a ti e a min nos deixen sin palabras vai ser por unha afonía; que senón...complicado o teñen!.
Graciñas polas loubanzas que me adicas. Vindo de ti teñen ainda máis valor.

Vakastolas: É ben certo que en ocasións os silencios son os que máis e mellor comunican. Estiven re-mirando o nó da imaxe e tés razón. É outra interpretación silente que non lle vira. Así da gusto!

A Conxurada dixo...

O importante é o camiño...non a meta.

Por fin de volta...cruza os dedos para que non volva recaer...jejejeje.

Un beijinho, pero de lonxe...non vaia ser que aínda che contaxie algo.

Chousa da Alcandra dixo...

A Conxurada: Dedos cruzados! non vaia ser que che se ocurra contaxiarme.

E xa que na foto puxen unha corda, vou conCORDAR contigo na frase de que o relevante (e obxecto de disfrute) é o camiño en sí mesmo. Nunca a meta...
E pódese aplicar a ben cousas. Á que si?