venres, 12 de xuño de 2009

Fertilidade

Doctas mentes traballan en laboratorios, profusamente equipados, na procura de fórmulas alternativas de producción máis rendibles e abondosas.
Agresións nimias estragan grandes e cuantiosos proxectos que producen vértixe ollando os seus orzamentos ( conste que non estou a falar de Florentino Pérez e os seus galácticos)
E de súpeto, chega a natureza e amósanos o paradigma da fertilidade logrando con éxito que a semente xermole nunha pedra. Enxeñería xenética de pasmosa arquitectura.
Manda carallo!

Foto: Antas de Ulla, onde ata as pedras son fértiles

35 comentarios:

susanamoo dixo...

Iso, manda carallo! Porque non tes mais que mirar para eles e flipar coas transformacións espectaculares que se producen para enviar a semente.

Deambulando con Artabria dixo...

FAi algunhas semanas vin nas noticias que había unhas plantas que ata perforaban o alcatrán.........creo que eran fieitos ou algo asi.....

Antón de Muros dixo...

A natureza é sorprendente!

Unha aperta.

Antón.

Carlosm dixo...

Nom deixa de ser curioso que unha fendedura na pedra acabe por ser o lugar por onde xurde a vida.
Tal cal no mundo animal; por unha bela fendedurinha penetra a semente e xermola a criança...

Bo ollo
Boa jornada

Carlosm

XuntanzaColexioAntas dixo...

Un tratado de fertilidade e outras artes das que ti dispós en abundancia. Agardámoste non so individualmente na xuntanza de ex-alumnos e mestres do Colexio de Antas de Ulla, senón tamén como dinamizador e propagador do evento.

Avelainha dixo...

Na tua liña de sempre, non deixas de amosarnos con PASMOSA TRANQUILIDADE cousas que moitas veces nos pasas desapercibidas. Sempre resulta un pracer vir pola teu bló.
E tes moita razón: manda carallo

Bicos

Harmonía dixo...

A natureza sempre segue o seu camiño. Ocorre que, moitas veces, nós non nos decatamos.

Saúdos.

~pi dixo...

hay esperanza!! :)





beijo






~

Ana Conde dixo...

Fermoso e magnífico.
Deberías propor esta imaxe para o galego en VIeIROS: por mais complicacións que lle poñan, o galego medrará incluso entre as pedras.

Bicos

anto dixo...

Se esa herbiña foi quen de tirar para diante entre a dura peneda, o galego, o NOSO, tamén ha librar dos lobos que corren detrás.
Cómpre non durmirmos moito... O tempo non nos sobra.
Mil primaveras máis para a lingua galega!!!

HADEX dixo...

O meu mozo atopou o outro día na nosa finca un frasquiño de perfume e no seu interior, un brote de sabe Deus que...similar a ese que tes ti aí....O instinto de superviviencia!!

Millón de bicoss

Anónimo dixo...

"a vida sempre encontra um caminho" - não sei quem o disse, mas... é tão certo como essa planta que brota da pedra... e esse génese é tão natural que acontece - é - para além de todas as engenharias intelectualmente arquitectadas. maravilhosa imagem que, deste génese, captou a tua visão sensível, Vizinho!
um beijo,
Alexandra

vakastolas dixo...

Estivo a miña tentada por un segundo a atribuirlle tal prodixio da natureza a algún aprendiz de experto en "brotes verdes". Pero sospeito que mans máis poderosas mangonean o universo.

matrioska_verde dixo...

canta razón tes...

de feito sempre penso o mesmo cando paso por unha calle de Ferrol, donde vexo crecer as plantas e as flores das pedras, nun solar que está abandoado...

calquera destes día lle fago unha foto como ti.

a natureza sempre vai por libre por mais que nos empeñemos en domeala.

bicos de domingo,

matrioska_verde dixo...

¿xa adiviñaches o significado das letras?

;-)

bicos.

Markesa Merteuil dixo...

Hai quen sabe aferrarse á vida, e quen sabe destruila como ninguén.

Anónimo dixo...

Miiiiiiira onde foron salir os brotes verdes do ZP. En Antas. Pois menos mal que sairon por algures. Xa lle paso eu o enderezo do teu blogue á Moncloa, xa que eu penso que os siguen buscando ainda eles tamen he.
Boa foto de todos xeitos.

Manoel Varela

Anónimo dixo...

E eu me pregunto ¿portándonos tan mal con ela, porqué a natureza sempre sae para adiante aínda nas peores adversidades? De súpeto se me ven a mente a cantidade de hectáreas que son queimadas todos os anos pola man destrutora do ser humano, e en pouco tempo volve a xerminar...

¡Bendita fertilidade!
Cousiñas de Ro

Kim Basinguer dixo...

¡Manda carallo!

pitima dixo...

Pois sí, prodixiosa..
Tiñas que ver como se enche de herbas a nosa acera. Prodixioso tamén... jaja.
Moi pouco ético o dos xogadores de fuchibol.
Un bico fértil

Raposo dixo...

A natureza ábrese camiño nos entornos mais insospeitados e inhóspitos.
A pregunta que me ven agora a cabeza é: ¿PPero, abrirase o sentido común e a dignidade na mente obtusa dalgúns dirixentes políticos? Esto pode ser aplicable tamén a certos presidentes do futibol.

A lareira de Santiso dixo...

Máis listo o reino vexetal ca o animal, porque unha elevadísima porcentaxe de humanos anda pelexando para ter descendencia. Cada vez máis, sorprendentemente.
A foto non ten desperdicio, Chousiña.
Apertas desas que compartimos.

Barreira dixo...

Oiches!!!. Que á nacional 540, ao seu paso por Carballedo, tamén lle nace herba no asfalto. E non é porque pasen poucos coches. E despois din que os coches contaminan. Iso sí que manda carallo!!.
Saudos.

CriS dixo...

La vida se abre camino hasta en los lugares mas adversos o aparentemente "imposibles" de albergarla, de cobijarla. Una muestra mas de la fuerza de la Naturaleza.

Bfletes difíciles pero sentidos ;)
(ya tienes tu foto colgada en su calle...)

Chousa da Alcandra dixo...

Vaaaaaale, ben sei que a primaveira trae consigo unha escolta de frondosidade visible e palpable (case non é "pisable" polo abundante que é). Pero non me negaredes que a PALLIÑA -permítaseme a licencia- de Antas ten moito carácter.

Anónimo dixo...

Si, semella moi tesa e forte... ¿ten algún destes rasgos certa similitude coa xente que pisa as fértiles pedras de Antas?

Un bico (e só un, que... din que hai crise jajaja!)
Cousiñas de Ro

paideleo dixo...

Se o quixeras facer a propósito non che saía.
Marabillas que hai na natureza !.

Doutora Seymour dixo...

É un acougo ver que sempre hai por onde sair, malia o que un teña enriba.

Carlos Sousa dixo...

Moi fino e agudo. Xa que o mencionas, a ver se toma nota o Florentino ese e lle medran as figuras na canteira, que senón vaise arruinar.

O do marathón de Antas, me parece que vai ser que non, a nos cos 100 metros lisos chéganos, jeje.

Paz Zeltia dixo...

da para pensar, si. case custa crer que seamos quen de acabar co planeta de seguir así: porque a vida ábrese paso.

Carlosm dixo...

Oleeeee xa vejo que ata fas unha tractorada virtual e todo. Tás muito en linha coa tecnología he.

Muito bonito

Elvira Carvalho dixo...

A natureza teve um Criador de excepção.
Um abraço e obrigada pelo voto.

Noa dixo...

nunca poderemos superala, por moito que se empeñen.

Paquito de Penas dixo...

¿E non será unha mala herba?
Agora os homes tamén traballan en laboratorios, ao contrario daquel utópico mundo feliz, para construir un mundo onde a xente non poida eso, feliz :-(

Emacc dixo...

É o maravilloso da natureza e que os humanos negámonos a ver fabricando cousas e máis cousas que pensamos que son maravillosas pero que do lado da natureza son meras tonterías!!!