domingo, 17 de maio de 2009

Mañán

E mañán, 18 de maio, empezan os días das letras galegas. Expresión escrita dun xeito de falar, de sentir, de vivir...Dunha maneira que nos identifica e nos une, e nos fai pobo, cultura viva e sentimento firme.

En cada intre da vida cotiá, en cada badalada da imaxinación i en cada pálpito do corazón, circulará polas veas do noso pensamento e voltará polas arterias da expresión escrita, da falada, da pensada...

Foto: Letras galegas da vida cotiá

37 comentarios:

Druid dixo...

Tranquilo que agora van comenzar a rotular o nome das galescolas, vanlle por "gallescuelas", pa normativizar i esas cousas raras que ten que facer feijoo (que non feixoo) para "desfacer entuertos".

Abrazos hombre... esto, digo, apertas home.

Maria dixo...

O certo es que non vexo que defendámolo noso idioma coma noutras comunidades, eu a primeira que non o utilizo, mea culpa, mais no meu entorno non é algo cotiá, e coma consecuencia non é a lingua principal

Estou dacordo coa reivinciacion do seu uso, e sobre todo coa sua conservación, xa que tivemos dabondo cos séculos escuros

saudiños e boa semana!!

Raposo dixo...

E mañán, e pasado mañán, e a semana que ven, sempre... sempre!

HADEX dixo...

Ja, ja, ja.....é boísima esa publicidade, acabo de botar unhas gargalladas ben a gusto.

Bicos Chousa.

Lapis-vermello dixo...

Iso é verdade en galego TODO. Saúdos.

Cuspedepita dixo...

Si, mañá comeza un ano novo de 365 días das letras galegas para aqueles aos que o sangue nos circula en galego.

Teremos que seguir sementando o noso idioma para que medre no corazón dos nosos fillos, como se fixo sempre, ao longo dos séculos. Non hai camiño máis seguro para a súa supervivencia máis aló dos tempos escuros e neboentos.

Carlos Sousa dixo...

Toda a razón, a conmemoración non debía acabar hoxe, tiña que durar todo o ano. Péselle a quen lle pese.

anto dixo...

Eu...en galego fago todo.
A verdade é que aínda non lle vin os límites para ter que deixalo por outro. Poida que sexa só por unha cousa: por ser o meu; pero... a min esta razón chégame.

anto dixo...

Paréceme que imos ter que facernos bastante máis esixentes cos nosos dereitos lingüísticos e deixarnos de caralladas. O amabilismo ao estilo de Piñeiro non levou a nada, ou si: levou a redución do seu uso. A chulería dos que queren rematar con nós resulta insultante.

Imos ter que cantarlles:
De cu, ponte tu*
para que non nos dean polo _ _).

*tu: utilizado na variante ourensá.

Antón de Muros dixo...

Mañá comeza o resto da vida da nosa lingua (aínda é 17 de maio aquí).

En calquera lugar do mundo onde alguén fale ou escriba galego, alí estará a nosa identidade, a nosa memoria.
Polos nosos antergos e por nós mesmos.
Eu digo: ¡presente!

Antón de Muros.
Un galego lonxe da terra.

CriS dixo...

Ola!! Felicidades a lingua galega e aos galegoparlantes (como se dice esto...ains...) porque o galego non e só unha lingua, e unha forma de vida, o galego É.
Xenial o cartel matoume... buenísimo.

Bicofletes madrillegos.

Lúa dixo...

pois tende coidado que a este paso o feijoo quita este dia tamen....

pitima dixo...

A min, inda que aprendín Galego, e me gusta moito, e non se me da mal... pois criáronme en Castelán, así que son castelán-parlante. Pero estou a facer un esforzo: Quero falarlle galego ós meus nenos, que son os que agora teñen que aprender. Estou decidida. É a nosa responsabilidade.
De feito unha das miñas mellores amigas é galego-parlante e xa me está a contaxiar... jajaja.
Un bico raro...

Doutora Seymour dixo...

Feliz día das letras, hoxe, tamén.

Barreira dixo...

Que razón tes, raio. E que razón teñen o pepiño e mailo cuñado manoliño.
De todos modos faltalles visión de negocio. Leña xa venden. Deberían aproveitar as sinerxias e vender o viño tamén. E para quen non teña tazas, pois tazas.
365 saudos.

Deambulando con Artabria dixo...

E despois paganse contas millonarias ao executivos das empresas de marketing......que falen con Pepiño........

Revisarei o das casas rurais, que se me pasou por alto....

Carlosm dixo...

Chousa, acabas de descubrir a un crac do marketing. Ti, que seguramente tes o telefono correcto deberías chamalo e fichalo. Este tio vale moito.
Despois montades unha empresa a medias e ti pós os torresmos e mailo vinho.

Apertas galegas sempre

Avelainha dixo...

O crack o eres ti.
1) Por descubrir a Manolo e a seu cunhado
2) Por compartilo con todos nos
3) Por ter un blog tan ben feito
4) Por expresar tan ben a idea do que son as Letras Galegas
5) Por poñer cus en todas as fotos sin que os vexamos
6) ...

Felices dias das letras galegas

Anónimo dixo...

Dentro de pouco nin se vai poder falar porque xa... A este paso. No século XXI e semella que queren voltar ao XVII... Tanto feighoo...

NATALIA dixo...

FELICIDADES!! LA LENGUA DEBE UNIR EN LUGAR DE SEPARAR.
SIENTO NO PODER ESCRIBIR EN VUESTRA LENGUA, OS PUEDO LEER Y ENTENDER PERFECTAMENTE PERO ESCRIBIR..
SI VOLEU PUC ESCRIURE EN L'ALTRE LLENGUA MARE QUE TINC.
petons (besos)

Paz Zeltia dixo...

xa tomei nota dos números, que nunca se sabe cando unha os pode precisar.

respecto ó outro, cústame, pero non vou falar do asunto, porque teño un xeito de pensar un pouco revirado, e ás veces cabreanme mais estes galegosquetecagas de discurso perfecto, e de corazón ruin e vendido ca algunha outra xente que non fala galego porque lle ensinaron a falar en castelán e punto. Amólanme ben estes predicadores da patria metidos a redentores e que estou segura teñen o seu sentir galego metido no ollo do cú.
he dicho.

Anónimo dixo...

Por certo, sóubose xa quenfoi o/a gañador/a de "ferve a rede"? Moito me gustaron os teus relatos...
Bicos doces.

Chousa da Alcandra dixo...

SoO*: Sei de boas fontes que ainda non se fallou o premio, por non terse constituido ainda o xurado.
E alédame que che gustasen os meus relatos. Seguro que recoñeciches os tres? jajaja

Zeltia: se che fai falta leña contacta comigo, que eses números difumineinos e se cadra non logras liña con Manolo nin Pepe. Con respecto ás redencións...que che vou contar eu de curas se veño de ser nomeado cardenal!

Natalia: Da gusto percibir la variedad que nos enriquece y que, por tanto, nos une. Así debe verse y así la interpreto. Bicos e petons sin mesura.

Avelainha: Vaia, con tanta gabanza ainda acabarei por poñerme colorado. Con seguidores así...da gusto.
Bicos.

Carlosm: Ando na procura del, pero ten o teléfono fora de cobertura. Para min que se montou no dólar dende que puxo o anuncio e agora é un gurú da leña picada a nivel mundial. Quen sabe!

Artabria: Tal cal lle dicía a Carlos. Esto é como o da sorte; que sempre está agochada en calquera lado e aparece sempre que non a buscas!

Barreira: Deben andar niso. O que pasa é que na economía de escalas hai que ir con paso firme; e antes de matar o cocho nunca debes facer cábalas coa cantidade de torresmos que podes facer. Que che vou contar eu que ti non saibas!

Pitima: O importante dos códigos é que sirvan para comunicar e, polo tanto, que sexan interpretados. Despois...case todo resulta secundario.
A min mólame moito o galego, sintoo moi dentro e punto.
Xa ves ti que ben conxeniamos ti (castelamparlante confesa) e máis eu (aradiño de pau).
Biquiños e besos tamén.

Lúa: Non quita non. Xa verás. Se ó final todo é puro márketing electoral...
Ninguén pode esquecer (nin feijoo tampouco) que votantes do pp tamén falan (e son) galegos. Hoxe hai que fiar moi finiño para que non chaia o fuso no chan.

Cris: Graciñas polas felicitacións. Pero terás que dalas cada día do ano. Xa ves que eu digo que o día das letras son todos os días!

Antón de Muros: Sempre me gusta ben lerte e percibir a túa pegada pola chousa. Fas que me lembre que Galiza somos moita xente. De aquí e de fora tamén. Apertas fraternais.

Anto: Eu non che sei cal é o xeito correcto de desparafusar este parafuso. O certo é que de "alí vimos e aquí estamos"; e teño o presentimento de que mañán...acolá estaremos. ;-)

Carlos Sousa: Boh, so fixen unha exposición do que todos pensamos. É como o conto do día da nai, dos namorados, daquelo ou do outro. Cada día hai que vivir, e sempre ven a conto ter un día para conmemorar algo. Pero se non o estamos namorados, se non somos pais/nais cada día...pouco sentido tería celebralo en día ningún. Non é?

Cuspedepita: Pois contando contigo de sementeira, eu serei o arado que vai abrindo a cal; ainda que a madeira me fenda as costas un pouquiño.
Supoño que non nos faltará quen lle bote o mineral e pase despois o angazo para cerrar os sucos...

A zanfonista: Por suposto. Enténdese doutro xeito na Galiza?.

Hadex: Xa ves como as ghastamos pola Ulloa. Aquí temos campus propio e a xente doutórase por libre e colga os diplomas por onde mellor se ven: no campo da festa!!. O certo é que o anuncio do Manoliño veume como anel ó dedo para dicir o que quería expresar.

Raposo: Xusto! Esa era a idea. Xa vexo que os raposos pilládelas no aire!

Lolylla: Faise o que se pode. E ás veces incluso algo máis. Pero nesto tamén se pode aplicar aquelo de que "hoxe máis que onte pero menos que mañán"...

Druid: Rotular rotularán, loguiño de crarear...
Esto da política es lo que tiene; unhas veces con b e outras con v...ímola virando.

Cógito. Ergo sum.

CriS dixo...

si te felicitara cada día del año te hartarías de mi, ja ja, que valga este día por todos y cada uno por el orgullo que siente de personas como tu.

bfletes... cada día-

Anónimo dixo...

Os tres? Anda! Só teño coñecemento de dous... Eu tamén me animei a mandar un, mais non me quedou moi alá...
Bicos golosos.

susanamoo dixo...

Eu falo, falo, falo falo ...

Mer dixo...

moi bo o cartel
éche boa verdade que a ver se hai un día das letras castelás e o resto do ano é o das letras galegas, e aínda por riba andamos ás voltas co novo apartheid nas aulas...
en fin...

pitima dixo...

Éche certo, conxeniamos ben, pero é que con persoas coma tí é moi doado entenderse, sempre atento e aberto as ideas. Haiche poucos entendedores do teu calibre.

matrioska_verde dixo...

convídote a que pases polo meu blog e leas dous poemiñas en galego que deixei para celebrar o día das nosas letras... un é de Celso Fernández Sanmartín e outro de María Lado, dous grandes poetas poetas novos... a María tiven a sorte de coñecela en persoa porque veu ó noso obradoiro literario e é tal cal escribe.

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

SoO*: Pois hai tres; pero nun ía de incóngnito!

Susanamoo: Jajajaja. Moi oportuno o xogo fonético. E se unha polaca lle di a unha galega: Galegona!; que debería respostar a galaica?

Mer: Canta razón tés co do apartheid. Fíxome feridas nos ollos cando o lin na prensa estes días. Dudo moito que sexan capaces de levalo adiante.

Pitima: Boh, e que ti mírasme con bós ollos e así calíbrasme de xeito subxectivo. (Eu penso que eres ti a boa entendedora!)[Chousa ponse colorado]

Aldabra: Alí fun, a ese teu convite da festa das letras. Máxicas palabras as que empregan os mestres por ti elexidos. Un pracer nadar entre esas augas.

paideleo dixo...

Para min foi un día normaliño coma todos.
A ver se organizan un ano das letras galegas en vez dun día.
Déixoche un premio no meu blogo.
Graciñas polo da fin de semana nunha casa rural pero non estou con gañas.

Anónimo dixo...

Pareceme un xeito moi inxenioso de publicitarse sen gastar un can. Non se debería subestimar a imaxinación do galego porque cando nos poñemos a argallar algo non hai quen nos gañe en orixinalidade ;)

Un saudiño!
Cousiñas de Ro

Anónimo dixo...

cada día tes máis e máis comentaristas!!! pois íache comentar algo laaaargo pero despois de baixar a flechita para abaixo, comentario tras comentario durante un minuto, creo que paso jejej

vakastolas dixo...

Un ano non... unha vida enteira!

Chousa da Alcandra dixo...

Paideleo: Axiña recollo o testigo desa proposta tan magnífica que me fas nesa magnífica bitácora tua; que hoxe xa nos ten enganchados a moitos, pero seguro que cando o Leo se faga grandiño o fará tremendamente feliz de ver a relevancia que dende ben pequerrecho tivo en todo o blogomillo.

Rocío: Dende logo que o Manoliño é todo un artista da comunicación. Con todas as coñas xa recibín máis dun correo pedíndome que lles pasara os teléfonos dos magnates da leña picada!

Avelaiña: Por moitos que teña, o teu sempre é ben recibido; de xeito que nunca te prives cando queiras dicir algo laaaaaarrrrgo. A Chousa é moi grande e as tuas palabras quedarán ben postas nela. Ademáis eu leo todo sempre (faltaría plus!)

Vakastolas: Tal cal. E coa suma de moitas vidas, facemos país; sí señor-ita!!

irene dixo...

Espero y deseo que no desaparezcan nunca estas bellas letras "galegas"

Si necesito leña, llamaré a Pepiño o a Manolo.

Moitos biquiños.

Paco Penas dixo...

É curioso, a minha cativa fala sempre en galego conmigo e coa súa nai, anque lle fale en galego, sempre en castelán.
Cada día síntome más galego e mellor :-)