domingo, 28 de decembro de 2008

Inocente

Conta unha vella historia que cando Deus configurou os paises decidiu conceder duas virtudes a cada nacionalidade. Así acordou que os franceses fosen refinados e coidadosos, os británicos puntuais e datallistas, os alemáns traballadores e meticulosos…

Cando ceibou as virtudes dos galegos dispuxo que fosen Inocentes, intelixentes e mais do PP. Un arcanxo (penso que foi San Gabriel, que sempre se mete en todo) díxolle:

- Señor, a todos lles das somente duas virtudes e, pola contra aos galegos estás a concederlles tres; non consideras que é inxusto?

O Todopoderoso mirouno e, decatándose do seu (suposto) desliz, matizou:

- Tes razón. Por elo decido que das tres concedidas, somente poderan concordar nunha mesma persoa duas. A escoller e de xeito excluinte…


(Como podedes observar, manteño a mesma liña editorial despois de transcurrido un ano. Cando menos no que respecta ás imaxes e tamén ao lugar de nacemento dos protagonistas... Abonda con botar unha ollada ó post do 28-12-2007 para cerciorarse de elo)

Foto: Chousa fai uns anos. Obsérvese na miña inocente mirada o atisbo da intelixencia...

40 comentarios:

Markesa Merteuil dixo...

Ai, oh...

irene dixo...

Parezco gallega, ¡qué tonta!, y no lo digo por tonta, lo digo por inocente, no me había percatado que ya estamos a 28.
Preciosa foto y preciosa niña.
Gracias por los ánimos.
Biquiños.

Antón de Muros dixo...

Ops! Chousa, que Irene pensa que o da foto é unha rapaza mmmmm

Non hai dúbidas que es intelixente.

A verdade que dun ano ao outro pasamos dun burro a un home feito e dereito jajaja

Unha aperta.

Antón.

HADEX dixo...

Ohhhhhhh!!!! Que fotiño máis tenra!!!
A viva imaxe da.....inoncencia? ou picardía??
Bicos!

Chousa da Alcandra dixo...

Pois vai resultar que finalmente o meu lado femenino existe tamén fisicamente jajaja. Cando iniciei esta andaina blogueira consideraban que escribía como unha muller, e agora que me destapo, Irene tamén ve a unha preciosa nena...Da gusto o ben que me disfrazo!

Non sei moi ben como interpretar esa nota tua, Markesa Merteuil. Non che gustou?. Biquiños inocentes, e sin quitarme o dedo da boca.

Pasamos dun burro a un pitufiño, Antón; e os dous son de Alvidrón e ambos (quero pensar) que miran con intelixencia jajaja.

HADEX, eu penso que daquela a picardía, se tiña algunha, debía estar na chaquetiña que hai detrás de min tirada nas herbas. Era un neniño de aldea que paseaba sobre a candidez e rebechaba sobre o peitoril da inocencia. Tal cal hoxendía!!

Deambulando con Artabria dixo...

Deixando atrás o teu lado femenino.......direiche que eras moi riquiño, jajaja.

Un bico inocente.

Barreira dixo...

Chousa. Impresiona ver como medraches,e en pouco tempo. Ainda que o burro é capaz de facelo en menos tempo que os humanos.
Saudos cordiais.

Markesa Merteuil dixo...

Que este tal deus debeu esquencer que os galegos temos a grande capacidade de ir polo mundo colleitando as virtudes que estimamos oportuno, e así facemos do país o cumio do cosmopolitismo e da tozudez (disfrazada de inocencia. Ese mexan por nós e dicimos que chove e ise nunca trabucarnos co habitual "vas caer". Se non caes é porque te avisamos, e se caes, non será porque non cho dixeramos)...

Chousa da Alcandra dixo...

Artabria Tampouco che mudei tanto...Eso sí, as lorzas que tiña nas pernas non sei onde carallo van; pero polo demáis...cando me miro no espello véxome igualiño ;-). Ata me sigo chupando o dedo!!!

Ti ben sabes, Barreira que esta é uha terra moi fértil e facilita un crecemento considerable. Esta é a razón desas medras ás que ti aludes.
(E o chiste era así. Ti ben sabes que teño amigos inocentes, intelixentes e tamén do PP)

Levas razón Markesa Merteuil; pero no reparto inicial o deus criador repartiu os denarios (digamos que foron atribución endóxenas); despois cada quén foinos incrementando de xeito intelixentemente considerable (adquisición endóxenas); nas que -concordo contigo- os galegos fomos sabendo incluir na nosa configuración.

chimeneaverde dixo...

Estaba en ascuas respecto a cuáles de las tres virtudes habías elegido...qué alivio :)
felices fiestas

Carlos Sousa dixo...

Para min hai dúas opcións, ou coller dúas virtudes, ou o coller a outra e difícil compaxinala coas outras dúas. Unha opinión moi particular.

Pois si que eras bolechiño,

Unha aperta.

Cuspedepita dixo...

Levo uns dez minutos cavilando e non che me dan as contas contigo: ¿Dúas desas virtudes tes ti ? ;-) ;-)
Dunha estou segura( ¡¡ a intelixencia, por suposto !!) pero inocente, inocente, non te vexo moito e...só me queda...uffffffffffffffffffffff...¡non pode ser !!!! ;-)))

Se non é así, eu ca ti mandaría ao arcanxo facer unha reclamación ás alturas...¡que che fixeron un feo de carallo deixarte cunha virtude soa !

Eso sí, ho, dou fe que segues sendo igual de riquiño que na foto, pero menos loiro ;-)

Chuchos inocentes, inocentes :-))

CriS dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
CriS dixo...

Bueno, bueno, no está mal la combinación de inocencia e inteligencia, aunque yo te apuntaría alguna cualidad mas, supongo que bajo la de inteligencia podrían entrar, ja ja y tu inocencia la matizaría... pero bueno... cosas mías, ja ja.
Buena la foto, casi están mas apetecibles tus "patitas" que las del bichín del post anterior, eh!! Cuidadito...
(no te veo el lado femenino ni en la foto;)

bicofletes inocentes?

Son Unha Xoaniña dixo...

Menuda apegota: intelixente e do pp, ou inocente e do pp, ou inocente e intelixente.
Mira que tes retranca ...
Bicos.

busto.agolada dixo...

Gustoume a historia. Pero non vou caer na inocentada dos estereotipos. Nin todos os franceses son como describe o conto nin cadra nos demais tampouco. No caso dos galegos hai de todo aínda que abunden os resignados.
A foto preséntanos a un neno estupendo que terei que crer que é o amigo Chousa, pero non porque lle saque moitos parecidos.
Unha aperta inocente.

Anónimo dixo...

Sempre manteño que coa parte da inocencia que perdemos polo camiño, tamén tiramos boa parte da fantasía. Pero ti aínda gardas un pouco das dúas cousas, do contrario non me deixarías ningún comentario no post de hoxe :-)
Graciñas polos aloumiños e crer en min,

d´Agolada dixo...

Menos mal que ó final o aclaras, intelixentes e do PP é incompatible, moi bo o chiste.
Unha aperta

d´Agolada dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
LM dixo...

era visto... um post onde aparecem juntas uma fermosa fotografia e a palavra inteligente = nena...
beijos

Bea dixo...

o da foto es ti?? como xa dixo Hadex, máis ben a cara asemella a de picardía :P!!!

p.D: Moitísimas grazas polas recomendacións... cancións como a de Quempallou e a de Chouteira, as coñecía, máis non pensara nelas. :)

A lareira de Santiso dixo...

Ese humor teu moito me gusta. Eras ben chusquiño, oh!

LM dixo...

a fotografia nom deixa claro que seja uma nena ou um neno mas o resto deduz-se dos teus comentarios...
beijos ;-D

Druid dixo...

¡Ondia! ¿máis ti non eras do PP?... que decepción.... que inocente fun que me levaches o equivoco.... ala vai a miña presunta intelixencia...

So me queda... Riano.... Ma-riano.

Bicos....
Upsss!!!! (lapsus)
Apertas.

(Verificación de la palabra: Mister jajajajajajaja)

Lúa dixo...

enton eu son intelixente porque non voto ao pepe.....bicosssss

paideleo dixo...

A política é a maior inocentada que se lle fai a unha persoa.
Pois si que tiñas un aire feminino naqueles tempos.

Feliz 2009.

Raposo dixo...

Vamos a ver. Poño un exemplo: Fraga é do PP (obvio), tamén é intelixente (por suposto), polo tanto non pode ser inocente. E si non é inocente ¿que é?. Culpable, culpable. Pois o caldeiro con el.

milonga dixo...

pois eu deberia ser tamen inocente e intelixente, pero do segundo creo que floxeo un pouco tamén... joder, o final terán razon e serei medio irlandesa, así polo menos podo ter algo ademáis da inocencia...

feliz ano a tod@s

pitima dixo...

Jajaja, xa coñecía o chiste sí... A duda que me queda é si as cualidades esas están cuantificadas, que si es máis inocente perdes en intelixencia, ou viceversa... jajajaja
O que temos os galegos que non somos do PP é moita resignación... para aguantar tanta perversión estúpida da maioría (que lle imos facer, se a dereita e unha e grande, e as esquerdas moitas e pequenas... jajaja).
Perversión estúpida Vs Inocencia intelixente.....

Qué juapiño saes... moito máis tenro que o año do post anterior.
Bicos aborregados.. jejejeje. E algún mordisco tamén... que estás na foto pa comerte.. jajajaja.

pitima dixo...

Claro que polo chiste os do PP se dividen en dous grupos ¿non?, os perversos e os estúpidos... aissss....

Oh meu Deus!!: ó final vou ser un pouco do PP tamén... jajajaja (pola miña peversión, digo... )

E tí tamén... qué carallo!
Que terrible descubrimento para acabar o ano!!
Haberá que facer propósito de enmenda para o 2009.
Ave María Purísima...

Chousa da Alcandra dixo...

Chimeneaverde: Muller! Era doadiño de escoller esta vez.
Alédanme moito os teus retornos á blogosfera, ainda que tamén son conscente de que hai vida fora dela; de feito a vida…está fora da blogosfera e traemos aquí retaliños dela para compartir. Un bico e moita ledicia para o ano novo.

Deso vai a historia, precisamente Carlos Sousa; da suposta incompatibilidade entre as tres “virtudes”. Boeno, non deixa de ser un chiste traido aquí para facer un chisco de gracia e risas entre todos. E claro que era un bolechas. Miña nai, cada vez que miraba esta foto, decíame: neniño, realmente non sei como non te comín daquela! Jajaja

Encántame facerte cavilar Cuspedepita. A verdade é que non me resulta raro que tiveras que pensar tanto, xa que eu virtudes…teño tantas…jajajajaja. Boeno, graciñas por outorgarme a da intelixencia así de xeito tan magnánimo. No asunto ese de mandar ao arcanxo a facer xestións…moito me temo que está jodido o asunto. Agora seica che teñen o rango de funcionarios e xa sabes ti o que iso significa!!! Jajaja. Bicos riquiños logo.

Así que che gustan as miñas patiñas eh CRIS?. E menos mal que ti no me ves o lado femenino; xa que como poderás observar en outros comentarios case me fixeron ir mirar varias veces para confirmar a cousa…jajajaja. Como que matizarías a miña inociencia? Pero ti non me ves como o verdadeiro icono dela?, con ese dediño metido na boca (e que ainda me chupo o dedo), coa miradiña de non ter rompido un prato…Un santiño, vamos. Bicofletiños.

Por fin alguén me recoñece a retranca, carallo. Gracias por elo Mencía. E que, xunto coa miña suprema inocencia, penso que outra das virtudes (moi galega ela ) que teño de xeito intermitente é a retranca. O certo é que lle mudei un chisco os adxectivos ao chiste, pero cada cousa compre adaptala a cada circusntancia; á que si?. Bicos tamén para Valdeorras.

Aquí temos outro intelixente; o amigo Busto.Agolada non se molla cos estereotipos. E fai ben, xa que as excepcións sempre son as que fan a regla, e non convén andar con demasiadas superficialidades á hora de valorar ás persoas. E non me digas que non me tiras parecidos da foto. Pero home, se sigo igualiño. Ti e que non te fixaches ben…jajajaja (algo mudei dende aquela, certamente). Unha aperta

I eu publicando sobre a inocencia e o meu amigo Paquito de Penas espetándome unha pulla dende o seu blog. Xusto para confirmar que digo de certo que son un inocentiño camiñante. Meteuma doblada. Piquei coma un chino. Espetouma. .. Todos eses xeitos de decir que me fixo tragar unha inocentada ben artellada son certos. Pero boeno, ainda quedarán máis 28 de decembros para devolvercha jajaja. Apertas chicharreras.

Fai pouco que dende a Blogaliza cheguei ao teu blog d’Agolada, e no post que salía falabas do teu primeiro ano como blogueiro, comentando precisamente que nos teus primeiros post che aninaran moito os comentarios recibidos. Alédame moito ter participado naquel ánimo e ver que agora eres todo un mestre da comunicación dentro do blogomillo. Unha aperta grande.

Eu entendo ben a defensa que LM fai da condición femenina. De feito eu únome a esa causa e quero ser o ponente máis vehemente, pertinaz e incluso recalcitrante nesa defensa das mulleres; pero , benquerida blogueira, a fermosa fotografía é dun neno!!!. Jajaja. Tamén hai “nenos” intelixentes que saben valorar as marabillosas cualidades das mulleres, ou non?. Beijos de neno para a nena.

Son eu eNmEiGaDa. O mismo que viste e desviste jajaja. Muller picardía daquela tiña pouca. Según miña nai nesa foto teño trece meses (xa sei, fun un bicho moi abultado sempre. Pesei 5 quilos e pico cando nacín); pero esa picardía –e a xulgar polos comentarios xa habidos- supoño que se foi desenrolando tamén co paso do tempo. Bicos con aire de vals.

Era un boliquiño de pan; á que si Lareira de Santiso?. De feito ainda sigo sendo así de boiño (non teño avoas). E se en algo peco con algunha maldade, hai que achacarllo á loita cotiá nesta xungla. Polo demáis compre sempre seguir mantendo o humor, sin o cal eu non sabería camiñar pola vida. Alédame moito que o percibas. Un biquiño santisiano.

Había unha canción, Druid, que falaba de que “sorpresas te da la vida” jajajaja. En todo caso non fagas moito caso que –como di tamén un ilusionista moi popular- todo isto non ten acontecido, so é froito da nosa imaxinación. Eso sí, fixeches ben corrixir o lapsus do bico (que me consideres do PP ainda pode ser un mal menor comparado co outro…ou non, vai ti saber!!!. Pero de momento case penso que tanto ti como eu, preferimos seguir nesta acera jajaja). Que sexan apertas, si.

Da gusto axudar a chegar a esas conclusións tan interesantes, Lúa. Ogallá o meu blog e as miñas entradas sirvan cada vez para que alguén se decate do interesante, intelixente e marabillosa que é. Eu de ti xa o sabía pola desbordante sensibilidade que amosas no teu blog; pero tamén é importante que o descubras ti. Jajajaja (léase con retranca). Bicos rioxanos.

Que ben atinado vas Paideleo¸ de seguro que levas toda a razón. E digo que levas razón no de achegar a inocentada á vida política en xeneral ou das reiteradas inocentadas que os políticos nos gastan aos cidadáns. No de que tiña aire femenino…psssss, xa ves que hai para gustos e colores. Eu daquela tampouco me sentía moi macho que se diga jajajaja, así que aire do norte!. Unha aperta

Xuizo sumarísimo o feito por O Raposo. Eu penso que no caso do político que ti dis case non paga a pena botalo ó caldeiro. Total….pouco mal pode facer xa; non che parece? Agora deixaremolo que caia él solo e ademáis estamos no Nadal e daquela so se poden ter sentimentos boiños e santiños. Despide ben o ano por Sober, por Vigo ou por onde che se tercie, compañeiro!

Non atino moi ben a comprender o asunto que fas das irlandesas, Milonga. E seguro que non floxeas de intelixencia, posto que no propio recoñecemento xa vai implícita a propia intelixencia. Un pracer que veñas pola Chousa, non deixes de facelo sempre que queiras. Xa ves que os meus valados son doadiños de saltar. Bicos

Aiii, Pitima como sigas tirando conclusións do meu post, imos acabar sendo os dous fundadores da Falange, caghonatós! Jajajaja. Claro que, ben pensado, algunha perversión aniña en todos (xaaaaa, nunha mais ca noutros), pero non por elo somos malos malísimos ou? (ti non tes pinta de selo i eu…xa me ves co dedo na boca jajajaja).
Fagamos en todo caso propósito de enmenda para o 2009 , por se as moscas.Sen pecado concebida!
E claro que saio ben na foto!!! Como non vou sair??? Se son un bodoquiño que ata a min mesmo me dan ganas de comerme!!!. Biquiños (agora sin lapsus) alevosos.

----
E quería eu desexarvos a todos que un terremoto de ledicias –co epicentro neste Centro Xeográfico- vos dea sacudidas de pracer para todo o novo ano impar que se achega. Que estas sacudidas so poidan ser medidas na escala da felicidade e que se cumplan unha boa parte dos vosos bos desexos (os malos ninghún!).
Esta noitevella en Antas, comerei algunha uva lembrándovos e brindarei por vos tamén.

~pi dixo...

bem vindo a passages!

aqui pra mim é... casa!
árvore terra
pedra fronteira, reconheço todos os cheiros e texturas das fotos aí ao lado como se as tivesse na mão! :)

(foi de certeza o arcanjo que mete o nariz em tudo que te trouxe!! :)

~

e esse identificar corpo e alma com uma terra é a coisa mais linda do mundo! :) - vi no teu perfil.
(e não, não é preciso dizer muito mais!



beijO

vermella dixo...

Tercer intento:
con tódala inocencia do mundo desexoche un feliz 2009 cheo de intelixencia e candidez.Eu tamén tomareí unha uva a súa saúde.
bicos.
(tercer intento porque sae acción duplicada;será o bico???)

Deambulando con Artabria dixo...

Espero que deixes de chuparte o dedo mentras que comes as uvas......Moi feliz ano Chousiña. Un bico.

Chousa da Alcandra dixo...

Benvida ti á Chousa ~pi, e graciñas por ser quén de adiviñar con tanta mestría a miña escrita.

Mil graciñas por tentalo ata tres veces Vermella. Lembra que hoxe tes que levar algo vermello no cambio de día...Biquiños impares

Quitareime o dedo da boca Artabria, para comerme as uvas e para desexarche moita ledicia para o 2009.

---

paideleo dixo...

Feliz 2009.

tertulias para perogrullos dixo...

Animaches si, a verdade é que sen no chega a ser por ti, Zanfonista e Fada, o blog ía no carallo hai tempo jajaja, e perdón pola expresión.
Unha aperta e feliz aninovo.

Paz Zeltia dixo...

púxenme a facer combinacións coas virtudes esas, ¡e aínda che da!

(pero mira que morcilliñas tan feitucas tiña o inocente-intelixente bebé excluido do pp)

Chousa da Alcandra dixo...

Paideleo Feliz sexas pois. Que teñades poucas noites de leria coa pitufiña e que o Leo se cele poquiño dela; que das duas cousas haberá un chisquiño jajaja

Tertulias para perogrullos Pois moito ánimo e continuar. Xa vexo que agora vas lanzado como un astronauta sideral. Alédame ben ter amigos famosos que un día tiveron un comenzo arrimados a unha canceliña de Agolada como un cadeliño...jajaja

Graciñas Zeltia por vir verme as morcilliñas (agora...xa non son morcillas, pero medroume unha salchicha no medio delas jajajaja).
En serio; graciñas por vir de paseo pola Chousa nestes días que tan poucas ganas tes de pasear. Un bico de ano nove!

Paz Zeltia dixo...

¿este ano vas continuar coa tradición do post dos inocentes,
con protagonista de alvidrón?

ou plantaste?

recórdoche que hoxe é 27,
terás preparadas xa as inocentadas que disque adoitas facer?
se o fixeches moito tempo, imaxino que xa non che colará ningunha!
:-)

eu só fixen un ano, vía telefónica, duas inocentadas,
e fíxeno tan ben que colaron,
e despois sentíame culpable, e antes de 10 minutos xa estaba desfacendo o lio...
e que ata para ser malo hai que valer!