domingo, 4 de agosto de 2019

Diagnose

Acudía Bonifacia, preocupada, á consulta do doutor,
coa esperanza de atopar remedio ao seu estupor.

Cóntalle ao galeno a causa da preocupación,
que o seu intestino é unha contínua explosión,

e nas últimas semanas por toda actividade
o seu corpo retumba en reiterada ventosidade.

"Peideo de noite e de día, tan reiterado e seguido
que cada dous minutos hai alomenos un estourido".

"Iso si  -matiza- a pesares de vir da fondura abismal,
o mellor de todo é que nin olen nin cheiran mal".

O médico atende con expresión de seriedade
e aos poucos, dille con moi nidia claridade:

"Bonifacia, isto que ten haino que atallar;
de maneira que canto antes cómpre operar"

Pregunta Bonifacia "do cu?", poñendo voz infeliz.
Ao que responde categórico o médico: "Non; do nariz!"


Foto: A Nugalla. Famoso canzorro na Igrexa de Alvidrón (Antas de Ulla)
Texto: Recreación chousiana dun conto popular.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

E agora cóntanos un chiste con rimas. É vostede un compendio de vírtudes, señor Chousa.

Alís dixo...


Rin tanto que non me extrañaría que me escoitaras dende ahí.

A falta de olfato pode ser unha bendición

Bicossss ben perfumadiños

Ginebra dixo...

Buen trabajo y todo un detalle mostrarnos el rico patrimonio de esas tierras norteñas de pasado celta, como bien dijiste en tu último comentario. Preciosa iglesia románica y gracioso cuento popular del que has hecho tu propia versión, con ese humor que te caracteriza:))).
Muchos besos y otros tantos bicos.

paideleo dixo...

Estache ben o conto !. Rin un chisco.