mércores, 16 de abril de 2008

Elevación

O novo goberno do estado español está constituido, por vez primeira na sua historia, por o mesmo número de mulleres que de homes. Fartámonos de recoñecer nestes días que pouco importa o sexo de quenes ostenten o poder, concordando todos en que o máis relevante vai ser a eficacia na sua xestión e o atino na execución.
Ilusionémonos coa mesura axeitada, sin botar as campás todas ao vento.
A neglixencia, canto máis elevada se poña, o único que vai lograr será unha exacerbación da sua propia evidencia. E, nin homes nin mulleres, estamos libres de ser doctores da ineficacia.

Foto: Máis cerca de Dios por mor dunha "paleadora"

37 comentarios:

Anónimo dixo...

canto máis se eleve o altísimo peor será a caída.

Anónimo dixo...

e certo o que dis, o importante e que nos gobernen PERSOAS capaces, con independencia do seu sexo.
vaia foto mais axeitada para o comentario. saludos

Anónimo dixo...

O feito de que se lle dea tanta presencia e faga tanto ruido, significa que ainda somos un país moi machista; pero vanse dando pasinhos.
Agora que o fagan ben, tanto os ministros como as ministras, que despois xa os evaluaremos

Carlos

BK dixo...

Non sei porque nos chama tanto a atención estes temas de homes e mulleres (creo que hai maioria de mulleres, hai unha ministra máis que ministros, ou non?), pero é bó que empezamos a alcanzar eses postos que tradicionalemente estaban ocupados por homes.

Ana dixo...

Home,e certo que é mellor pensar na eficácio e non en el sexo del ministro,mais o que han dicho nos varios programas da "Cope",non ten desperdício,son unha banda de fascistas e machistas!
Unha das presentadoras,non acordome do nombre,chamoulle
"mocosa sin estudios" a ministra de defensa....

Bicos

Suso Lista dixo...

O do cruceiro é a hostia. Polo das mulleres, tes razón no da eficacia sean homes ou mulleres. Recordade a muller de Perón, María Estela, que está reclamada polo da triple A. A mala persona non coñece de sexos.

Unknown dixo...

A ineficacia é unha das características máis redundantes e abundantes entre nós, xunto ca envexa, de facto creo que unha é consecuencia da outra e viceversa. :)

Tamén é certo que para exemplo de ciencia inexacta temos a Política, porque resulta que os números que manexa nas súas fórmulas son altamente inestables e mutables, porque son (somos) individuos que non actúan (actuamos) segundo un patrón establecido e porque, por desgraza (e por sorte), os políticos e os que nos gobernan xa non son "enviados de Deus na Terra", como cando os grandes imperios, como nas dictaduras, dirixentes intocables, invulnerables, sen fallos, sen capacidade de ser replicados polos seus súbditos.

Niso non entra o "xénero". Homes e mulleres somos mortais, e os mortais equivócanse.

Ata Sócrates se equivocou, se non fose tan obstinado...

E en canto ó "sexo" (sumado a "ambición") aínda pode ser unha boa ferramenta, despois de todo.

Paz Zeltia dixo...

O feito de que se fale tanto do tema xa e demostrativo de que ainda no é visto como algo natural.
E despois caise nos tópicos, coma sempre, porque as mulleres non son millores nin peores, hai personas que valen para algo ou non valen, que cometen erros, que son eficaces, etc. ó marxen de cromosomas x ou ys

Anónimo dixo...

La foto es expectacular.
Lo de las mujeres ministras es tema de actualidad precisamente debido a que no estamos acostumbrados todavía, como creo entender en tu post; por lo que estoy de acuerdo contigo.
Saludos de un gallego en Cantabria

HADEX dixo...

A foto, marabillosa.
En canto ás mulleres, está claro que o tema non está normalizado. Que llo digan ós da COPE.

busto.agolada dixo...

Algunha vez teño oído que para desmostrar a nosa incompetencia non cómpre máis ca que nos dean un cargo.
Respecto das ministras, xa as houbo no goberno anterior e coa excepción de Magdalena Álvarez, creo que as outras desemepeñaron a súa función co mesmo grao de competencia/incompetencia ca os seus compañeiros varóns.
A foto do cruceiro é expresiva tamén de certa incompetencia de quen non foi capaz de lle buscar unha boa ubicación ao cruceiro antes de aplanar o terreo.
Apertas.

Anónimo dixo...

Lo de la COPE clama al cielo, incluso + que ese cruceiro (que tb tiene lo suyo!)
País este...

Cuspedepita dixo...

A min paréceme moi ben que haxa moitas mulleres no goberno e confío en que serán eficaces coma ninguén :-)))
Anque sei que non debería ter outras expectativas sobre o seu traballo cas que teño co dos ministros varóns... Nin máis nin menos.
Non me gusta o tratamento que se lle está dando a través dos medios.

irene dixo...

Tienes razón, no importa el sexo, lo que importa es la eficacia, en este gobierno hay una mujer más, espero y deseo que todo mejore, pero no por esto, me daría igual que fueran todo hombres o todo mujeres.
Bicos.

pitima dixo...

Qué curioso o cruceiro..
Claro, cómo non estar dacordo co que dis. Ó dereito e ó revés: nin estar por ser, nin non estar por ser... velahí a cuestión ¿non é?

Bicos ministeriales (que tí sí que vales pa ministro... ou máis)

Mar e Lúa dixo...

Estou dacordo. O importante non é a paridade, senón a capacidade. Paréceme unha medida absurda e pensada para borregos. ¿Que máis dá cantos homes ou mulleres haxa se non son capaces de facer ben o seu traballo?

Unha aperta!

d´Agolada dixo...

O do machismo é un dos peores males deste país, menos mal que con medidas como esta se loita contra estas inxustizas. Por certo, téñoche que mandar a foto da reunión do outro día, que se me pasou. un abrazo.

d´Agolada dixo...

O do machismo é un dos peores males deste país, menos mal que con medidas como esta se loita contra estas inxustizas. Por certo, téñoche que mandar a foto da reunión do outro día, que se me pasou. un abrazo.

Anónimo dixo...

Vexo q tamen tocas temas de actualiade no medio da ecoloxia.

Anónimo dixo...

No te metas con mis chicas.

ZP

Druid dixo...

Creo que o que anda a contar cos dedos da man cantos homes e cantas mulleres ahi, se califica por si so.... xa que probablemente non chegue mais aló, en non entre a valorar as PERSOAS.... sen mais.
Apertas.

d´Agolada dixo...

Chousa, como é o teu mail que xa o quitaches, haber se che envío dunha vez a foto do outro día. Deíxamo como comentario no blog, e se me da tempo xa cha mando agora. unha aperta,

Elvira Carvalho dixo...

Sem tempo para mais, deixo um abraço, e uma chamada de atenção para o dia 24 de Abril.
Uma boa semana

Kim Basinguer dixo...

A eficacia depende do interés dos politicos.

Anónimo dixo...

Boeno, supoño que esta semana xa se irá calmando todo co asunto das ministras. A ver se con eso imos doctorándonos nesa normalidade que se precisa tamén para estas cousas.

Anónimo dixo...

Vaia pasada a do cruceiro.eso son xestions de politicos intelixentes.sean mulleres ou homes. gustariame ver como fan pra baixalo agora

Pau dixo...

Como sempre dixen, aquí o importante son as persoas e non si son muller ou home. A igualdade non se conseguira mentres sigamos diferenciando home e muller.

Anónimo dixo...

Sabendo do bon estratega que é ZP tamén poderíamos pensar nunha xogada populista para darlle na cara ao recalcitrante machismo da dereita.
Eu quero pensar que non había outras persoas máis preparadas para tales cargos. Calquer outra cousa tampouco sería xusta.
Apertas de adibal.

asbeirasdoarnego dixo...

eu estou con pau, a igualdade polo momento non creo que sexa posible e non por mal pero creo aínda hai moita xente que non aceptar as persoas polo que son, da igual home ou muller. Un Saúdo.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

vermella dixo...

A eficiencia so se demostra cando a unha danlle a oprtunidade de selo....un segredo a mín dame moito morbo ser ministra de Defensa!!!!
bicos.

chimeneaverde dixo...

Eso es, hay que dejar que la gente demuestre su valía mediante actuaciones, y así les coronaremos como doctos en eficacia o ineficacia.

una aperta

Lapis-vermello dixo...

Pois a min paréceme xenial de que haxa mulleres no goberno. Saúdos.

Fini Calviño dixo...

Tienes un premio en mi blog, pásate cuando quieras a recogerlo

d´Agolada dixo...

Perdón polo retraso coa foto pero non estou en Agolada e non me troixen a cámara, haber se o domingo.... Tes un novo premio no meu blog, pásate cando queiras pillalo. Unha aperta.

quenindiola dixo...

Viva, viva... Por fin ai xente que se decata disto! Cona, pensaba que estaba só no mundo.

susana moo dixo...

qué boa!!!

Paz Zeltia dixo...

e que foi dese cruceiro nos dous anos que lle pasaron por riba?