- Ave María Purísima
- Sen pecado concebida. Canto tempo hai que non te confesas, filla?
- Descantá que non veño señor cura.
- E como é iso?
- Ocúpame moito tempo ler o DOG e mailo BOE, as directivas da UE, as cotizacións do Ibex35 e mailas fluctuacións dólar/euro...
- Tes que vir escoitar a Palabra de Deus para salvar a túa alma.
- Pero a min gústanme as palabras dos homes. E ademais xa vexo Sálvame...
- Filla...ese non é o camiño. Debes reorientar a túa vida para que cando o Señor te chame poidas presentar o teu baúl ben cheo...
- Xa, señor cura; pero eu non formei parte da cúpula de Bankia e a miña tarxeta é, simplemente, azul.
- Ego te absolvo a peccatis tuis...
- Señor cura; falta a penitencia.
- Boh, por faltar tamén che faltan propósito de enmenda e centímetros na saia; pero estendémonos moito no post; así que de momento rézame xaculatorias, desenchufa a televisión e volve por aquí en vida, que xa terei operativo un TPV para tarxetas azuis.
Foto: Vidreira de Santo André de Teixido.