Chegou sen que me decatase. Non sei onde podía ter eu os ollos postos para non vela apearse do vehículo que a transportaba.
Cando mirei xa estaba tecendo puntos de cruz nunha caixiña de costura tan pequena como a agulla que empregaba.
Debíalle gustar o que tecía,
pois cada tres ou catro puntos que daba,
luminosa e abertamente sorría,
á vez que con graza unha perna abaneaba.
E marchei aparvado, sen saber que miniaturiña urdía; se veu en coche, motorizada, ou talvez gallopando polo empedrado, naquelas botas azuis montada.
Foto: Bicicleta rosa aparcada.