
Levo uns días estresado co carallo do encargo de facer esto do
meme. Esto é parecido a esas vodas ás que non tés interés en ir, pero se non te chaman semella que te esqueceron e amólate.
Cando recibín o primeiro convite non tiña claro se atinaría con 8 destinatarios ós que jorobar coa carallada esta. Pouco a pouco fun recibindo invitacións dos posibles candidatos, co cal íanse autoexcluindo como posibles víctimas do meu contraataque...
A cousa é que teño que superar a leria, así que hoxe fun ó "Antas vello" a fotografiar este seto que sempre me chamou a atención e que me viña como arandela ó parafuso.
E, claro, teño que engadir 8 cousas; de modo que me vou enganchar á M de buxiños que recortou o meu veciño e que me traen á miña mente lembranzas e sensibilidades especiais. Direinas de carreira con orde aleatorio: mamá, manteca, morriña, maquía, muller, mar, maxia e mestura.
Tal e como dixen na introducción, entre as invitacións recibidas e os que xa estades involucrados no tecido este, non me queda a quen reenviarlle a arañada; con todo xa me sinto aliviado de ter cumplido o encargo.