![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiTV-zdjvDYaHMb2jojUaYqaXMN_1j49Cji1HatnH1z1NcmcfHwxNZuFDVZZp0aTcnMwZXWPxpPae7QewjV-1hbCEtG8nOGlKgIshN7Z37o4hN6nEK0TDEzuahuekqrGfIb5T1Cd1CIEa4/s200/VermelloIntenso.jpg)
En ocasións sufrimos deslumbramentos frontais de tal magnitude, que nos deixan cos ollos lostregando por un anaco, sin que o nervio óptico sexa capaz de enviar sinais coherentes ó cerebro.
Unha morea de sempre renovadas e algunas veces case descoñecidas sensacións bolborotea por algures, resultando imposible precisar a ubicación.
Coa intensidade
in crescendo, inúndanos un entusiasmado afán de embelesamento, atracción e desexo de seguir mirando para os pétalos abertos e deslumbrantes.
Ainda sin esquecer que ten raices, pode ser sublime a contemplación da flor.
E mentras me asbstraio nese estado, case ascético-místico, da contemplación pregúntome; qué pensará a flor?
Foto: Flor de agosto en Antas de Ulla