sábado, 13 de outubro de 2007

Lingua galega

Veño de ler unha noticia en GZnacion que me fixo pasar da perplexidade ó asombro.
Citando como fonte a Mesa pola Normalización, disque dende o ano 1992 até hoxendía, a lingua galega pasou de ser a inicial do 60% dos galegos a tan solo o 20%. Absolutamente demoledor.
Quero supoñer que hai algún erro agochado nas enquisas, tanto na de 1992 como na recentemente feita. Din que a estadística seméllase aos bikinis, xa que son tanto máis interesantes polo que ocultan como polo que amosan... Con todo, non deixa de resultar un dato preocupante.
Tremendo toque de atención para as autoridades lingüísticas galegas, xa que semella que as cidades -que concentran a meirande parte da poboación- son as máis castelanparlantes, por máis concentración presupostaria que nelas se faga. Algo falla. En algo estamos a fallar todos se estas cifras se aproximan á realidade.

6 comentarios:

Pau dixo...

Realmente eu creo que a situación do galego e bastante preocupante.
Hai unha razón que creo que deberiase de empezar a ter en conta:
O acceso do BNG ao poder, fai que se fagan unhas politicas lingüisticas máis agresivas. Isto provoca que a ignorancia da xente e a malintencion de moitos politicos do PP e algúns do Psoe unidos aos movimientos de grupos antigalegos fanlle creer a moitos que se trata dunha imposicion, e tratan de poñer no mismo saco aos independentistas radicais vascos e o nacionalismo galego, o cal cunha regla de tres tipica dos tempos franquistas dalles a entender que falar galego=nacionalismo=ETA.
E esta idea esta empezando a calar en moitos sectores da poboacion

Chousa da Alcandra dixo...

Esa caida de 40 puntos porcentuais, por forza, ten que deberse a razóns moi variadas.
Ainda que pareza unha paradoxa, seguramente o teu razoamento é unha delas.
Dende logo sigue existindo -en determinadas capas demográficas de poboación- a idea do galego como "lingua inferior" que con tanto énfase cravaron no sentimento. Pero o asunto é que a tenor dos datos esa sensación parece que continua nas novas xeneracións.
Preocupante, si.

pitima dixo...

Eu síntome mais cómoda falando castelán. Gústame o galego, pero non consigo expresarme con suficiente fluidez. Para facelo mal, prefiro facelo millor, que non ben de todo, en castelán.
En tempos sí que se considerou una língua "inferior", pero creo que gañou bastante respecto, tanto, que a xente "normal" non se atreve a usalo porque pensa que o fai mal, e failles sentir inseguros (penso que iso pode ser), xa que deixou de ser a língua de andar pola casa.
A min aínda me chirría eso de "grazas". Non me sae, e cando sae a xente mírame raro.

pitima dixo...

Ben certo é que os nacionalistas teñen fama de radicais, e iso non é boa cousa para o carácter do galego medio que non gusta das estridencias. A maioria dos galegos son mais ben conservadores, de carácter pesimista que pensan que os cambios non poden traer nada bo. Así non é doado progresar, porque os galegos somos tamén teimudos...

Chousa da Alcandra dixo...

Lánzate, Pitima. Que o fas moi ben tamén en galego!!

A Conxurada dixo...

Non lle podemos botar a culpa toda ás políticas lingüísticas, deberíamos facer un pouco de aoutocrítica, e pensar, en que lingua educamos aos nosos fillos?

P.D: De todos os xeitos, as políticas lingüísticas están a ser máis ben un fracaso...habería que saber porqué.

Bicos