Está visto que os do vulgo non semellamos á realeza en nadiña. Mantémonos dende a abismal distancia cromática da hemoglobina ata as sinxelezas máis xenuinas da semántica.O diaño me libre de frivolizar cos feitos (xa hai abondo quen se encarga dese eido), pero neste tempo de humanización da realeza, permítaseme un apunte: agora resulta que, mentras os vulgares separámonos; eles cesan temporalmente na sua convivencia.
Hai que joderse!. Ata botando peidos han ser elegantes.
(Foto: A xeada fai estragos nas miñas roseiras)